Skip to Content

AXUDAS AO ESTUDO E COMEDOR DO CONCELLO DE ARTEIXO

O Concello de Arteixo convoca para o vindeiro curso 2018-2019 dúas liñas de axudas: unha para libros e material didáctico orientada ao alumnado de Educación Infantil, e outra para comedor, orientada a todo o alumnado que cumpra os requisitos da convocatoria.

O prazo remata o 16 de maio de 2018. As consultas ou dúbidas podedes resolvelas chamando ao 981 647 294. 

Tedes a información completa na páxina web do Concello

Concello de Arteixo

SEMANA DA AUGA

O día 22 de marzo celébrase en todo o mundo o DIA da AUGA. Aproveitando a coincidencia que ese (a AUGA) foi o eixo dos proxectos da Biblioteca Escolar, TIC e Voz Natura, desde a Biblioteca organizamos unhas actividades para todo o centro, buscando, de paso, promover as as capacidades STEM do noso alumnado.

Así que durante toda esta semana cada curso realizará e expoñerá distintos experimentos científicos, e ao remate dos mesmos publicaremos unha reportaxe.

Haberá que vela!

(ACTUALIZACIÓN): Xa están dispoñibles as imaxes. Velaquí as tedes:

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2018-2019

Do día 1 ao 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente sen ter que vir ao colexio, accedendo á aplicación admisionalumnado  ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en conta as seguintes instruccións:

 - Dirección Xeral de Centros

 Xefatura Territorial de Educación

- Vacantes e información resumida

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 Nesta outra ligazón a Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS LUNS 5 DE MARZO

Para as familias interesadas en coñecer as instalacións do colexio, haberá unha visita guiada ás 6 da tarde.

Díptico Informativo

ENTROIDO 2018

Volveu o Entroido e esta vez tocou o tema da AUGA.

E resulta que veu de convidada á festa e pola súa culpa non poidemos saír polas rúas de Meicende facer o desfile (non parou de chover). 

Pois a nós dounos o mesmo: fixémolo no pavillón!!

DIA DA PAZ 2018

 Este ano como conmemoración do Dia da Paz tróuxonos unha lavadora moi orixinal. As prendas que se metían nela con palabras de incomprensión, odio ou similares saían en poucos minutos limpas e transformadas en palabras de amor, paz, concordia e respecto!! 

RESERVA DE PRAZA NO IES PASTORIZA

Ata o 15 de febreiro estará aberto o prazo para o alumnado de 6º que queira continuar estudos de ESO no noso centro adscrito, que é o IES PASTORIZA. Para iso haberá que cubrir o impreso de RESERVA DE PRAZA  e entregalo na Secretaría deste colexio.

Tamén se pode facer directamente na web da Consellería mediante esta ligazón.

No caso de elixires outro centro, tedes de prazo ata o fin do mes de febreiro para comunicar por escrito a renuncia.

O resto do alumnado de infantil e primaria xa ten reservada a praza, de oficio, no centro polo dereito de Permanencia.

 

BO NADAL E FELIZ ANO!

Novamente estamos ante as portas das vacacións de Nadal. É incrible o rápido que pasa o tempo!

Coma sempre, queremos desexarvos que pasedes unhas felices festas e que o vindeiro ano veña cargado de boas novas e de esperanza cas postais ganadoras deste ano.

Vémonos de novo o 8 de xaneiro. BO NADAL!!  

CIRCULAR INICIO DE CURSO. PERIODO DE ADAPTACIÓN PARA ALUMNADO DE 4º DE ED. INFANTIL. CALENDARIO ESCOLAR

Dámosvos a benvida a un novo curso!

Este ano houbo certas novidades, como a ampliación do Salón-Biblioteca e de unha das aulas de Ed. Infantil. Tamén se realizaron obras na antiga vivenda do conserxe, que pasa a ser agora unha dependencia máis do centro. Empezamos con moita ilusión e con desdobres en todos os cursos de primaria, agás en 3º. De momento, adiantámosvos a circular de princio de curso, con información importante que debedes ter en conta.

Comunicarvos tamén que na reunión ca titora de 4º de educación infantil que tivo lugar o xoves, día 7 de setembro entregouse o periodo de adaptación correspondente a dito curso.

Por último, pregamos que teñades en conta o CALENDARIO ESCOLAR que rexerá este curso que empeza.

Un saúdo moi cordial!

LISTAXE DEFINITIVA FONDOLIBROS

Xa está dispoñible a listaxe de libros adxudicados. As persoas beneficiarias de 6 libros (ou de 5 en 5º curso) tan só teñen que mercar o caderno de actividades de inglés. Os ditos libros serán entregados a partir do 1 de setembro nas titorías correspondentes. 

A partir de mañá o colexio permanecerá pechado por obras, así que os vales non retirados entregaranse en setembro.

 Listaxe de admitidos DEFINITIVA 

Listaxe de excluidos DEFINITIVA 

AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS (ACTUALIZADA 3 XULLO)

Xa están dispoñibles para consulta as listaxes de solicitudes admitidas e excluidas de libros de texto e material escolar. Tede en conta que ditas axudas foron adxudicadas ou non en función da renta, segundo o programa informático da Consellería.

A entrega dos vales realizarase os días 3 e 4 de xullo, en horario de 10 a 13 horas, persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI. Os vales non retirados entregaranse a partir do 1 de setembro.

Solicitudes admitidas e excluidas AXUDAS libros de texto

Solicitudes admitidas e excluidas MATERIAL escolar

FONDOLIBROS: Xa está dispoñible a adxudicación provisional dos libros da aplicación. O número de libros que se adxudica terá esta orde: 1: Matemáticas, 2: Lingua Galega, 3: Lingua Castelá, 4: Ciencias Sociais, 5: Ciencias da Natureza e 6: Lingua Inglesa. O resto dos libros deberán ser adquiridos.

Listaxe de admitidos.

 Listaxe de excluídos.

Distribuir contido


by Dr. Radut