Skip to Content

MAGOSTO 2016

 

 Un curso máis todo o colexio participou na celebración do samaín-magosto o venres 28 de outubro. Os rapaces trouxeron cabazas decoradas e comemos castañas! Grazas a todos  pola vosa colaboración!

CIRCULAR INFORMATIVA DE PRINCIPIO DE CURSO

Ainda que xa foi enviada en papel a través do alumnado, poñemos nesta páxina a circular de principio de curso que vos proporcionará información importante.

Tamén podedes consultar o calendario escolar do noso colexio, que vos proporcionará información sobre as avaliacións, titorías e festivos locais.

Aproveitamos para desexarvos un feliz inicio deste novo curso 2016-2017.

FONDOLIBROS: LISTAXES DEFINITIVAS ADMITIDOS E EXCLUIDOS

Estas son as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de libros de texto. 

O alumnado que figura na listaxe pero que non ten libros adxudicados deberá agardar a setembro, xa que ten dereito a eles pero non hai suficientes no fondo do colexio. O Centro mercará o número que corresponda en función da renda comprobada (per cápita): 6 libros se está por debaixo de 5400 € ou 4 libros se a renda está entre dita cantidade e 9000 €.

LISTAXE DE ADMITIDOS

LISTAXE DE EXCLUÍDOS

NOTA IMPORTANTE VALES, AXUDAS LIBROS E FONDOLIBROS

A entrega dos vales dispoñibles realizarase os días 6 e 7 de xullo, en horario de 10 a 13 horas. Debido á sobrecarga na aplicación informática que os xenera, o resto dos vales serán entregados (de ser o caso) a partir do 1 de setembro.

A listaxe de libros adxudicados en préstamo pola aplicación FONDOLIBROS será publicada en canto estea dispoñible.

Admisión alumnado para o curso 2016-2017: Relación definitiva.

Dado que non houbo reclamacións, o Consello Escolar deste centro acordou aprobar como definitivas as solicitudes de matrícula que se indican nas listaxes adxuntas. Ditas listaxes tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro.

Contra esta resolución pódese presentar reclamación no prazo de UN MES diante da Xefatura territorial a partir desta data. 

As persoas solicitantes deberán formalizar a matrícula no prazo do 22 ao 30 de xuño. No caso de non facelo, perderán o dereito á praza obtida.

Presentación informativa para o instituto de Pastoriza

Desde o Instituto de Pastoriza acábannos de mandar unha presentación informativa moi interesante, dirixida ao alumnado que remata Primaria. Esta presentación facíase todos os anos no centro, pero debido ás circunstancias da pandemia, non é posible facela presencialmente. 

Podedes vela picando nesta ligazón.

AVISO FESTIVO LOCAL 16 DE SETEMBRO

Como sabedes, mañá mércores, día 16 de setembro, festividade de Santa Eufemia, foi declarado festivo local no Concello de Arteixo, polo que non será lectivo en ningún dos centros.

Vémonos o xoves!

ENTREGA DE MATERIAL QUE QUEDOU PENDENTE NAS AULAS

Estimadas familias.

Ca entrada de Galicia na fase 2,  a Consellería determinou que non se van reanudar as clases no que queda de curso. Non obstante, as familias poderán acudir ao colexio, cumprindo as normas sanitarias, para recuperar o material escolar (ou os libros deste curso) pendente de  recoller, por causa do confinamento.

O profesorado e titores do curso e nivel correspondente estarán presentes e atenderávos en horario de 10 a 12.

 

DÍA

DE 10 A 12 H

MÉRCORES 27 MAIO

5º- 6º EP

XOVES 28 MAIO

3º- 4º EP

VENRES 29 MAIO

1º- 2º EP

LUNS 1 XUÑO

EI 4 - 5 ANOS

MARTES 2 XUÑO

EI 3 ANOS

 MOI IMPORTANTE:

Tede moi en conta o día e o curso que vos corresponde, porque en caso de erro non poderedes ser atendidos e deberedes de agardar a xuño.

En canto aos libros de texto que estades usando agora en 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, no mes de xuño avisarásevos para que veñades devolvelos.

AVISO IMPORTANTE DO CONCELLO

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello infórmannos que están a disposición de todas as familias que o precisen nos seguintes teléfonos:

AVISO AVALIACIÓNS INDIVIDUALIZADA E FINAL EN 3º E 6º DE EP

Os días 28 e 29 de maio, martes e mércores, terá lugar no centro a avaliación individualizada de 3º de Educación Primaria.

Ditos días realizarase tamén a avaliación final de 6º de Educación Primaria, coñecida popularmente como "reválida", que avaliará os coñecementos obtidos polo alumnado en toda esta etapa educativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut