LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS
Xa está dispoñible a listaxe de libros adxudicados. As persoas beneficiarias de 6 libros (ou de 5 en 5º curso) tan só teñen que mercar o caderno de actividades de inglés. Os ditos libros serán entregados a partir do 1 de setembro nas titorías correspondentes.
A partir de mañá o colexio permanecerá pechado por obras, así que os vales non retirados entregaranse en setembro.