Día non lectivo

20/05/2024 19:45

calendario Lembrámosvos que, o luns 20 de maio, é un dos días escollidos polo centro como día non lectivo, polo tanto non haberá clase.

Recomendacións lectoras Letras Galegas

Na Semana das Letras, dende biblioteca recomendámosche... (fai clic na imaxe)

LETRAS GALEGAS

Na semana das Letras Galegas organizamos un montón de actividades, enfocadas sobre todo a promover o uso da nosa lingua e dar a coñecer a figura de LUISA VILLALTA, a autora homenaxeada deste ano. Dende o concurso de chapas ao das Letras, actividades on line, a visita do alfareiro, teatro... e para rematar, o acto da Romaría das Letras coa entrega de premios ou o baile do Pesiño de Leilía. 

 

  

 

   

 

MERCADILLO DE LIBROS SOLIDARIO

Durante os martes do mes de maio o Equipo de Biblioteca organiza o Mercado de Libros Solidario Contamos cun bo número de exemplares para quen queira levalos para a casa a cambio de deixar algún alimento que será doado para Servizos Sociais do Concello e finalmente para as familias que o necesiten. Agradecemos a súa colaboración.

SEMANA DO TEATRO

Na semana da Letras Galegas organizamos a SEMANA DO TEATRO. Queremos amosar á Comunidade Educativa o noso traballo que levamos preparando ao longo dos recreos de todo o curso. Moito talento observamos por aquí e de seguro que contamos entre nós con algún actor ou actriz do futuro. 

Ao longo da semana pola mañá representación das obras do Club de Teatro para mestres e alumnado do colexio: "A Ratiña Presumida", "Mago de Oz", "Zongalo Quirico" e "Unha Clase imposible"; e na tarde de hoxe, martes, segunda obra para as familias, nesta ocasión o alumnado de 4º de Primaria que representou "Zongalo Quirico". 

Parabéns para o alumnado e o profesorado implicado!

  

  

Deportes Olímpicos: Ciclismo

A rapazada de 4º de Primaria estivo a investigar o ciclismo, un dos cinco deportes que estivo presente en todas as edicións dos Xogos Olímpicos modernos. E aquí temos a súa reportaxe:

Aquí está o MAIO FERMOSO E FLORIDO!

E se comezamos o mes de maio coa colocación dun ramilliño de xesta nas nosas portas, chegou agora, que o tempo nolo permitiu, o momento da elaboración de dous MAIOS, un por etapa, Infantil e Primaria. Comezamos colocando as ramas verdes e rematamos coas flores. Quedaron moi chulos!

  

Trasladámolos a pista de deportes e bailamos arredor deles cantando as nosas coplas. Foi moi divertido!

  

 

Miami, see you soon!

O mércores 8 de maio puxemos punto e final ao proxecto "Dos Orillas". Conectámonos por videochamada cos nosos socios americanos do colexio Royal Palm Elementary en Miami para despedirnos, pois eles rematan xa o curso e van disfrutar dun merecido descanso. Pero non pensedes que teñen máis vacacións ca nós, pois en agosto tócalles comezar de novo!

 

Despois duns videos de despedida e agradecemento, preparamos uns bailes tradicionais e unha pequena merenda. Nós fixemos unha coreografía country coa música de Cotton Eye Joe e probamos os típicos sandwiches de manteiga de cacahuete e marmelada. Pola súa banda, en Miami bailaron a Macarena e degustaron tortilla. 

 

A valoración do proxecto por parte de alumnado e profesorado foi moi positiva. Acadáronse todos os obxectivos propostos xa que aprendemos un montón de cousas sobre a cultura, a xeografía, a historia, as tradicións e, sobre todo, as linguas do outro lado do Atlántico. Pero o máis importante é que fixemos amigos/as a máis de 6.500 Qm de distancia. Así que, quen sabe? Igual o punto e final se converte nun punto e... seguido!

Deportes Olímpicos: Artes Marciais

As artes marciais son deporte olímpico dende Sydney 2000, aínda que algunhas como o taekwondo xa tiveran presencia como deporte de exhibición en Seúl 1988 e Barcelona 1992. Os nenos e nenas de 3º de Primaria fálanvos neste video destas prácticas e tradicións centenarias.

TEATRO PARA AS FAMILIAS!

O noso Club de Teatro do colexio quere amosar ás familias o seu traballo. E para iso puxéronse en acción, distribuíron o tempo e... que mellor que os martes pola tarde, que é cando hai titorías, para representar as obras para as familias que o desexen! Pois logo 3 martes do mes de maio: día 7, Club de Teatro de 5º nivel; día 14, Club de Teatro de 4º nivel e día 21, Club de teatro de 3º nivel. 

E se é solidario mellor que mellor! Así que postos en contacto con Servizos Sociais do Concello, farase ao mesmo tempo, recollida de alimentos para as persoas necesitadas do Oroso.

 COMEZAMOOOOS! Primeira obra do Club de Teatro de 5º: "Unha clase imposible"