blogue de_Orientación

26 de marzo: Día da concienciación mundial sobre a epilepsia

A epilepsia é un trastorno derivado do funcionamento anormal dun grupo de neuronas que se produce de xeito esporádico nunha zona concreta do cerebro. Maniféstase en forma de crises recurrentes que poden ser convulsivas ou non, como no caso das "ausencias epilépticas".

 

Para saber máis sobre como actuar ante unha crise pinchar aquí.

21 de marzo. Día Mundial do Síndrome de Down

AUTÉNTICOS

 

 

DOWN ESPAÑA

Dificultades específicas de aprendizaxe

O pasado día 7 de marzo tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de Paula Outón, especialista en dislexia. Ensinounos como detectar nas nosas aulas a alumnado con posible trastorno específico na linguaxe escrita e facilitounos pautas para traballar con eles. 

    

Porque unha escola diferente é necesaria

Coñecendo o Síndrome de Asperger

O pasado día 6 de febreiro, os alumnos e alumnas de 5º EP e o profesorado do centro, tivemos a sorte de compartir con Iria, Bea e Marta unha sesión de sensibilización e formación que nos achegou ao Síndrome de Asperger. Aprendimos moitas cousas sobre as persoas con dito Síndrome e como poder entendelas e axudalas.  Pero sobre todo aprendimos que aínda que todos somos diferentes, no fondo non o somos tanto xa que soen ser as mesmas cousa as que nos fan ser felices, estar nerviosos, tristes ou enfadados. 

Grazas á Asociación ASPERGA pola súa colaboración!

 

30 de xaneiro: DÍA DA PAZ

Este é o lapis máxico do  Departamento de Orientación. Cambiemos a nosa escola! Cambiemos o noso mundo!

 

 

"ONE CHILD, ONE TEACHER, ONE BOOK & ONE PEN CAN CHANGE THE WORLD" MALALA YOUSAKZAI

COMPARTINDO APRENDIZAXES

O pasado venres día 26, o CEIP San Marcos de Abegondo, convidaron ao noso centro a compartir con eles unha xornada aprendendo sobre as estrelas e o espacio. Ademáis compartiron con nós as súas aprendizaxes sobre a robótica e a programación con scratch. Moitas grazas pola experiencia!. Lástima que só puideran asistir dúas clases pero seguro que noutra ocasión podemos volver a compartir experiencias e aprendizaxes.

 

APRENDER A COMPARTIR, APRENDENDO COMPARTINDO, COMPARTIR PARA APRENDER

GRAZAS!

MEDIEVALES CAPACES

Estes son os autores e autoras das fermosas creacións sobre os traballos entorno ao conto "O Reino dos Mil Chanzos". Moitas grazasa a todos e a todas!

 

Coñecendo ás persoas xordas.

Grazas á colaboración da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) contamos no noso centro, o pasado día 24, cunha interesantísima charla para alumnado de 4º EP. Aprendimos un montón de cousas sobre como é o seu día a día e os recursos e axudas que precisan para desenvolverse. 

Pinchade aquí para acceder ao documento

 

 

Navega con Rumbo

Pinchade na imaxe para acceder a información. 

Distribuir contido