Skip to Content

ENTROIDO 2020

Volvemos celebrar este ano o Entroido e nesta ocasión o tema escollido foi A HORTA. Hai que dicir que foi un dos máis lucidos dos últimos anos! No desfile poidemos ver granxeiros e granxeiras, insectos de todo tipo, froitas e verduras... enfi, unha pasada!

Despois, coma sempre, compartimos as larpeiradas aportadas pola familia e o chocolate, que foi aportado pola ANPA. Desta vez si que chegou para todo o mundo!

ADMISIÓN ALUMNADO 2020-2021

Do día 1 ao 23 de marzo (20 de marzo online) estará aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión en centros de ensino públicos e concertados da Consellería de Educación.

As solicitudes poden realizarse directamente sen ter que vir ao colexio, accedendo á aplicación admisionalumnado, ou cubrindo e entregando na Secretaría do colexio o Anexo II.

Convén ter en conta o seguinte:

- Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Instrucións)

Vacantes e información resumida (circular informativa)

Criterios de valoración a efectos de baremo

Todos estes documentos están expostos nos taboleiros de anuncios do centro.

 A Consellería irá actualizando a información relativa a todo o proceso nesta ligazón

XORNADA DE PORTAS ABERTAS:  LUNS 9 DE MARZO, ás 18:00 horas

 

DIA DA PAZ 2020

O pasado 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Desta vez, igual que o ano pasado, non tivemos sorte co tempo e non poidemos facelo ao aire libre, como tiñamos previsto. 

Menos mal que ao final escampou e poidemos soltar as pombas!

FELICES FESTAS E BOAS VACACIÓNS!

Xa chega o Nadal de novo e coma sempre queremos desexarvos que teñades unhas moi felices festas cas postais elixidas en cada curso este ano 2019.

Feliz 2020 e Bo Nadal para tod@s. Ata día o vindeiro 8 de xaneiro !!

 

 

SAMAÍN-MAGOSTO 2019

Un ano máis celebrouse no cole o Samaín, que tivemos que adiantar un día, por mor da celebración do Día do Ensino.

Coma sempre, quixemos festexalo cun magosto e, como é tradición, outra vez houbo unha extraordinaria exposición de cabazas.

Cada ano estamos máis abraiados da imaxinación que tedes!!

Ao final, as familias participaron con nós na degustación das castañas; costaba un pouco pelalas, pero este ano non tiñan mal sabor.

Aquí vos deixamos unha reportaxe do evento!

 

MAGOSTO E SAMAÍN 2019

Hoxe celebramos no colexio o magosto e a exposición de cabazas e, por suposto, tamén o Samaín, adiantado este ano porque mañá é día non lectivo en toda Galicia, por ser Día do Ensino.

Resultado de imaxes para magosto cabazas

 

Coma sempre, estades convidados á exposición das cabazas, e como non, á degustación das castañas, que desexamos que estean ao gusto de todo o mundo.

Agardámosvos! 

VOLVEN AS MERENDAS SAUDABLES!

Coma sempre,  todos os martes, no horario de recreo, haberá  froita fresca ou lácteos (iogur ou similar) para todo o alumnado. Lembrade que este é un dos proxectos nos que colaboramos ca ANPA e que está financiado pola Fundación Repsol, a través da ONG Ayuda En Acción, tentando que adquiran hábitos adecuados de alimentación.  Agardamos a vosa colaboración!

Foto de frutas y leche

CAMPAÑA GAFAS GRATUITAS

Boas a todo o mundo!

Acábannos de pasar unha información que poida que vos interese. Trátase dunha campaña, que desenvolve a fundación dunha coñecida marca de lentes a nivel nacional, que ofrece a posibilidade de obter lentes graduadas de balde.

A campaña vai dirixida ao alumnado entre os 5 e 7 anos de idade e para apuntarvos teríades que acceder desde esta páxina. O prazo para facelo remata o vindeiro 13 de outubro.

 

COMEZO DO CURSO 2019-2020

Xa estamos de volta e, como case sempre,  con novidades.  A máis importante é que xa rematou a ampliación do comedor, que agardamos estea operativo para o principio de curso. Tamén haberá profes novas, e alumnado que se incorpora por primeira vez ao centro... e algunha sorpresa máis!

Non vos esquezades das seguintes datas:

- REUNIÓN FAMILIAS DE INFANTIL DE 3 ANOS (SÓ ADULTOS): Venres 6 de setembro ás 12:00 horas

- INICIO DO CURSO ESCOLAR: Mércores, 11 de setembro

Vémonos moi pronto!

Resultado de imaxes para volta as aulas

LISTAXE DEFINITIVA AXUDAS LIBROS DE TEXTO, MATERIAL ESCOLAR E FONDOLIBROS 2019-20

Comunícase que están dispoñibles para consulta as listaxes DEFINITIVAS (admitidas e excluidas) de solicitudes  para o vale de libros de texto, material escolar e fondolibros,  adxudicados ou non en función da renda.

Os vales poden retirarse persoalmente ou baixo autorización asinada e DNI, unicamente os días 3 e 4 de xullo, de 10:00 a 13:00 horas. Os vales non retirados entregaranse a partir do 1 de setembro.

LIBROS QUE CORRESPONDEN A CADA ALUMNO:

Listaxe DEFINITIVA de admitidos fondolibros 

Listaxe DEFINITIVA de excluídos fondolibros

Listaxe de libros de Texto 2019-2020

NOTAS IMPORTANTES A TER EN CONTA:

- No caso de figurar na relación de admitidos e non corresponderlle libros (por non haber existencias no colexio), convén agardar a setembro e falar ca titora ou titor do curso correspondente antes de compralos, por se houbera algunha modificación (donativo, renuncia, etc.) de última hora.

- O "libro de adquisición complementaria", que se menciona nalgún dos casos, é o libro de inglés de lectura que será proporcionado polo centro. Coma sempre, o libro de actividades de inglés deberá ser adquirido polas familias, xa que non está cuberto por estas axudas.

- TODOS OS LIBROS SERÁN ENTREGADOS EN SETEMBRO.

- O resto das incidencias que quedaran sen resolver  tentaranse solucionar en setembro, se é posible.

ACTUALIZACIÓN SETEMBRO: 

O mestre de inglés comunícanos que a editorial modificou o ISBN correspondente ao libro de inglés de  6º EP (workbook).  En todo caso segue a ser o mesmo libro do curso pasado. Xa está cambiado na listaxe.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut