Skip to main content

II RUTA INTERXENERACIONAL "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Iniciamos Abril coa II Ruta Interxeneracional,

enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!".

Convocamos a toda a comunidade educativa e calquera

outra persoa que desexou unirse. O tempo estaba algo nuboso

e caían unhas pequenas gotas de choiva. Pero tíñamos diante a

dous naturalistas, unhas eminencias, Antonio Martínez Pernas

e Rafael López Loureiro, votamos comezar a andaina,

non se podía desaproveitar a ocasión. Incluso comentouse que con

ese tempo, veríamos cousas que igual non se ollan nun día de sol.

Eles fixeran esa ruta unha semana antes e dixeran

que aínda reinaba a invernía na Fraga dos Casás.

Con paraugas e chuvasqueiros adentrámonos por unha senda de eucaliptos,

pasamos un pinar, para descobrer despois dun pedazo o que detrás se agochaba,

unha fermosa Fraga, que en tan só unha semana comezou a florecer.

Observamos a mapoula das fragas, Anemone,  súa saída indica o inicio da primavera.

Ollamos espárragos, castiñeiros... unha fraga limpa e verde.

Conversamos do uso que tivo noutros tempos, dos carboeiros

que recollían a madeira e a enterraban para queimar e converter en carbón natural,

a fraga non estaba soa naqueles tempos, senón que a xente realizaba moitas labores nela.

Hoxe eses coidados teñen que basearse en non intervir nela,

non levar nin traer especies, usar as sendas, mirar onde pisamos e ollar con atención.

Facer que permanezan. Esta é unha pequena mostra da Ruta da Fraga dos Casás.

Antonio Martínez Pernas identificou correctamente unha orquidea galega:

Ophrys kallaikia que era confundida por outra.

Podedes consultar o estudo con profundidade, clicando no nome científico.

Foi unha oportunidade marabillosa para conversar e resolver dúbidas,

in situ, con dous naturalistas estupendos!

Moitas gracias por espallar a vosa sabiduría!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAKING OF NAVEGANTES - CURTAMETRAXE ALICIA FREIRE VERA #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O voluntariado de lectura da Biblioteca Escolar,  que

desexou apuntarse,  continúa realizando as gravacións

para a curtametraxe dirixida por Alicia Freire Vera.

Cada día é unha nova oportunidade para aprender

sobre o mundo do cine: focos, cámaras, acción!

Non hai máis que palabras de agradecemento para Alicia,

que se desvive por ofrecerlles oportunidades inesquecibles para

aprender, valorarse, quererse, descubrirse...

Porque moita rapazada non sabe o que ten dentro, conectar con esa

persoa que veu abrir a chave dos teus desexos, sentimentos,

do que te move, da ilusión durmida é máxico.

Gracias Alicia!

 

 

 

 

 

 

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS - PRESENTACIÓN DO LIBRO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O vindeiro 18 de Maio teremos a sorte de gozar dun obradoiro de Xogos Tradicionais,

tanto para a rapazada como para os adultos. Pois o xogo non ten idade!

Diso saben moito as persoas que nos acompañarán: Antón Cortizas,

Paco Veiga e Zeltia Labraña; autores de "Xogos tradicionais galegos para

tempos de recollida" (elaborado durante o confinamento).

Se queres participar tes que cubrir o formulario ou apuntarte na escola,

antes do 12 de Maio. Comezaremos ás 17:30h. ata as 19:00h cos xogos

para tódolas idades e públicos e remataremos coa presentación do seu libro.


 Anímate a participar! Esta é unha actividade para toda a comunidade!

 

 

 

 

DÍA DO LIBRO - VISITA CARLOS LABRAÑA #DíaDoLibro #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Hoxe tivemos unha sorpresa! Carlos Labraña apareceu de improviso visitar

a súa e a nosa biblioteca. Pois como saberedes, leva o seu nome.

A rapazada púxose moi leda coa súa aparición no recreo,

mentres se facía o obradoiro de marcapáxinas. O alumnado correu

abrazalo e e a levarlle o marcapáxinas para ter unha dedicatoria súa.

Foi unha algarabía moi linda! Logo convidamos á rapazada que está inmersa

no teatro, pois sendo o dramaturgo máis importante da literatura infantil galega,

temos que empaparnos da súa sabiduría. Foi unha mañá máxica ao redor dos libros

e do escritor. Gracias Carlos por acompañarnos nun día tan sinalado!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE CIRCUÍTOS - BIBLIOTECA HUMANA - CEIP/FP #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Nesta ocasión foron Beatriz Macho e  Andy Brañas, profesores da FP quen xunto cos seus alumnos e alumnas

sumáronse á Biblioteca Humana. Un grupo da rapazada de sexto achegouse ata o

instituto para gozar dun obradoiro de circuítos. Sairon con dous taboeiros para

relacionar xéneros de cine con fotografías de películas. Un traballo que quedará exposto

na Feira dos Libros e do que poderá gozar toda a comunidade educativa.

Gracias rapazada e mestres!

 

 

 

 

 

 

BIBLIOTECA HUMANA - 26 ABRIL - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Durante 15 minutos escoitarás a historia dun libro humano,
posteriormente terás 5 minutos para preguntar.
Ler persoas en vez de libros!

Pode asistir calquera persoa, pero é necesario apuntarse.

Esta actividade está enmarcada na Biblioteca Humana,

dentro do programa "Lectura e familias".

 

 

 

 

 

 

CLUBS 5º E 6º PRIMARIA - BAILE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O club de baile de 5º e 6º continúa cos seus ensaios na aula de teatro.

Da gusto velos, canto poderío!

 

 

 

 

 

LECTURAS COMPARTIDAS - DÍA DO LIBRO #DíadoLibro2023 #Lecturascompartidas #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta

Nesta ocasión Catuxa, Leire e Noa escollen un conto para lerlle ao

alumnado de 3 anos. Cambian verbas por bicos e abrazos.

Nada tan simple, fermoso e valioso coma unha historia para

facer felices ás persoas. Porque iso somos e diso nos alimentamos,

de contos, palabras... Unha iniciativa do alumnado de 5º de primaria

que está colmando de felicidade á rapazada máis pequena. Moitos parabéns!

 

 

 

 

 

 

CADERNO DE CAMPO EN CANVA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de  sexto está deseñando, coa aplicación Canva,

un caderno de campo para empregar nas saídas, para investigar a flora

ou fauna  da contorna. En parella ou en pequenos grupos no ordenador

están deseñando normas, plantillas de observación e o que a rapazada

considera máis relevante. Un mini proxecto no que se ven implicadas

a meirande parte das competencias básicas.

 

 

 

 

 

 

RADIO NA BIBLIO - FORMACIÓN ALUMNADO CON SOLEDAD FELLOZA #Radionabiblio #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O venres 21 o alumnado de 3º de primaria recibiu formación de radio na biblio,

a cargo de Soledad Felloza, quen comezou cunha explicación sobre a posición corporal

e do micrófono, para obter unha boa sinal auditiva na radio.

 

Tamén comentou como afectan os ruídos externos e as posturas

da cabeza no son. Posteriormente amosou e executou algúns exemplos

para amosarlles os comentados nunha gravación.

Continuo con práctica de presentación e lectura de contos e remataron

con baile grupal e actividades de relaxación para traballar as cordas bucais.

Unha xornada de formación completa que de seguro se notará en posteriores programas.