Skip to Content

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

A Consellería acaba de publicar as Ordes que regularán tanto as axudas  como a creación dun fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso:

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO 2015-2016

Publicada a Orde do 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º, 2º, 4º e 6º de educación primaria, 1º e 3º de educación secundaria obrigatoria ou educación especial. DESCARGAR SOLICITUDE

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Publicada a Orde do 21 de maio de 2015 pola que se regula o fondo solidario de libros de texto destinado ao alumnado matriculado en 3º e 5º de educación primaria e en 2º e 4º de educación secundaria obrigatoria. DESCARGAR SOLICITUDE

 

Tedes toda a información na web da Consellería, onde se especifican os requisitos, lugar e prazo de presentación, etc.

Próximamente enviaremos unha circular con máis información.

PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES

Onte celebrouse no centro unha actividade que estaba prevista para o día do libro e non se puido realizar por mor do tempo.

Foi emocionante ver aos nenos e nenas maiores lendo contos a todos os pequenos.

Aquí podedes ver o resultado:

 

SOLICITUDES DE MATRICULA: LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS

Rematado o prazo de alegacións á listaxe provisional, comunícase que está publicada no taboleiro de anuncios do centro a relación definitiva de alumnado admitido.

Tal e como figura na normativa vixente, o prazo de FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA será do 20 ao 30 de xuño. De non levar a cabo dito trámite, decaerá o dereito á praza obtida.

As solicitudes recibidas fóra de prazo ou rexeitadas serán remitidas á Comisión de Escolarización para a súa valoración e adxudicación de praza que corresponda.

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS 2015-2016

Comunícase que xa están publicadas no taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para o vindeiro curso.

Segundo a normativa reguladora de admisión, ábrese un prazo de reclamacións de cinco días contra esta resolución.

PRAZO DE MATRÍCULA 2015-2016

Desde o luns 2 de marzo, as familias interesadas terán a súa disposición, na conserxaría do Colexio, un sobre coa solicitude a cumprimentar e toda a información relacionada co proceso de admisión de alumnado para o curso 2015-2016.

O prazo para a presentación das solicitudes abrangue do 2 ao 23 de marzo.

Tedes máis información nas seguintes ligazóns:

CIRCULAR INFORMATIVA
SOLICITUDE (anexo II)
 

PÁXINA DA CONSELLERÍA

  Instrucións de admision 2015-16 DX de Centros

  Modificación resolución instrucións de admisión 2015-16 DX de Centros

  Instrucións da Xefatura Territorial (escolarizacion 2015-16)

O vindeiro luns, 9 de marzo, en horario de 6 a 7 da tarde, celebraremos unha Xornada de Portas Abertas para aquelas familias que desexen coñecer as instalacións do centro.

O ENTROIDO

Hoxe todos fixemos o "INDIO" no colexio.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

PATRICIA BIBLIOTECA de Slidely by Slidely Slideshow

DÍA DA PAZ

O pasado día 30 celebramos o Día da Paz.

Velaquí tedes unha reportaxe do evento!

 

 

 

FESTIVAL DE NADAL 2014

Xa están dispoñibles as actuacións do Nadal no blog da Biblioteca!!!

A verdade é que temos verdadeiros artistas no noso colexio...

Podedes velas picando en Leroucho, a nosa mascota.

Que disfrutedes do espectáculo!!!

LEROUCHO

 

BIBLIOLEROUCHO

Felicitación de Nadal

 

Desde toda a comunidade educativa, desexámosvos que pasedes un moi Bo Nadal.

 

FELICES FESTAS!!

25º aniversario

O pasado 25 de outubro celebramos o 25º aniversario do noso centro. Esta foi a foto de familia. A que estamos guapos?

Distribuir contido


by Dr. Radut