Deporte en familia
|
|
|
|
Deporte en Familia
Carolina de 6ºB ensínanos a ruta de
Sendeirismo de Caldelas a Salvaterra.
18 de abril de 2019.
Fai poucos días, inaugurábase unha nova ruta de sendeirismo entre a parroquia de Caldelas en Tui e o Parque da Canuda en Salvaterra. Unha ruta que vai moi achegada ao Río Miño, pola beira española. O pasado 18 de abril, Carolina de 6ºB e a súa familia dábannos conta dela e facíannos chegar fermosas fotos.
Aquí vos deixamos esas fotos para que vexades o fermoso que pode ser este paseo, para gozar en familia. Unha oportunidade única para facer actividade física, gozar da tranquilidade da natureza e da compaña da familia.
Moitas grazas a Caro e a súa familia por achegarnos unha nova ruta saudable.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia
Nico de 5ºB en Castro Laboreiro
no Parque Nacional da Peneda-Gerês, en Portugal.
9-10 de febrero 2019.
O pasado fin de semana, o 9 e 10 de febrero, Nico de 5ºB tivo a oportunidade de desfrutar duns días coa familia en Castro Laboreiro, no Parque Nacional da Peneda- Gerês en Portugal.
Unha viaxe fantástica no que Nico se converteu no noso reporteiro deportivo e fixo unhas fotos estupendas, que vós mesmos podedes valorar. Nico invítavos a desfrutar coas vosas familias deste lugar con encanto que está a poucos kilómetros de Tui.
Moitas grazas Nico, gran traballo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
DEPORTE EN FAMILIA: CASTRO LABOREIRO
SÁBADO 02/02/2019
Castro Laboreiro é un pobo de montaña en Portugal, a 1 hora e 15 minutos de Tui e se hai neve é un sitio perfecto para pasar un rato xogando, facer monecos de neve e tirarse cun trineo, como fixeron o pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A.
Tamén é un sitio perfecto para visitar en primavera, e ver diferentes cousas que coa neve é máis difícil, como o castelo de Castro Laboreiro, a ponte romana ...
Pero vaias na época que vaias, as vistas do Parque Nacional de Peneda-Gerês son impresionantes.
Información facilitada pola familia dos alumnos Docampo. Moitas gracias por compartir con nós experiencias tan divertidas e fascinantes.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Rutas con Encanto. Faro de Budiño.
Deporte en Familia.
O pasado fin de semana Daniel Docampo, de 4ºA, e Javier Docampo, de 5 años A, foron a visitar o Faro de Budiño cos seus pais.
O Faro de Budiño é o punto máis alto da zona, e desde alí pode verse Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas. Son un conxunto de rochas que sobresaen da montaña e úsanse para a escalada profesional, pero eles fixeron unha pequena ruta para subir a algunhas rochas que non supuxeran moito perigo. As vistas cun día despexado son preciosas.
Ao comezo da camiñata atopáronse cunha zona recreativa, mesas, asadeiros en pedra e un refuxio de montaña.
Gracias a unhas escaleiras chegaron á parte alta, pero a rocha maior non é accesible porque hai que trepar por ela.
Na parte baixa arrancan varias rutas de sendeirismo para poder pasar unha tarde divertida.
Moitísimas gracias a Dani e Javier Docampo e a súa familia por compartir unha ruta con encanto, para gozar en familia, como é a Ruta do Faro de Budiño. Animámosvos a desfrutar da mesma coas vosas familias.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia.
Un día en bici con Iker de 5ºB.
Iker de 5ºB quere compartir con nós, un paseo en bici co seu papá, o fin de semana do 28 de outubro de 2018. Xuntos pasaron un día de deporte en familia, no que Iker disfrutou moito. Animádevos todos os alumnos de 5º a disfrutar de moitos días de bici para prepararvos para o Tui en Ruta, que vos espera ao final de este curso.
Gracias á familia de Iker por compartir con nós estes grandes momentos de deporte en familia.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia.
