Antes, agora , despois

Este trimestre empezaremos por traballlar a percepción espacio-temporal coa unidade didáctica "Antes, agora , despois"Dita U.D.
trata contidos esenciais para o neno xa que para desenvolver calquera
capacidade se parte do coñecemento do propio corpo.

A área de E.F.
debe favorecer, na medida do posible, a adquisición das capacidades
perceptivo motoras no neno/a, por iso cando nos referimos a estas
capacidades falamos por un lado do coñecemento e análise de sensacións e
informacións relativas ao propio corpo, e por outro, ao coñecemento e
análise das informacións procedentes do mundo exterior, referidas ao
mundo dos obxectos e dos demais. Así a percepción e estruturación
espacial, temporal e espazo-temporal son aspectos relativos á percepción
do ámbito, mentres que os aspectos relativos á percepción do propio
corpo veñen determinadas pola interiorización do esquema corporal, a
lateralidade, a relaxación, a actitude e a respiración.

Cabe
sinalar a importancia que ten a adquisición dunha boa estruturación
espazo-temporal, a cal vén determinada por unha serie de razóns como
son:

1- A boa adaptación no momento de aprender a ler e escribir depende en boa medida disto.
2- As perturbacións desta función pode orixinar problemas de conduta escolar.
3- Na vida cotiá son moitos os momentos nos que se pon de manifesto a
importancia desta función como na condución dun vehículo, percepción
dun obstáculo imprevisto, percepción dun obxecto en movemento... etc.
4- A cabal estruturación espazo-temporal é un bo medio para educar a intelixencia.