LIBROS NA MALETA

E así, case sen que nos deramos conta, entre tantas actividades e emocións, chegamos a fin de curso.

Non queremos que votedes en falta as vosas lecturas favoritas e, por iso, igual que preparamos a roupa que queremos levar cando marchamos de vacacións, o equipo da biblioteca preparouvos unha MALETA CHEA DE LIBROS para que escollades cales preferides colocar entre os imprescindibles para levar.

BO VERÁN E MELLORES LECTUAS!

INFORMACIÓN IMPORTANTE FIN DE CURSO

Información final curso – NJesus Ikastetxea

Para ver a información prema na imaxe.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2022-2023

Matricula curso 2017-18

O prazo para formalizar a matrícula para o alumnado que se incorpora no curso 2022-2023 ao colexio será do 20 ao 30 de xuño.

É necesario solicitar cita no número 881880237 ou no correo electrónico ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal

 

1. Información sobre a matrícula.

2. Anexo III (Solicitude de Matrícula).

3. Documento de lingua materna (só para 4º de infantil).

 

Se non se entregou ao facer a solicitude:

4. Autorización de matrícula.

5. Solicitude de Transporte Escolar..

6. Solicitude de Transporte Escolar Excepcional.

 

Documentos de interese para o alumnado de 4º de infantil:

7. A entrada na escola.

8. Empeza o cole!

 

 

BANCO DE LIBROS DA ANPA O CARREGAL DO IES FRANCISCO AGUIAR

Banco de Libros - Banco de Libros - Educaragon

Información para as familias  do alumnado de 6º de Primaria que van a seguir os seus estudos no IES Francisco Aguiar o próximo curso.

Para ver a información sobre o Banco de Libros da ANPA O Carregal do IES Francisco Aguiar, prema na imaxe.

CONCERTOS NO VALES

Estas semanas tivemos a sorte de poder gozar con varios concertos para a rapazada de infantil e de primaria. Por unha banda, o Concello organizou un concerto co músico Pablo Díaz, onde nenos e nenas de infantil, 1º e 2º de Primaria cantaron e bailaron ao son das súas cancións. Pola outra, nenos e nenas do Conservatorio Municipal do Concello interpretaron, xunto cos seus profes, algunhas cancións para o público de 2º de Primaria.

LETRAS GALEGAS 2022

Para conmemorar o Día das Letras Galegas e ao escritor homenaxeado este ano, no cole, ademais de distintas actividades nas aulas para coñecer a figura de Florencio Delgado Gurriarán, tivemos a sorte de poder disfrutar cun pequeno festival.

Nenas e nenos, tanto de infantil coma de Primaria, xunto cos profes, gozaron dos bailes dos grupos do Entroido de Samede e dos Mariñeiros de Betanzos. Para rematar o Festival, todos xuntos bailamos Terra, das Tanxugueiras. Pasámolo xenial!!

PREMEDE NA IMAXE!!

BAILE TERRA INFANTIL

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Las ayudas para libros de texto y material escolar de Sanse podrán  solicitarse hasta el 16 de diciembre

 

O prazo para presentar as solicitudes será do 19 de maio ao 22 de xuño.

As consultas atenderanse por teléfono (881880237) ou por correo electrónico (ceip.vales.villamarin@edu.xunta.gal).

Para realizar o trámite presencialmente será necesario solicitar cita no mesmo teléfono (881880237).

Para ver o resumo de toda a información, prema AQUÍ.

Para consultar a Orde do DOG, prema AQUÍ.

Se quere descargar o modelo de solicitude, prema AQUÍ.

Becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

Becas FP, Bachillerato y otros estudios no universitarios para el curso  2002-23 | CIFP LAS INDIAS

Tipo de axuda:

Educación Infantil: Discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, Trastorno do espectro autista.

Educación Primaria: Discapacidade, Trastorno grave de conduta ou da comunicación e da linguaxe, Trastorno do espectro autista, Altas Capacidades.

Prazo:

Desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Pode ver a información completa:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/primaria-secundaria/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

ALMORZOS CON XEITO

Alumnado de 2º E. Primaria, dentro do Plan Proxecta, co Programa "Aliméntate ben" celebraron o Día da Boa Alimentación cun almorzo saudable con produtos naturais: leite, pan, froita fresca...

PREMEDE NA IMAXE!

COÑECE O TEU CASCO

O Concello de Betanzos presentou, hai uns días, este xogo para dar a coñecer o patrimonio histórico e cultural betanceiro entre os máis pequenos! Rapazada de 3º e 5º de Primaria xogaron con Elena, persoal de Turismo do Concello, pasárono xenial!!!

Distribuir contido