Sábado 27 de Outubro de 2018
O Vindeiro sábado 27 de Outubro terá lugar a V Andaina Arume de Malvas polos Muiños do Río Furnia. Será gratuita para tod@ aqueles nen@s que se animen a participar.Haberá xogos populares, merenda de abondo e algunha sorpresa. Dende o Equipo de Deporte no 2 animamos a todas as familias a participar nesta proposta de actividade que sirve para promover un estilo de vida saudable e feliz. Para anotarse pódese enviar un e-mail a: arumedemalvas@gmail.com ou chamar ao teléfono: 655602787
|
|
|
|
|
|
|
|
|
V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS
O pasado sábado 20 de outubro as profes Eli, Noe, Patri e Sara participaron na V ANDAINA NOCTURNA DAS MEIGAS, na que camiñaron 8kms terroríficos polos montes de Parderrubias e recibiron algún que outro susto no camiño, de iso se trataba.
Ao rematar, repuxeron forzas cun chocolate quentiño e chouripan!
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1ª Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença
Domingo 14 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui
O pasado domingo 14 de Outubro tivo lugar en Tui e Valença, a 1ª Carreira de Orientación Eurocidade. Foron varios @s alumn@s e familias do noso centro que se animaron a participar, entre eles os alumnos de 5º: Roque, Raúl, Gonzalo e Héctor, tamén se animaron Carolina de 6ºB e o seu pai, a familia Iglesias de Martina de 1º e Carmen de 4º, etc... Todos eles disfrutaron moito da proba, unha sorte poder disfrutar dunha proba de este tipo en Tui e unha sorte que todos os participantes o disfrutaran moito.
Grazas ás familias de Carolina de 6ºB e de Carmen e Martina Iglesias Estévez por facilitarnos esta información.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia.
Camiño de Santiago Portugués. Ponte das Febres.
Carolina de 6ºB e a súa familia, disfrutaron no mes de outubro de 2018 de este entorno natural excepcional e propóñennos disfrutar de deporte familia no Camiño de Santiago Portugués, no tramo da Ponte das Febres. Esta é unha zona moi fermosa, chea de vexetación autóctona, ao lado do río que está moi perto de Tui e que é unha oportunidade única para disfrutar en familia.
Grazas á familia de Carolina por facilitarnos esta información.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia
Mondariz Balneario en patinete
Benito de 3ºA e a súa familia, queren compartir con nós unha ruta en patinete que disfrutaron en familia, no mes de Abril de 2018 en Mondariz.
Mondariz Balneario é un lugar con encanto, moi perto de Tui. Este foi o lugar que Benito escolleu para disfrutar do seu patinete, así visitou o parque de Mondariz, o Balneario, percorreu a Vila e incluso fixo algunha ruta de sendeirismo.
Unha proposta para disfrutar de un fin de semana de deporte e familia, que vos deixamos aquí para que vos animedes a disfrutalo coas vosas familias.
Información facilitada pola familia de Benito de 3ºA. Moitas gracias familia, por achegarnos a estes entornos naturais máxicos.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Actividades de Nadal en Familia na Eurocidade Tui-Valença
Este nadal disfruta das actividades en familia, que nos ofrece a Eurocidade Tui-Valença. Una oportunidade de disfrutar xunto coas nosas familias, da programación cultural, deportiva e lúdico-festiva que nos ofrece o nadal na Eurocidade.
Dende o 1 de Decembro e até o 8 de Xaneiro, a Eurocidade acollerá a celebración de máis de 40 actividades de ocio e deportivas.Música.
- A música será protagonista nestas datas na cidade. O 22 de decembro o Teatro Municipal de Tui acollerá o Concerto da Orquesta Sinfónica de Tui. A actuación comezará ás 21:00 e a entrada será de balde.1.
- Tren Turístico da Eurocidade. A Eurocidade Tui – Valença seguirá funcionando este Nadal de xeito conxunto o Tren Turístico da Eurocidade namentres que o 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata Internacional de Reis con saída ás 17:00 (hora española) de Valença e chegada ao paseo da Corredoira ás 19:00 horas.
- Valença :Duendelandia en Valença. Pista de patinaxe en Valença. Fortaleza de Valença de Chocolate. Máis información en:http://www.littlevigo.com/valenca-do-minho-navidad-2017/
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia.
