Deporte en familia

VI ROMARÍA DAS ANGUSTIAS

 

VI Romaría das Angustias 01/07/2017.

 

O vindeiro sábado día 1 de xullo e como xa é costume, o club andatui organiza a VI romaría das Angustias, con saída do Paseo da Corredoira en Tui, e chegada ao Monte Aloia, percorrendo unha distancia de 8km, para despois cear alí e festa ata a madrugada.

 

Unha oportunidade para facer deporte en familia e disfrutar do parque natural do Monte Aloia. Animádevos a participar, atoparedes máis información aquí: http://www.andatui.es/vi-romaria-das-angustias-01072017/

 

SENDA POLO RÍO MIÑO

 

Carolina de 4ºA e a súa familia, queren compartir con nós unha proposta de deporte en Familia, a nova senda que vai dende a vella ponte internacional ata o parque do Penedo.

Despois de ir co colexio a actividade de un abrazo no río, Caro levou a súa familia a disfrutar de este entorno tan bonito, na ribeira do Río Miño.

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos animedes a disfrutar de este lugar coa vosa familia.

Moitas gracias a familia de Caro por esta información tan interesante.

 

 

ACTIVIDADES DEPORTIVAS E DE TURISMO EN TUI

Actividades deportivas e de turismo en Tui.

 O Concello de Tui ven de presentar un folleto turístico de actividades a poder levar a cabo en Tui.

Na proposta aparece as posibilidades que nos ofrece:

·        O Monte Aloia, con taxis lanzadeira para facer a baixada polas sendas do Monte Aloia.

·         O Turismo polas rúas históricas de Tui, con rutas guiadas ao casco histórico e ao Tui Xudio

·         E paseos en barco polo Río Miño. Dende o vindeiro mes de abril un barco percorrerá o río Miño cunha duración de duas horas, sendo os horarios previstos ás 11:00h e as 19:00h.

Actividades en familia que vos animamos a realizar e a disfrutar en Tui.

 

CASTRO LABOREIRO- PORTUGAL

Castro Laboreiro Portugal.

Lucía Méndez, Hugo Méndez e a súa familia, aproveitaron a neve da pasada de fin de semana do 26 de Marzo de 2017, para achegarse a Castro Laboreiro, moi preto da Peneda Guerés en Portugal. Alí disfrutaron moito da neve e do Castelo.

Unha proposta de deporte en familia, que podedes disfrutar cando volva nevar e faga moito frío na zona.

Moitas gracias!

SENDAS NO MONTE ALOIA

Sendas no Monte Aloia.

Turismo de Galicia presenta a nova web de Parques Naturais cunha sección especial para o Monte Aloia de Tui: http://valencainfo.blogspot.com.es/2017/03/turismo-de-galicia-presenta-nova-web-de.html

http://parquesnaturais.xunta.gal/gl/monte-aloia

Nesta web atoparedes información detalla, das distintas sendas das que podedes disfrutar de deporte en familia, nun entorno natural como o parque do Monte Aloia.

RUTAS GUIADAS POLO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Rutas guiadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A Xunta ofrece 12 novas rutas guiadas entre febreiro e abril para coñecer o parque nacional das Illas atlánticas.

·         As 12 rutas dos próximos tres meses chegarán aos catro arquipélagos e a primeira delas realizarase o vindeiro sábado 18 de febreiro á illa de Ons

·         prazo de inscrición para estas actividades comeza o mércores 1 de febreiro e estará aberto ata catro días antes da realización do percorrido

·         A actividade guiada polo parque será de balde para os participantes, que deberán asumir o custe do desprazamento ata o porto de saída e ata o arquipélag

Haberá rutas diferenciadas para adultos e menores, que poderán achegarse aos valores do espazo natural mediante actividades lúdico-didácticas

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/3189/xunta-ofrece-12-novas-rutas-guiadas-entre-febreiro-abril-para-conecer-parque

APADRIÑA UN CAN

 Apadriñar un can unha forma de disfrutar en familia.

Aloia Protectora de animais de Tui.

 

O pasado fin de semana do 15 de Xaneiro, Lucas de 6ºB, Paula de 4ºB e Pablo de 6ºA, estiveron facendo unha actividade moi especial coas súas familias.

A eles encántanlle os animais, así que decidiron colaborar coa protectora de animais de Tui e sacaron a pasear a Lúa a negra, a Lobito o grande e a Loquillo ao que lle puxeron nome porque non tiña.

Na protectora de animais de Tui viven moitos animais que son abandonados ou que perderon ao seu dono.

O certo é que Lucas nos contaba con moita ilusión o moito que disfrutaron cos seus amigos. Decíanos que non tes porque levarte aos cans para a túa casa, podes ir de visita e disfrutar da súa compañía alí, de un paseo con eles....

Para poder disfrutar de esta actividade podedes acudir á Tenda de Dulces Tui e alí vos dan toda a información necesaria ou na web: https://es-es.facebook.com/protectoradeanimaisALOIA/

Sabemos que podemos axudar de varias maneiras:

  1. Sendo socio da protectora que ten unha aportación anual de 15€.

  2. Apadriñar un can que ten unha aportación mensual de 5€.

Aquí vos deixamos unhas fotos do ben que o pasaron e para que vos animedes a participar nesta actividade solidaria cos mellores amigos do home, os animais.

