Skip to Content

NOVIDADES DESTE CURSO: NOVAS NOFC, CIRCULAR E CALENDARIO ESCOLAR

Estimadas familias:

Este curso entran en vigor, despois de ser aprobadas no Claustro e no Consello Escolar, as novas Normas de Organización, Funcionamento e Convivencia deste centro (NOFC), unha vez adaptadas ás novas disposicións legais vixentes. Este documento é un dos máis importantes do colexio, como sabedes, e substitúe ao antigo Regulamento de Réxime Interno. Podedes acceder a elas nesta ligazón.

Por outra banda, aínda que foi enviada no seu momento en papel, por se non o recibistes, ou queredes consultala de novo, adxuntámosvos a circular de princio de curso, con información importante que debedes ter en conta.

Por último, polo mesmo motivo, acompañamos tamén para que o teñades en conta o CALENDARIO ESCOLAR que rexerá este curso que empeza.

Un saúdo moi cordia de todo o profesoradol!

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO DE NOVO INGRESO (3 ANOS)

O vindeiro LUNS, 10 DE SETEMBRO, ÁS 12 DA MAÑÁ, terá lugar unha reunión na aula de educación infantil de 3 anos cas familias (prégase que acudan só adultos)  para informar sobre o periodo de adaptación e outros temas.

Ese día poden traer o material do curso, debidamente identificado cos nomes postos pola parte de fóra da bolsa.

NOTA SOBRE FONDOLIBROS

AVISO IMPORTANTE:

A partir de mañá o centro permanecerá pechado por obras de acondicionamento nas aulas e no patio de Educación Infantil.

En canto á listaxe definitiva de Fondolibros, no caso de figurar na relación e non corresponderlle libros (por non haber existencias no colexio), convén agardar a setembro e falar ca titora ou titor do curso correspondente antes de compralos, por se houbera algunha modificación (donativo, renuncia, etc.) de última hora.

O "libro de adquisición complementaria" que se menciona nalgún dos casos é o libro de inglés de lectura. Dito libro será proporcionado polo centro. 

Coma sempre, o libro de actividades de inglés deberá ser adquirido polas familias, xa que non está cuberto por estas axudas.

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS

Xa están dispoñibles para consulta as listaxes de solicitudes  para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros,  adxudicados ou non en función da renda.. Os vales non retirados entregaranse a partir do 1 de setembro, persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI.

Solicitudes admitidas e excluidas AXUDAS libros de texto

Solicitudes admitidas e excluidas MATERIAL escolar

Listaxe provisional de admitidos fondolibros

Listaxe provisional de excluídos fondolibros

Listaxe definitiva fondolibros

 

REUNIÓN ALUMNADO NOVO INGRESO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

O día 28 de xuño, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de educación infantil (3 anos), que empezan por primeira vez.

Nesta reunión explicaremos o funcionamento do colexio nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar.

Agardámosvos!

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

A Consellería de Cultura e Educación convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o vindeiro curso escolar. As solicitudes presentaranse preferiblemente por internet nos seguintes espacios web:

Fondolibros

Chave365

Opcionalmente, (en horario de atención ao público) tamén se poden presentar na Secretaría do centro, acompañando fotocopia do libro de familia e outra, se a houber (discapacidade, etc.)

O prazo rematará o 22 de xuño.

INFORMACIÓN COMPLETA E INSTANCIA

CIRCULAR INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2018-2019: LISTAXE DEFINITIVA

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, dase publicidade á relación definitiva de alumnado admitido, que estará exposta nos taboleiros do centro:

RELACIÓN DE ALUMNADO ADMITIDO

RELACIÓN DE ALUMNADO NON ADMITIDO

Tal e como figura na normativa vixente, o prazo de FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño. De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.

As solicitudes recibidas fóra de prazo ou rexeitadas foron remitidas á Comisión de Escolarización para a súa valoración e adxudicación de praza que corresponda.

III ENCONTRO DE EXPERIENCIAS ARTEIXOINNOVACIÓN

Os días 8, 9 e 10 de maio terán lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo os III Encontros de Experiencias de ArteixoInnovación,  onde os Colexios e escolas da nosa localidade daremos a coñecer o traballo realizado ao longo do curso no marco do Proxecto Arteixo Innovación-Educación. 

Agardamos con moita ilusión estas Xornadas nas que, por certo, o noso centro fará a súa exposición ao público o primeiro día, ás catro e media da tarde...

 

Que nervos!!

Aquí está o tríptico dos Encontros

 

FESTIVO LOCAL

30/04/2018 00:00
Atlantic/Bermuda

O 30 de abril foi solicitado como non lectivo á Consellería de Educación polo Consello Escolar do centro, polo tanto non haberá clase.

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2018-2019: LISTAXE PROVISIONAL

A continuación dase publicidade á relación provisional de alumnado admitido e non admitido neste centro para o vindeiro curso: 

4º de Educación Infantil

5º de Educación Infantil

6º de Educación Infantil

1º de Educación Primaria

Contra esta publicación ábrese un prazo para posibles reclamacións de CINCO días hábiles, a contar a partires do 20 de abril, inclusive, a presentar na secretaría deste centro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut