Skip to Content

BO NADAL E FELIZ ANO!

Novamente estamos ante as portas das vacacións de Nadal. É incrible o rápido que pasa o tempo!

Coma sempre, queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas e que o vindeiro ano veña cargado de boas novas e de esperanza cas postais ganadoras deste ano.

Vémonos de novo o 8 de xaneiro. BO NADAL!!  

CIRCULAR INICIO DE CURSO. PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL. CALENDARIO ESCOLAR

Dámosvos a benvida a un novo curso!

Este ano houbo certas novidades, como a ampliación do Salón-Biblioteca e de unha das aulas de Ed. Infantil. Tamén se realizaron obras na antiga vivenda do conserxe, que pasa a ser agora unha dependencia máis do centro. Empezamos con moita ilusión e con desdobres en todos os cursos de primaria, agás en 3º. De momento, adiantámosvos a circular de princio de curso, con información importante que debedes ter en conta.

Comunicarvos tamén que na reunión ca titora de 4º de educación infantil que tivo lugar o xoves, día 7 de setembro entregouse o periodo de adaptación correspondente a dito curso.

Por último, pregamos que teñades en conta o CALENDARIO ESCOLAR que rexerá este curso que empeza.

Un saúdo moi cordial!

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

Xa está dispoñible a listaxe de libros adxudicados. As persoas beneficiarias de 6 libros (ou de 5 en 5º curso) tan só teñen que mercar o caderno de actividades de inglés. Os ditos libros serán entregados a partir do 1 de setembro nas titorías correspondentes. 

A partir de mañá o colexio permanecerá pechado por obras, así que os vales non retirados entregaranse en setembro.

 Listaxe de admitidos DEFINITIVA 

Listaxe de excluidos DEFINITIVA 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS (ACTUALIZADA 3 XULLO)

Xa están dispoñibles para consulta as listaxes de solicitudes admitidas e excluidas de libros de texto e material escolar. Tede en conta que ditas axudas foron adxudicadas ou non en función da renta, segundo o programa informático da Consellería.

A entrega dos vales realizarase os días 3 e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas, persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI. Os vales non retirados entregaranse a partir do 1 de setembro.

Solicitudes admitidas e excluidas AXUDAS libros de texto

Solicitudes admitidas e excluidas MATERIAL escolar

FONDOLIBROS: Xa está dispoñible a adxudicación provisional dos libros da aplicación. O número de libros que se adxudica terá esta orde: 1: Matemáticas, 2: Lingua Galega, 3: Lingua Castelá, 4: Ciencias Sociais, 5: Ciencias da Natureza e 6: Lingua Inglesa. O resto dos libros deberán ser adquiridos.

Listaxe de admitidos.

 Listaxe de excluídos.

CIRCULAR INFORMATIVA FINAL DE CURSO. LIBROS DE TEXTO 2017-18

Ainda que xa foi entregada a todo o alumnado en papel, a través de este medio tamén podedes consultar a CIRCULAR DE FIN DE CURSO, onde se indica información importante, que vos pregamos teñades en conta.

Adxuntamos tamén a lista de libros de texto para o curso que vén.

Coma sempre, quedamos á vosa disposición para resolver calquera dúbida, ben sexa presencialmente no horario de atención ao público, ou se o preferides por teléfono ou correo electrónico.

Que pasedes un feliz verán!!

REUNIÓN ALUMNADO NOVO INGRESO 4º ED. INFANTIL (3 ANOS)

O día 29 de xuño, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de educación infantil (3 anos), que empezan por primeira vez.

Nesta reunión explicaremos o funcionamento do colexio nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar.

Agardámosvos!

FOMOS A MADRID AO ENCONTRO GEN10S

Como colofón ás actividades realizadas en colaboración con Ayuda en Acción, no marco do proxecto GEN10S,  acudimos a Madrid para a presentación final dos traballos realizados.

Por certo, nós somos os tres da esquerda...

E saímos no periódico!

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

 A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso escolar. O prazo para presentar solicitudes (en horario de atención ao público) rematará o 23 de xuño.

Circular informativa resumida.

Información completa na páxina da Consellería.

Descargar instancia de solicitude.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017-2018: LISTAXE DEFINITIVA

Finalizado o prazo de reclamacións, esta é a listaxe definitiva de alumnado admitidoDita listaxe atópase exposta tamén nos taboleiros de anuncios do centro.

Contra esta resolución pódese presentar reclamación no prazo de UN MES diante da Xefatura Territorial a partir desta data. 

As persoas solicitantes deberán formalizar a matrícula na secretaría do centro do 20 ao 30 de xuño. No caso de non facelo, perderán o dereito á praza obtida.

Como documentación complementaria terán que traer a tarxeta sanitaria, o libro de vacinas e 4 fotos de carné.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2017-2018: LISTAXE PROVISIONAL

A continuación dase publicidade á relación provisional de alumnado admitido neste centro para o vindeiro curso: 

Admitidos 4º de Educación Infantil

Admitidos 5º de Educación Infantil

Admitidos 1º de Educación Primaria

Contra esta publicación ábrese un prazo de posibles reclamacións de CINCO días hábiles, a contar a partires do 19 de abril, inclusive, a presentar na secretaría deste centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut