Skip to Content

AXUDAS AO ESTUDO E COMEDOR DO CONCELLO DE ARTEIXO PARA O 2019-20

O Concello de Arteixo convocou para o vindeiro curso 2019-2020 dúas liñas de axudas: unha para libros e material didáctico orientada ao alumnado de Educación Infantil, e outra para comedor, orientada a todo o alumnado que cumpra os requisitos da convocatoria.

O prazo remata o 22 de maio de 2019. As consultas ou dúbidas podedes resolvelas chamando ao 981 647 294.

 

Tedes a información resumida neste díptico ou na páxina web do Concello

Concello de Arteixo

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2019-2020: LISTAXE PROVISIONAL

ACTUALIZACIÓN DO 12 DE ABRIL:

Desde a inspección educativa comunícannos que se procederá ao desdobre solicitado en 1º de Ed. Primaria, polo que o alumnado que solicitou praza para dito curso pasa a estar admitido provisionalmente. A continuación publícase a listaxe:

ADMITIDOS:

1º de Ed. Primaria

-------------------------------------------------------------------------------------------------

9 de abril de 2019:

A continuación dase publicidade á relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso: 

ADMITIDOS: 

4º e 5º de Educación Infantil e 2º Educación Primaria 

NON ADMITIDOS:

1º de Educación Primaria

(Este alumnado queda pendente da decisión da Comisión de Escolarización, que resolverá antes do 20 de xuño)

Contra esta relación ábrese un prazo para posibles reclamacións de CINCO días hábiles, a contar a partires do 9 de abril, inclusive, a presentar na secretaría deste centro.

ENTROIDO 2019

Este ano tivemos máis sorte que o pasado e non choveu, así que poidemos facer o desfile pola rúa principal de Meicende.

O tema foi O BOSQUE, así que botámoslle imaxinación e houbo disfraces de árbores, trasnos, fadas, lobos, e todo tipo de cousas relacionadas.

Ao final, coma sempre, tomamos as larpeiradas que trouxeron as familias co chocolate, que andivo algo escaso e non chegou para tanta xente que acudiu ao convite.

Tomamos nota e prometémosvos que o ano que vén haberá de sobra!!

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2019-2020

Do día 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente sen ter que vir ao colexio, accedendo á aplicación admisionalumnado  ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en conta as seguintes instruccións:

Xefatura Territorial de Educación

Vacantes e información resumida

- Criterios de valoración a efectos de baremo

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS LUNS 11 DE MARZO

Lembrade que para as familias interesadas en coñecer as instalacións do colexio, haberá unha visita guiada ás 6 da tarde.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Para todas aquelas familias interesadas, comunicamos que o 

 

día 11 de marzo terá lugar a Xornada de Portas Abertas, en 

 

horario de 18:00 en adiante.

 

Neste díptico atoparedes un resumo dos datos do centro.

 

Agardámosvos!

 

 

DIA DA PAZ 2019

Coma todos os anos, este tamén celebramos o DÍA DA PAZ. Desta vez tivemos que facelo no pavillón por causa do mal tempo, pero aínda así quedou moi chulo. Preparamos unhas frases para dicirlle ao mundo e ao final formamos a palabra PAZ. Despois cantamos a nosa canción, da que estamos moi orgullosos: o Rap pola Paz.

Un día temos que gravala!! 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2018: RESULTADOS DAS VOTACIÓNS

Onte celebráronse as votacións para a renovación do consello escolar nos tres sectores que correspondía. As persoas elexidas foron as seguintes:

SECTOR PROFESORADO:

Dna. Cira Sánchez Rivas

D. José Antonio Rey Rubal

SECTOR NAIS E PAIS:

Dna. Lucía González Gago

Dna. Dolores Rodríguez Cid

Dna. Estefanía Fariña Romero

Dna. Raquel Rabuñal Erias

(Acta do escrutinio)

SECTOR PERSOAL ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

Dna. Ana María Díaz Cachaldora

O noso agradecemento ás persoas participantes.

ELECCIÓNS A CONSELLOS ESCOLARES: SECTOR DE NAIS E PAIS

Finalizado o prazo de presentación, presentáronse un total de sete candidatas para optar á renovación das catro vacantes producidas. Podedes ver o documento aquí.

O día 26 de novembro, de 16:15 a 19:15 da tarde, terán lugar as eleccións, nas que como sabedes pode votar o pai ou a nai (ou titor/a legal) indistintamente, previa presentación do DNI ou similar.

 Poderá marcarse na papeleta un máximo de tres nomes

Animámosvos a acudir e depositar o voso voto pola opción elexida!

MAGOSTO-SAMAÍN 2018

O pasado martes 30 de outubro celebramos o magosto e o Samaín! Pasámolo de medo!

RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

ACTUALIZACIÓN 6 DE NOVEMBRO:

Por acordo da xunta electoral, hoxe vailles ser entregada a todo o alumnado unha circular ca convocatoria, calendario e instrucións a seguir para poder participar nestas eleccións.

Para poder ser elixido/a haberá que presentar perante a xunta electoral (na secretaría do centro) a candidutara mediante a papeleta oficial, debidamente cuberta, antes do 16 de novembro.

 ----- ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR -----

Hoxe foilles repartida ao alumnado para informar nas súas casas unha circular co anuncio de sorteo público, a celebrar ás 12:00 horas o vindeiro mércores, na sala de profesorado do centro.

Deste sorteo sairán as persoas que constituirán a xunta electoral, encargada de guiar o proceso de renovación dos consellos escolares.

Adiantamos que polo sector dos pais, nais e titores legais haberá catro prazas vacantes, a renovar no vindeiro mes de novembro.

Proximamente seguiremos informando neste mesmo espazo dos diferentes prazos e das convocatorias de cada sector para a presentación, no seu caso, de candidatura.

  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut