Skip to main content

Abril 2016

DÍA DO LIBRO - OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

GUÍA DE LECTURAS DOS XOGOS OLÍMPICOS

 

FRASES DE CERVANTES NAS PORTAS DAS AULAS

 

O ALUMNADO DE 5º PROMOCIONA OS SEUS LIBROS FAVORITOS

 

ESTE É O MEU LIBRO FAVORITO!!!

O noso cole encheuse de libros para festexar unha data tan importante. Cadaquén trouxo o libro que máis lle gusta para facerse a foto e poder compartir un bo momento de lectura cos compañeiros e compañeiras.

Aí vai un adianto

 

 

 

 

  

  

  

  

  

  

  

 

E tamén trouxeron o seu libro favorito...

 

GRAZAS POR PARTICIPAR E

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

 

  

 

DÍA DO LIBRO

CAL É O TEU LIBRO FAVORITO?

http://www.diadellibro.eu/dia-del-libro-2016

 

VENRES, 22 DE ABRIL DO 2.016

 

En conmemoración do Día Internacional do libro

 

anímase a toda a comunidade educativa a

 

acudir ao colexio co seu libro favorito

 

e facerse unha foto con el nun recuncho habilitado na biblioteca.

 

Con todas as fotos farase un gran mural.

Adaptación da actividade http://bibliovivaulaboral.blogspot.com.es/2015/04/preparativos-para-celebracion-do-dia-do.html

 

Érica Esmorís no cole

Érica Esmorís visitounos o día 20 de abril e fíxonos unha presentación aos alumnos de 5º e 6º.

Foi  moi divertido, díxonos as súas aficcións e explicounos como é escribir un libro, tamén nos firmou os libros de "Nena e o mar".

       

 

 

REPORTEIRAS: Giulia (5ºA) e Candela R (5ºC)

V FEIRA DOS LIBROS

MARTES 19 INAUGURACIÓN DA V FEIRA DOS LIBROS

Non vos perdades esta Feira dos libros. Estade atentos porque semana a semana iremos anunciando o programa de cada martes.

Horario: os martes de 17 a 18:30 horas.

SAN VALENTÍN

 

                                              Decoración de San Valentín

 

Na biblioteca hai nova decoración!!!

Debido ao mes de San Valentín decorouse a biblioteca con corazóns vermellos,

tamén cando colles un libro danche un corazón.

Pero só se tes o gusto de ler. Non e só pola biblioteca senón tamén por fóra.

 

TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA)