II Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

II Carreira de Orientación. Eurocidade Tui-Valença.

Domingo 13 de Outubro: 10:00h Valença-16:00h Tui.

O vindeiro domingo 13 de Outubro via ter lugar en Tui e Valença, a II Carreira de Orientación Eurocidade. En Valença será pola mañá, as 10:00h e en Tui será pola tarde ás 16:00h. @s nen@s e familias que desexen participar, poden facelo nas dúas probas ou soamentes nunha soa.

As Categorías serán:

Iniciación nenos (individual ou grupo) , categoría pensada para os nenos cun nivel de esixencia física e técnica baixo. Se son menores de 10 anos, recomendamos que a fagan acompañados dun adulto. Se son de 10 ou máis anos, poden ir en grupo ou sós.

Iniciación adultos (individual ou grupo) e Avanzado (individual). Adultos ou nenos con experiencia.

A inscrición na proba poderá realizarse cubrindo o seguinte formulario:

 www.aromon.es/inscripciones/eurocidade2019

o prazo de inscrición remata o mércores 10 de outubro ás 22:00 horas.

EUROCIDADE 2019 - TUI (tarde)

16:00 Recepción de participantes.

16:15 - Comezo das charlas técnicas (faremos varias ao longo da mañá)

16:30 - Primeiras saídas (existirá horario de saída).

18:30 - Últimas saídas (non se poderá tomar a saida despois desta hora).

19:30 - Peche de meta.

19:45 - Entrega de trofeos.

Atoparedes máis información en Deporte no 2: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar