Skip to Content

Admisión alumnado para o curso 2016-2017: PRAZO PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN

Por haber máis solicitudes presentadas que postos escolares ofertados, procederemos a comprobar o baremo de ditas solicitudes.

O prazo para a presentación da documentación complementaria finaliza o 12 de abril.

 

Admisión alumnado para o curso 2016-2017

Desde o día 1 ao 29 de marzo estará aberto o prazo de matrícula para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados. Nesta primeira fase presentarase a solicitude (Anexo II) acompañada polo DNI do alumnado ou copia do libro de familia.

Comunicamos tamén que a xornada de portas abertas terá lugar o 7 de marzo, ás 6 da tarde, no Salón-Biblioteca do centro.

Debaixo destas liñas está toda a información dispoñible:

Información resumida 

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG).

Anexo II. Formularios de admisión e matrícula.

Anuncio do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates.

Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

Instrucións da Xefatura Territorial.

FELICES FESTAS!

Estas foron as postais elexidas de cada curso para a nosa felicitación de Nadal deste ano. Esperamos que vos gusten!

Que pasedes unhas felices festas e un feliz ano 2016!

 

Calendario 2016

Todos levaredes na carpeta o noso calendario 2016. Como xa sabedes como vai o do código QR vós o tendes moi doado. Xa sabedes dende o móbil ou tablet podedes escanear os códigos e a adiviñar cal é o voso mes. Todos os meses teñen un xogo tradicional interpretado por un aula do colexio. Así que a adiviñar onde estades...

SAMAÍN 2015

Un ano máis celebramos no cole a festa do Samaín, con exposición de cabazas e magosto incluído.

Nesta ocasión, a causa do mal tempo, non puidemos celebralo ao aire libre, e houbo que facelo no pavillón. Ainda así, pasámolo moi ben.

Velaquí a reportaxe fotográfica!

 

 

AXUDAS PARA MATERIAL DE PRIMARIA

ACTUALIZACIÓN DO 23 DE SETEMBRO

Xa están dispoñibles todos os vales de axuda presentados validados por Facenda. Para a súa retirada hai que asinar un recibín ou autorizar a unha persoa adulta por escrito. O prazo remata o día 30 de setembro.

-------------------------------------------------------------------------

Convocadas axudas para a adquisición de material escolar para alumnado de primaria.

REQUISITOS:

a) Ser pai, nai, titor ou titora do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial nun centro sostido con fondos públicos durante o curso escolar 2015/16.

b) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.

Tedes toda a información neste enderezo.

Debido á carga de traballo extraordinaria nestes días e por estar de baixa o secretario, atenderémosvos para este particular en horario de 9:00 a 10:00 horas e de 13:00 a 14:00 horas.

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO (3 ANOS)

O vindeiro MARTES 8 DE SETEMBRO, ÁS 12 DA MAÑÁ terá lugar unha reunión na aula de educación infantil (3 anos) cas familias deste alumnado para informar sobre o periodo de adaptación e outros temas.

LISTAXE DEFINITIVA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO PARA 3º E 5º DE ED. PRIMARIA

Todo o alumnado de 3º e 5º de primaria recibirá en préstamo os libros no mes de setembro. Unicamente deberán adquirir o caderno de actividades seguinte, segundo o caso:

3º Ed. Primaria

INGLÉS

EXPLORERS 3, ACTIVITY BOOK

NINA LAUDER, OXFORD, 2011

978-0-19-450893-3

ING.

5º Ed. Primaria

INGLÉS

PROJECT 2 WORBOOK

TOM HUTCHINSON ED. OXFORD 4ª EDIC. 2013

978 0 19 4765114

ING.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

No taboleiro de anuncios do centro está publicada a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso.

En 1º, 2º, 4º e 6º cursos haberá axudas (vale) igual que en cursos precedentes.

Estamos pendentes do cambio de libros solicitado á Xefatura Territorial en 3º e 5º curso, xa que entra en vigor o fondo solidario. DE MOMENTO NON MERCAR NINGÚN LIBRO DESTES CURSOS.

LISTA DE LIBROS

CIRCULAR INFORMATIVA

 

REUNIÓN FAMILIAS ALUMNADO 6º ED. INFANTIL (NOVO INGRESO)

O día 29 de xuño, ás doce e media da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 6º de educación infantil (3 anos).

Nesta reunión explicaremos o funcionamento do colexio nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se plantexen.

Agardamos a vosa participación!

Distribuir contido


by Dr. Radut