Skip to Content

AVISO DE DÍA NON LECTIVO

Lembrámosvos que segundo o calendario escolar deste curso, que vos foi entregado a principios de curso, o día 20 de maio non será lectivo, por acordo unánime do Consello Escolar, posteriormente autorizado pola Consellería de Educación.

AVISO DE DÍA NON LECTIVO

Lembrámosvos que segundo o calendario escolar deste curso, repartido a principios de curso, o día 2 de novembro non é lectivo. Vémonos o luns!

SAMAÍN - MAGOSTO - CABAZAS

 

Mañá martes, 30 de outubro, celebraremos o Samaín - Magosto e a exposición de Cabazas do centro.

 Tivemos que adiantalo un día xa que o ano pasado tivemos tan mala sorte cas castañas que desta vez queremos asegurarnos de que non nos pase o mesmo. Para iso imos traer un castañeiro profesional, e non podía noutra data. Seguro que paga a pena!

 Coma sempre, se queredes vir, estades convidados ao Magosto e por suposto a ver a exposición das cabazas.

 Agardámosvos, coma todos os anos!

 

REUNIÓN ALUMNADO NOVO INGRESO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

 

O día 28 de xuño, ás doce da mañá, terá lugar unha reunión informativa para as familias do alumnado de 4º de educación infantil (3 anos), que empezan por primeira vez.

Nesta reunión explicaremos o funcionamento do colexio nesta etapa e trataremos de resolver e dar resposta ás dúbidas e preguntas que se poidan plantexar.

Agardámosvos!

SAMAÍN CABAZAS E MAGOSTO 2017

O pasado 31 de outubro celebramos no cole o Samaín. Coma sempre, quixemos festexalo cun magosto. Este ano non tivemos moita sorte cas castañas por mor da seca. Unha pena!

O mellor de todo: a fenomenal exposición de cabazas e o ben que o pasamos! 

 

VOLVEMOS CAS MERENDAS SAUDABLES!

Froito (nunca mellor dito) da colaboración ca ANPA do centro, e  financiado por Axuda En Acción, a partir de hoxe voltamos ofrecer ao noso alumnado unha alternativa (ou complemento) ás merendas que normalmente traen da casa. 

Como o curso pasado, todos os martes terán ou ben froita ou ben un producto lácteo para complementar a súa dieta.

Animade aos vosos fillos e fillas!

Frutas Frutas del fraile

Telexornal Medieval II

Aquí vos vai a segunda parte do Telexornal Medieval. Con esto xa rematamos este curso o noso Proxecto da Idade Media.

Telexornal Medieval

Ola a todos/as:

Mañá celébrase en Galicia o día das Letras Galegas. Como sempre dende o cole facemos actividades para fomentar o uso do galego entre o noso alumnado. Cremos que a mellor maneira de acercar a lingua galega aos nenos e nenas é usalo dunha maneira divertida. Como este ano estamos a traballar sobre a Idade Media, que mellor maneira que facer una telexornal Medieval. Aquí o tedes (estade atentos xa que nas vindeiras semanas haberá outro máis):

Celebración día do libro 2017

Como o ano pasado,  como unha das actividades encadradas no día do libro, levamos a cabo a celebración dos "Padriños e Madriñas lectores".

Unha vez máis, o alumnado dos cursos 4º, 5º e 6º estivo léndolle libros e contos ao resto do colexio...

É abraiante o caladiños que están todos e o ben que se portan!

 

DONATIVO DE LIBROS DA ANPA A GAIVOTA

Como colofón á campaña desenvolvida pola ANPA "A Gaivota", hoxe levouse a cabo o donativo á Biblioteca do centro. Hai libros chulísimos!

Como curiosidade, un deles veu asinado por Andone, o xogador do Deportivo da Coruña. A ver se cunde o exemplo!

 

REUNIÓN ALUMNADO DE NOVO INGRESO (3 ANOS)

O vindeiro XOVES, 8 DE SETEMBRO, ÁS 12 DA MAÑÁ, terá lugar unha reunión na aula de educación infantil de 3 anos cas familias (prégase que acudan só adultos)  para informar sobre o periodo de adaptación e outros temas.

Ese día poden traer o material do curso, debidamente identificado cos nomes postos pola parte de fóra da bolsa.

Distribuir contido


by Dr. Radut