Ruta en Bici á Ponte das Febres.
Tui
Javier Castro Gómez de 5 anos A, Daniel Castro Gómez de 3ºC e a súa familia, quere compartir con nós una ruta que disfrutaron en familia o domingo 12 de novembro de 2017.
Eles disfrutaron dunha ruta en bici dende a Veiga do Louro ata a Ponte das Febres, polo camiño de Santiago. Unha ruta moi recomendable para facer en bicicleta en familia, ainda que ten un tramo de carretera, non é perigoso e a súa meirande parte é carril bici.
Aquí vos deixamos unhas fotos para que vos animedes a facela coas vosas familias.
Moitísimas gracias á familia Castro Gómez por facer deporte en familia e compartilo con nós.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte en Familia.
Senda de Punta de Fuciño de Porco
O vicedo ( Lugo).
Claudia de 5ºA e a súa familia, quere compartir con nós una ruta que disfrutaron en familia a finais do mes de outubro.
Eles disfrutaron dunha fin de semana en familia, percorrendo a ruta de Punta de Fuciño de Porcoen O Vicedo, moi perto de Viveiro en Lugo.
Son varias as sendas para percorrer camiñando que rematan con fermosas vistas ao mar.
Aproveitaron para visitar e disfrutar do “ Banco de Loiba” unha das vistas mais bonitas do mundo.
Moi perto de alí, tamén tiveron a oportunidade de visitar o eucalipto “ O Avó” que foi plantado en 1880 no Souto da Retorta en Viveiro.
E non podía faltar a visita a “ Praia das Catedrais” en Ribadeo. Tiveron que desprazarse un pouquiño, pero pagou a pena.
Unha proposta para disfrutar dun fin de semana de deporte e familia, que vos deixamos aquí para que vos animedes a disfrutalo coas vosas familias.
Información facilitada pola familia de Claudia de 5ºA. Moitas gracias familia, por achegarnos a estes entornos naturais máxicos.
Tamén vos deixamos información de páxinas webs interesantes se queredes saber máis deste entorno: http://www.caminandoentresenderos.com/?p=5178
https://www.escapadarural.com/que-hacer/chavin/o-avo-el-abuelo
https://ascatedrais.xunta.gal/monatr/inicio;jsessionid=kPtlQ+WE0X2iswFoX0qorFol.prd-jboss-c02-0005-hc-001:prd-jboss-c02-0005-hc-001-server-05
|
|
|
|
|
|
|
|
|
IV Andaina Muiños do Río Furnia
Sábado 21 de Outubro 2017
17:00h
O pasado, sábado 21 de outubro ás 17:00h, tivo lugar a IV Andaina polos muiños do Río Furnía en Malvas.
Foi unha tarde estupenda de sol para facer a camiñada en familia, de dificultade baixa de dunha duración aproximada de 1:30h, onde tanto grandes como pequenos deixaron voar a súa imaxinación nun entorno natural e máxico, onde ademáis disfrutamos de teatro, castañas, xogos, gaitas, baile e moita festa.
Do noso centro participaron moitos alumn@s e as súas familias, que nos fixeron chegar fotos do moito que disfrutaron e o ben que o pasaron. Moitas gracias as familias de Diego, Lía, Brais, Roque, Ada, Arantxa, Lara, Carmen, Martina, Diego etc.. e a todos os antigos alumnos do cole que se animaron a participar Gonzalo, Iago, Borja, Nico, Adri etc..
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Deporte de aventura en Familia
Pena aventura Portugal.
Da man do profe Mateo, mestre de música no colexio, e dos nenos do seu colexio de Fisterra, descubrimos o parque de aventura de Portugal “Pena Aventura”.
El PENA AVENTURA PARK é un parque de actividades lúdicas e deportes de aventura na Ribeira da Pena, no distrito de Vila Real, na zona Norte de Portugal. É un parque para todas as idades, cunha gran variedade de actividades na natureza, coa tirolina máis grande de Europa.
Aquí vos deixamos a súa web por se é do seu interese:http://www.penaaventura.com.pt/
|
|
|
|
|
|