Skip to Content

DIA DA PAZ 2017

O día da Paz fixemos un "mannequin challenge"...

O importante é a intención!

OUTRO PROXECTO MÁIS: GEN10S

Seguimos ca estupenda e fenomenal colaboración con Axuda en Acción. Desta volta ca participación no proxecto GEN10S, no que o alumnado de 5º e 6º de primaria terá a oportunidade de introducirse no fabuloso mundo da programación e da robótica. Este ano non imos dar feito!

COMEZAMOS CON SMARTICK, UNHA FERRAMENTA MATEMÁTICA

Continuando cos proxectos que estamos a levar a cabo co patrocinio de Axuda en Acción, hoxe comezamos nas aulas de 4º, 5º e 6º de primaria a usar a aplicación SMARTICK, ca que este alumnado realizará exercicios de matemáticas, por un periodo curto que non excede os 15 minutos diarios.

Os creadores de SMARTICK prometen que o rendemento en dita materia mellora notoriamente ao cabo do tempo.

Estamos dispostos a comprobalo!

MERENDAS SAUDABLES... SEGUIMOS!

Seguimos adiante con esta estupenda idea de tentar que os nosos nenos e nenas vaian apreciando un dos maiores regalos da natureza: a froita!

Despois das mandarinas da semana pasada, esta semana toucoulle as mazás... veremos a ver o que duran!

MERENDAS SAUDABLES

Hoxe comezamos no noso cole cas merendas saudables. Como sabedes este é un dos proxectos nos que colaboramos ca ANPA e que está financiado por Axuda En Acción.

A partir de agora todos os martes, no horario de recreo, ofreceráselle froita fresca (mazá, mandarina, plátano...) ou un lácteo (iogur ou similar) a todo o alumnado. Agardamos que teña moito éxito, pola saúde dos nosos nenos e nenas!

FELICES FESTAS

Que rápido pasa o tempo! Xa están aquí as vacacións de Nadal outra vez... Estas son as postais gañadoras do concurso que fixemos este ano. Eran todas moi chulas... Agardamos que vos gusten!

Lembrámosvos que as aulas dan comenzo de novo o luns 9 de xaneiro. Felices Festas!!!

 

MAGOSTO 2016

 

 Un curso máis todo o colexio participou na celebración do samaín-magosto o venres 28 de outubro. Os rapaces trouxeron cabazas decoradas e comemos castañas! Grazas a todos  pola vosa colaboración!

CIRCULAR INFORMATIVA DE PRINCIPIO DE CURSO

Ainda que xa foi enviada en papel a través do alumnado, poñemos nesta páxina a circular de principio de curso que vos proporcionará información importante.

Tamén podedes consultar o calendario escolar do noso colexio, que vos proporcionará información sobre as avaliacións, titorías e festivos locais.

Aproveitamos para desexarvos un feliz inicio deste novo curso 2016-2017.

FONDOLIBROS: LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Estas son as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de libros de texto. 

O alumnado que figura na listaxe pero que non ten libros adxudicados deberá agardar a setembro, xa que ten dereito a eles pero non hai suficientes no fondo do colexio. O Centro mercará o número que corresponda en función da renda comprobada (per cápita): 6 libros se está por debaixo de 5400 € ou 4 libros se a renda está entre dita cantidade e 9000 €.

LISTAXE DE ADMITIDOS

LISTAXE DE EXCLUÍDOS

NOTA IMPORTANTE VALES, AXUDAS LIBROS E FONDOLIBROS

A entrega dos vales dispoñibles realizarase os días 6 e 7 de xullo, en horario de 10 a 13 horas. Debido á sobrecarga na aplicación informática que os xenera, o resto dos vales serán entregados (de ser o caso) a partir do 1 de setembro.

A listaxe de libros adxudicados en préstamo pola aplicación FONDOLIBROS será publicada en canto estea dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut