blogue de_Orientación

Familias que wasapean en paz

 Iniciativa moi interesante (promovido por Delegación Territorial de Educación en Granada) que persegue mellorar a convivencia e a participación familiar nos centros,  recomendando un uso axeitado dos grupos de Whatsapp nos que participan as familias do  alumnado. Pinchade aquí para saber máis. 

30 de Xaneiro Día da Paz

Hoxe conmemórase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia.  No Vales, tod@s xunt@s, traballamos a Paz a través da arte, cantamos e bailamos: os maiores  quitamos as gafas para poder convivir en paz e os máis pequenos o fixemos a ritmo de Kumananá.

 

 

 

Para escoitar a canción "Quítate las gafas" de Melendi pinchade aquí. 

Para escoitar a canción de Kumananá pinchade aquí.

Aprendendo sobre a discapacidade visual

O pasado xoves día 26 de xaneiro, o Vales tivo a sorte de contar, por segundo ano para o alumnado de 4º EP, e grazas á colaboración da ONCE e o seu programa de sensibilización nas escolas, coa visita de Carmen e Marian. Ensináronnos como a pesar de ter unha discapacidade visual, grazas aos recursos materiais, técnicos e persoais, son capaces de facer calquera cousa que se propoñan. 

 

 
Para máis información sobre FUNDACIÓN ONCE, pinchade aquí.

A Comunidade Educativa seguimos a aprender!

Comezamos con moitas gañas de aprender este trimestre, así que esta semana pasada tivemos no centro dúas charlas para profesorado e familias encamiñadas á mellora da Convivencia no noso centro.

O martes día 10 tivemos o pracer de escoitar a Carmen Loureiro, docente de profresión, aínda que xa está xubilada, experta en convivencia e educación emocional. Levámonos moitas cousas na nosa maleta, unha delas:

a importancia de aprender a percibir, sentir, pensar e facer en comunidade, a través do diálogo.

    

 

O xoves día 12 contamos coa presenza de Fernando Villar, Guardia Civil responsable do desenvolvemento do Plan Director para a Convivencia e a Mellora da Seguridade nos centros educativos e contorna. Escoitamos a primeira das tres charlas que vai ofrecer, que versou sobre o Acoso Escolar.

  

 

Desde o DO agradecer a súa colaboración e a asistencia de mestres e familias.

Esperamos poder disfrutar da súa presenza en vindeiras ocasións e compartir con eles un café... de cores.

 

Ano novo... cociña nova!

Este ano 2017 o Vales estrea cociña nova!. Bueno, en realidade é a mesma pero está tan ben pintadiña que parece outra. As mestras e mestre de PT e AL, con axuda de Marcos, Jaime, Aarón, Hugo, Iván, José Antonio, Pablo, Guille,  Lola, Isaac e Yaiza puxéronlle cor para poder disfrutar e aprender mellor, sempre CON CORES!!!! Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e traballo. Quedou chulísima!, Non si?.

    

Feliz 2017!

Desde o Departamento de Orientación do Vales queremos desexarvos a tod@s un Feliz Ano Novo!. Que o 2017 sexa un ano cheiño de bos desexos, aprendizaxes, saúde, alegria e soños acadados.

Aprendendo Xuntos

O pasado martes día 13 visitáronnos os rapaces e rapazas do CEE Nuestra Señora de Lourdes, na compaña dos seus mestres Raquel e Felo, e ensináronnos as súas grandes capacidades: Emocionámonos en 3 dimensións!!

Grazas por querer aprender con nós. Esperámosvos pronto no Vales de novo!.

 

APRENDENDO XUNTOS. 3 DE DECEMBRO on PhotoPeach

Nos seguintes enlaces podedes ver o magnífico traballo realizado polo CEE Nuestra Señora de Lourdes a través do blog "Lo Especial de mi Aula" e "Nuestra fábrica 3 D en el aula"

Día das Persoas con Discapacidade

Estas son algunhas das instantáneas dos traballos e xogos realizados polos alumnos/as de Educación Primaria e Educación Infantil para a conmemoración do 3 de Decembro, Día Internacional das Persoas con Discapacidades. Os traballos de investigación, murais e contos atópanse polos corredores e entradas principais do centro. No patio de EP e diferentes estancias do edificio de EI realizáronse xogos encamiñados á sensibilización de tod@s. 

 

3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O 3 de Decembro conmemórase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Desde hai xa varios anos o noso centro está inmerso nun proxecto de sensibilización e formación sobre a atención á diversidade e, entorno a esta conmemoración, véñense a organizar diferentes actividades co alumnado: a través de libros, videos, exposicións e xogos traballaremos o concepto; colaborarán con nós asociacións como ASPRONAGA e a ONCE; e investigaremos sobre  personalidades de diferentes países moi CAPACES.

Pinchade nas imaxes para acceder aos diferentes recursos:

Presentación inicial

 

 

Para ver o conto en formato PowerPoint pinchade aquí

Para acceder a máis recursos podedes visitar o Blog de Leo e Mariña. Pinchade aquí.

 

 

 

Grazas a unha montaña de amigos...

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo

Distribuir contido