Información facilitada polas familias de Pablo, Lucas e Paula...Moitísimas gracias por compartila con nós.

 

PISTA DE XEO DE SAMIL E BOWLING EN VIGO

 

Pista de Xeo en Samil e Bowling en Vigo.

 

As pasadas festas de Nadal Abraham de 6ºB, tivo a oportunidade de disfrutar de unha xornada de deporte en familia na pista de xeo de Samil e tamén aproveitaron para ir a bolera a disfrutar dos bolos.

Unha proposta de deporte en familia que Abraham quere compartir con todos nós, e animarvos a que a realicedes.

Moitas gracias á familia de Abraham por compartir con nós deportes tan divertidos.

 

 

ACTIVIDADES DE NADAL

Actividades de Nadal en Familia na Eurocidade Tui-Valença

 Este nadal disfruta das actividades en familia, que nos ofrece a Eurocidade Tui-Valença. Una oportunidade de disfrutar xunto coas nosas familias, da programación cultural, deportiva e lúdico-festiva que nos ofrece  o nadal na Eurocidade.

Dende o 1 de Decembro e até o 8 de Xaneiro, a Eurocidade acollerá a celebración de máis de 40 actividades de ocio e deportivas.

  1. Visitas Guiadas en Tui. Do 3 ao 11 de decembro haberá visitas guiadas especiais ao Conxunto Histórico de Tui. Estas visitas gratuítas, que se veñen facendo dende xuño, ofrecerán como novidade rutas ao Tui Escolar, ao Tui Fidalgo e á Igrexa de San Bartolomé dos século XI e XII en Rebordáns. Todas as rutas parten sempre da Praza da Inmaculada e teñen unha duración aproximada dunha hora. Son guiadas polo historiador tudense Suso Vila.
  2. Música. A música será tamén protagonista nestas datas na cidade. O 15 de decembro o Teatro Municipal de Tui acollerá o Concerto do Conservatorio Profesional de Música de Tui. A actuación comezará ás 20:00 e a entrada será de balde.  Xa o 23 de decembro, o Teatro Municipal será o escenario da presentación oficial da Orquestra Sinfónica de Tui, que actuará por primeira vez no Concerto de Nadal. Por último, o 30 de decembro terá lugar o Concerto de Fin de Ano na praza de Frómista ás 20:00.
  3. Animación e Cine. O Concello proxectará o filme “Holy Night! Noite de Paz?” no Teatro Municipal o xoves, 22 de decembro ás 19:00 horas. Antes, entre as 11:00 e as 12:00 horas, o Apalpador, figura mítica da tradición cultural galega, chegará á Biblioteca Municipal nunha actividade musical.
  4. Deporte. No ámbito deportivo, a Eurocidade acollerá até oito actividades diferentes ao longo destas datas.

 

4.1.          I Trofeo de Nadal de Padel Club PadelTui. A primeira delas terá lugar o venres 17 e sábado 18 de decembro coa celebración do I Trofeo de Nadal de Padel Club PadelTui nas pistas de Padel de Areas.

4.2.             Festival de Kung-Fu. O venres 17 terá lugar o Festival de Kung-Fu, no Pavillón Deportivo Municipal (17:00 a 19:30 horas).

4.3.             7º Trofeo de Nadal de Natación. Tamén oVenres 17 levarase a cabo o 7º Trofeo de Nadal de Natación na Piscina Municipal de Tui (16:00 horas).

4.4.             Festival de patinaxe. O domingo 18, será a quenda do Festival de patinaxe no Pavillón de Tui (17:00 horas).

4.5.             Andaina Solidaria. O Domingo 18,tamén se levará a cabo a Andaina Solidaria organizada por AndaTui con saída dende Valença (10:00 horas) cara Tui.

4.6.             II Torneo de Exhibición de Bádminton. O 27 de decembro chegará a quenda do II Torneo de Exhibición de Bádminton no Pavillón de San Paio (16:00 a 20:00 horas).

4.7.             Clinic do R. C. Celta de Vigo. O 28 de decembro arrancará o Clinic do R. C. Celta de Vigo no Campo Municipal Álvarez Durán.

4.8.             37ª Regata Miño Internacional de Remo. O 8 de xaneiro terá lugar a 37ª Regata Miño Internacional de Remo.

 

  1. Tren Turístico da EurocidadeA Eurocidade Tui – Valença porá en marcha este Nadal de xeito conxunto o Tren Turístico da Eurocidade namentres que o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata Internacional de Reis con saída ás 17:00 (hora española) de Valença e chegada ao paseo da Corredoira ás 19:00 horas.
  2. Duendelandia en Valença. En Valença, dende o 3 e até o 11 de decembro os mais cativos poderán desfrutar do mundo máxico de Duendelandia onde se atoparán con Papa Noel, a quen lle poderán entregar as súas cartas ademais dun bosque encantando e de obradoiros de pintura.
  3. Pista de patinaxe en Valença. Do 1 de decembro ao 8 de xaneiro, instalarase unha pista de patinaxe sobre xeo no Xardín Municipal de Valença.
  4. Fortaleza de Valença de Chocolate. Valença vólvese de chocolate, con postos de crepes, gofres, bombóns ou turróns ademais da gastronomía típica portuguesa.

