Deporte en familia

Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza

Sendeiro das Fragas e Levadas do Calvo e Deva na Cañiza

Débora, Sonia e Erica, alumnas do noso cole, anímannos a visitar o Sendeiro das Fragas e Levadas dos Ríos Calvo e Deva. Elas fixeron deporte en familia a fin de semana pasada, aproveitando agora, no mes de Setembro a próxima chegada do Outono. Xunto coas súas familias percorreron o Sendeiro das Fragas e Levadas dos ríos Calvo e Deva. Nas seguintes fotos que nos trouxeron, podedes ver que merece a pena visitalas.

Elas disfrutaron moitísimo e pasáronno moi ben!!!!!!

Ruta Monte Galiñeiro-Monte Aloia.

Ruta Monte Galiñeiro-Monte Aloia.

 Pablo de 4ºA, proponnos facer coa nosa familia, a Ruta de Sendeirismo dende o Monte Galiñeiro ata o Monte Aloia. El fíxoa fai uns días coa súa familia, e disfrutou moito das vistas e paisaxes. E unha ruta de 9 km na que podedes ollar o mar, a montaña etc..

Aquí vos deixamos a súa foto, cando comezou o percorrido.

As alumnas de 5ºC Celia e Marta práctican Equitación

As Alumnas de 5ºC Celia e Marta, disfrutan no seu tempo libre e coas súas familias, do deporte que máis lles gusta. A equitación. Aquí vos deixamos voa proba diso. Os nosos parabéns!.

     
     

Anxo Manuel Fontaiña de 6º Practica Patinaxe sobre Xeo

Anxo Manuel Fontaína,alumno de 6ºB, aproveitou as vacacións de Nadal, para disfrutar de deporte en familia, facendo patinaxe sobre xeo en Portugal, na Praia de Áncora. Aquí vos deixamos unhas fotos súas dos mellores momentos.

Xoán Coya practica deporte en familia.

Xoán Coya practica deporte en familia.

O alumno de 5ºA, Xoán Coya, está feito un intrepido deportista, un apaixoado do deporte, disfruta do deporte en familia, cada vez que ten oportunidade.

Podemos disfrutar das súas aficción deportivas: o karting, o piragüismo, o Sky, o senderismo….  que o practica coa súa familia.

Noraboa campeón, os grandes deportistas, non son aqueles que gañan medallas, senon aqueles, que cada día práctican deporte.

 

Visita ao Camp Nou de Candela e a súa familia

VISITA AO CAMP NOU

Nas pasadas vacacións de Nadal, fun xunto co resto da miña familia a Barcelona. Entre outros lugares estivemos no Camp Nou, visita obrigada para o meu irmá Gonzalo, afeccionado do Fútbol Club Barcelona.

 Esta é a zona de comentaristas, situada na parte alta do estadio. Dende aquí se ten unha visión privilexiada do terreo de xogo.

 Na sala de prensa fixéronnos unha foto festexando un triunfo do F.C. Barcelona.

Noticia facilitada por Candela Silva Calzado. Xaneiro de 2015.

Gracias a Candela e a súa familia por compartir con nós esta noticia.

 

Visita aos Estadios Santiago Bernabeu e ao Vicente Calderón de Iago e a súa familia

 

Visita ao Santiago Bernabeu e ao Vicente Calderon

 

 

 

 

Nas pasadas vacacións de Nadal, fun xunto co resto da miña familia a Madrid. Entre outros lugares estivemos no Estadio Santiago Bernabeu e no Estadio Vicente Calderon, onde xogan o Real Madrid e o Atlético de Madrid. Aquí vos deixo información, ao igual que fixo Candela do Camp Nou.

Noticia facilitada por Iago Pereira. Xaneiro de 2015.

Gracias a Iago e a súa familia por compartir con nós esta noticia.

Deporte en Familia: Visita ao Caurel de Carmen Iglesias da clase de 5 Anos

Deporte en Familia: Visita ao Caurel de Carmen Iglesias da clase de 5 Anos

Carmen Iglesias da clase de 5 Anos, visitou coa súa familia a Serra do Caurel, o pasado mes de Novembro.

Descubriu moitas cousas e pasouno xenial coa súa familia e os seus amiguiños. Deu varios paseos, apañou castañas, noces, avelás, e disfrutou moito da casiña a que foron a fin de semana.

Aquí nos deixa unhas fotos para que as vexades e vos animedes a visitar, este fermoso lugar, vos tamén.

Proposta de Deporte en Familia 1º Trimestre

Proposta de Deporte en Familia para o 1º Trimestre

A Serra do Caurel

Este trimestre, Carmen de 5 Anos e Blanca de 6ºB, propóñenvos una actividade en familia, moi interesante, a visita á Serra do Caurel, onde toda a familia pode disfrutar de rutas de sendeirismo, en Btt, etc.. disfrutando do paisaxe natural, das montañas orientais da provincia de Lugo.

Nos seguintes enlaces podedes atopar información importante, que vos pode axudar a organizar a vosa actividade:

http://www.serradocourel.es/

http://www.acampamentocaurel.com/

Distribuir contido