Comezamos o PFPP

O pasado martes iniciouse o Proxecto de Formación para profesorado que terá unha duración de dous anos. Comezamos cun curso que constará de catro sesións teórico-prácticas sobre a Atención á Diversidade e a Biblioteca. Nesta primeira sesión tivemos o pracer de escoitar a Patricia Pena Barbeito, que nos falou sobre as respostas educativas ordinarias para a atención á diversidade.