CAMPIONATO PROVINCIAL DE CROS ESCOLAR

O pasado 12 de abril, 20 atletas do Vales acudiron á final do Campionato Provincial de Cros Escolar, que tivo lugar en Porto do Son. Clasificáronse no cros comarcal en Monfero do pasado novembro.
Viviron unha xornada deportiva cun nivel altísimo, na que a nosa compañeira Ivana trouxo para casa a medalla de ouro de Campioa Provincial na súa categoría.
Parabéns a todos e a todas, especialmente á nosa campioa!

CLICADE NA IMAXE!

CONTOS MUSICADOS EN INFANTIL

O alumnado de 1º de BAC do IES Fco Aguiar, coa profesora de música Alba, interpretaron uns Contos Musicados con monicreques para todo infantil. Botádelle unha ollada ao vídeo!

AS CHAVES DE LU

Da man de Raquel Queizás o alumnado de 4º de E. Primaria aprendeu sobre a vida e a obra de Luisa Villalta. Neste espectáculo os nenos e nenas coñeceron a unha muller valente, feminista, comprometida coa lingua...

 

CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA

A rapazada de 5º de E. Primaria asistiu a un concerto didáctico organizado polo departamento de Pedagoxía do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Botádelle unha ollada ao vídeo, premendo na imaxe!

EXHIBICIÓN GARDA CIVIL

O alumnado de Infantil, de 2º, 5º e 6º de Primaria asistiu, en Abegondo, a unha exhibición do traballo que leva a cabo a Garda Civil nas súas distintas especialidades. Botádelle unha ollada ao vídeo premendo a imaxe!

EN CONCERTO COA BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA

A rapazada de 1º, 2º, 3º e 6º de Educación Primaria acudiu ao Ágora na Coruña para participar nun concerto coa Banda Municipal. Os nenos e nenas colaboraron activamente no espectáculo. Clicade nos TÍTULOS para poder acceder ás distintas actuacións!

SUITE DE

CANCIÓNS

INFANTÍS

EN UN MERCADO

PERSA

VAIANA


TITANIC

UN CONTO

ESPECIAL

PARABÉNS AO SERVIZO DE COMEDOR DO CEIP FRANCISCO VALES VILLAMARÍN

Despois de pasar unha nova auditoría , o Servizo de Comedor Escolar do CEIP Francisco Vales Villamarín obtivo unha puntuación de 98,53 sobre 100, o que o sitúa, unha vez máis, na parte máis alta da clasificación en comedores escolares, superando a xa magnífica puntuación da vez anterior.

 

PARABÉNS!!!!

CONCURSO DE CARTEIS LETRAS GALEGAS

 

Para ver as bases do Concurso de Carteis das Letras Galegas do Concello de Betanzos, PREMA NA IMAXE.

Distribuir contido