Máis información no enlace: http://www.concellotui.org

 

ANDAINA SOLIDARIA VALENÇA-TUI

Camiñada solidaria Valença-Tui.

18/12/2016

O Club deportivo  Andatui regodapedra, deixanos unha oportunidade solidaria de facer deporte en familia, así como de disfrutar da beleza da nosa cidade xunto á cidade de Valença no nadal.

Proposta do Club Deportivo Andatuiregodapedra: Todos os que percorremos o monte nestas datas, temos que pensar que hai moitas familias que o pasan mal.

Por iso, para ser solidarios, o día 18/12/2016 con saída ás 10:00 da Porta do Sol Nacente en Valença, dirección Tui e voltando ó mesmo sitio. 8 km. de paseo.

Percorreremos as dúas cidades e os lugares máis emblemáticos.

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!! http://www.andatui.es/

PERLIM

DEPORTE EN FAMILIA.

Perlim (Oporto)

Unha Quinta de Sonhos

Un parque de ocio de Nadal

Perlim é unha Quinta de Sonhos, un parque de ocio de Nadal, que temos moi pertiño de Tui, atópase en Oporto, para o que os máis pequenos disfruten, xoguen e vivan a máxia do nadal... do ao 30 de Decembro, na Quinta do Castelo en Santa Maria da Feira, en Portugal.

Aquí vos deixamos algunas imaxes así coma información detallada de como chegar, e de que é Perlim…podedes atopar información detalla na web: http://www.perlim.pt/index.php

RUN VIGO. VIGO CONTRA Ó CANCRO

Run Vigo. Vigo contra o Cancro.

O pasado 6 de Novembro de 2016 tivo lugar a carreira Run Vigo. Vigo contra o Cancro.

Nesta edición participaron Ruth Vázquez , Adriana de 5ºC e Daniela de 2ºB. A proba tivo lugar en Vigo ás 10:00h cun percorrido de 5km.

Unha xornada de deporte en familia, onde esta carreira benéfica tiña como obxetivo entregar as donacións a proxectos de investigación locais, contra esta enfermidade.

A nosa noraboa a estas 3 grandes atletas.

Información facilitada pola familia de Adriana e Daniela de Jesús Vázquez. Moitas gracias.

V ROMERÍA DAS ANGUSTIAS

 V Romería das Angustias

Monte Aloia

02/07/16

Saída dende o Paseo da Corredoira de Tui e chegada o alto do Monte Aloia con cea e festa rachada no adro da capela de San Xiao.

A recollida de acreditacións será no Paseo da Corredoira en Tui a partir das 19:00.

Prezo:9 € adulto.

            5 € menores de 14 anos.

Menú:  Churrasco, chourizos, pan, viño, bebidas e rosca.

A baixada corre a cargo de cada participante. Se recomenda subir o coche ó monte Aloia antes de comezar a romaría.

Ingreso ou transferencia ó Banco Pastor "Grupo Banco Popular" na conta:

IBAN ES51 0238 8307 70 0600236806

Enviando xustificante do ingreso co nome e apelidos de cada inscrito ó enderezo clubandatui@gmail.com.

Data límite: 29 de Xuño

Podedes atopar máis información en: http://www.andatui.es/inscricion-romaria/

O MONTE ALOIA UN PARAISO PARA DISFRUTAR EN FAMILIA

 

O Monte Aloia un paraiso para disfrutar en familia.

 

O Monte Aloia é un espazo natural, do que podemos disfrutar de moitas maneiras coa nosa familia: paseos, rutas a pé, a cabalo, en bicicleta...nel podemos atopar, as rutas dos Muiños do Tripes, o Alto dos Cubos, a ruta do Rego de Pedra, a ruta do Arboreto, a Ruta das Pozas de Cabanas, a Ruta dos Miradores,a Ruta do Galiñeiro...e un sinfin de rutas máis, das que poderedes disfrutar en familia.

Aquí vos damos conta dos horarios de actividades e podedes ver máis información en:http://www.galiciamaxica.eu/pontevedra/comarca-do-baixo-mino/tui/montealoia/

 

RUTA DE OPORTO E GUIMARAÊS

Ruta de Oporto e Guimaraês.

Lucía de 5ºC  e a súa familia nos deixan unha proposta de deporte en familia,moi interesante, que nos leva ata idade media, a castelos, xogos medievais… Un paseo cheo de encanto entre Oporto e Guimaraês en Portugal…aquí vos deixamos boa mostra do que vos podedes divertir, si decidides esta ruta seguir

Gracias a Lucia de 5ºC e a súa familia por compartir con nós este lugar con encanto.

 

Distribuir contido