CAMPIONATOS FINAL DE CURSO
Enviado por paula o Ven, 21/06/2019 - 11:45Despois de todo o curso e dunha dura competición en brilé, baloncesto e fútbol, o mércores tivo lugar a final das ligas destes tres deportes.
Parabéns a todos e todas as participantes, animádevos para o próximo curso!!!
XOGOS NAS PISTAS
Enviado por paula o Ven, 21/06/2019 - 11:40O alumnado de 1º e 2º de Primaria participou estes días dunhas xornadas de xogos nas pistas cubertas do concello, da man dos profes de EF: David, Jose e Suso.
Pasámolo xenial!!
XOGOS NAS PISTAS on PhotoPeach
XORNADA CONVIVENCIA INFANTIL E PRIMARIA
Enviado por paula o Dom, 16/06/2019 - 02:48Os nenos e nenas das Escolas Unitarias de Paderne e Coirós xunto co alumnado de Infantil e os compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria do noso cole, celebraron unha xornada de convivencia e xogos para os pequenos que o vindeiro curso estarán no cole "dos maiores".
XORNADA CONVIVENCIA INFANTIL E PRIMARIA on PhotoPeach
OBRADOIRO DE PANDEIRETA
Enviado por paula o Dom, 09/06/2019 - 06:35O venres tivo lugar a clausura do obradoiro de pandeireta levado a cabo nos recreos dos luns, dende novembro ata abril.
Moitas grazas a todos e todas por participar, vémonos o vindeiro curso!!
OS CANEIROS
Enviado por paula o Sáb, 01/06/2019 - 03:42Ao longo desta semana, nenos e nenas de 6º de E. Primaria visitaron Os Caneiros. Logo dun paseo na lancha Diana Cazadora polo río Mandeo, onde puideron contemplar a fauna e a flora existente, chegaron ao campo dos Caneiros onde pasaron un bó rato de xogos e diversión.
OS CANEIROS on PhotoPeach
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
