blogue de_Orientación

Obradoiros INGADA

Para as familias que poidan estar interesada, a Fundación INGADA fainos chegar información  sobre os obradoiros que vai levar a cabo neste trimestre. Moi interesantes!

   

"Ambas actividades son gratuitas, previa inscripción en el correo  ingadainfo@gmail.com, y se celebrarán en la sede de la Fundación INGADA, C/ Federico García, 2 (Edificio Sarquiavitae)."

Achéganse os Reis...

Desde o Departamento de Orientación deixamos unhas recomendacións para as súas Maxestades os Reis Magos.

  

Feliz Aninovo!

Cos nosos mellores desexos para o 2018.

MEDIEVALES CAPACES

Grazas a todo o alumnado por participar no concurso de debuxo "MEDIEVALES CAPACES".  Noraboa pola vosa creatividade, sensibilidade e esforzo por facer un mundo mellor. 

Foron moitos os debuxos e difícil a elección, así que neste vídeo podedes atopar só unha pequena mostra. Á volta do Nadal poderedes disfrutar de todos os debuxos. 

 

 

 

O VALES EN NEGRO

 

 

 

 

O noso centro únese á campaña de sensibilización contra a violencia cara as mulleres incluída dentro do Plan de Igualdade do Concello de Betanzos. O Vales tornarase negro, novembro rematará en  negro. 

Se queremos vivir nunha sociedade de cores, sen desigualdades, temos que empezar por educar nas familias e na escola na igualdade entre homes e mulleres, eliminando os pequenos micromachismos que nos rodean,  condeando abertamente as condutas machistas e todo tipo de violencia cara as mulleres e tendendo unha man a todas as vítimas. Xuntos podemos!

Para saber máis sobrea campaña pinchade aquí.

Pinchade no documento adxunto para acceder a unha presentación para traballar nas titorías

 

A nosa biblioteca recolle no seu blogue moitos recursos para traballar nas titorías. Pinchade aquí para acceder

No arquivo adxunto podedes descargar o tríptico coas recomendacións de contos para traballar a coeducación en Educación Infantil e Primaria,  realizado con motivo das VI Xornadas de Sensibilización e Formación sobre a atención á diversidade.

S.O.S

Sinto comunicar que non fun quen de atopar unha explicación ao misterio acontecido o pasado día 22. Seguimos sen saber que sentido teñen os obxetos atopados na caixa soterrada no areeiro do patio.  De quen son?,  De que época? Que sentido teñen?. Fago un chamamento a toda a Comunidade Educativa para nos axudar a investigar e resolver este gran misterio. Precisamos a vosa axuda e colaboración!. Aquí deixo unhas imaxes do contido da misteriosa caixa. Se alguén atopa algunha pista, por favor, poñédevos en contacto co centro o antes posible, as portas do noso centro están abertas sempre. 

 

 

     

 

            

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

5 de outubro, Día Europeo da Dislexia

Con motivo da conmemoración do Día Europeo da Dislexia, e a proposta de AGADIX (Asociación Galega de Dislexia), compartimos coa Comunidade Educativa, para facer visible esta dificultade especíca de aprendizaxe, un mapa explicativo.

A dislexia é unha condición permanente, de orixe neurobiolóxico e un forte carácter hereditario. Afecta de xeito persistente á exactitude, fluidez e comprensión lectora, ortografía, comunicación e expresión escrita e ao cálculo matemático.

É a dificultadee de aprendizaxe máis común, que afecta a un 10% da poboación, pero difícil de diagnosticar, non existindo protocolos de deteción e intervención e sen contar con axudas nin becas por parte da administración.

Fagamos visible a dislexia! 

ATREVÍMONOS!

Hoxe, 4  de outubro, conmemórase o Día Mundial da Parálise Cerebral, e grazas a ASPACE Coruña  achegámonos a persoas con parálise cerebral para coñecelas. 

O alumnado de 5º EP do noso centro participou das actividades organizadas con motivo de dita conmemoración englobadas dentro das numerosas actividades programadas en torno ao 40 aniversario da asociación.

Comezamos a semana cunha interesantísima charla sobre o que é a Parálise Cerebral e cómo son as persoas con dita discapacidade. Xogamos e disfrutamos con eles e preparamos os nosos desexos de futuro, que hoxe compartimos con toda a comunidade no acto organizado  na praza Irmáns García Naveira, mentres escoitábamos o manifesto lído por Eliseo e Jorge e colaborábamos en pintar unha fermosa balconada agasallada ao Concello pola asociación. 

href="http://www.aspacecoruna.org/dia_mundial_paralisis_cerebral_yomeatrevo.html">Pinchade na imaxe para ver a noticia

Grazas a Jorge, Yago, Chon. Eulogio ... e a todas as persoas de ASPACE Coruña por contar connosco neste fermoso día. Desde o Vales desexamos que os vosos soños se fagan realidade e estamos convencidos de que TOD@S XUNT@S poderemos alcanzalos.

 

Distribuir contido