Teatro de sombras. "Saudades do teu abrazo".
Obra realizada polo alumnado de 6ºB e a súa titora Iria, aproveitando un dos novos recursos na aula de teatro. "Saudades do teu abrazo" (Eoin McLaughlin).
Xela Arias. A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia
Relacionado coa nosa biblioteca creativa, a clase de 4ºB creou unha curtametraxe "A Fraga dos paxaros faladores e a Fraga Leopardicia" de Xela Arias. Un proxecto de traballo onde participou todo o alumnado sendo protagonista durante o proceso, elaborando os materiais, grabando audios na radio escolar, integrando as tics coa utilización da app Stopmotion nun dos Ipads da biblioteca, etc...
VIAXAMOS POLO MUNDO
O ALUMNADO DE 4º DE PRIMARIA INICIA UNHA VIAXE PARA COÑECER A XEOGRAFÍA.
PARTEN DA NOSA VILA PARA VIAXAR POLO MUNDO.
IOGURT CON ARÁNDANOS - PRODUTOS DA HORTA
O alumnado de primeiro colleita arándanos da horta para preparar unha sá e sinxela receita.
GRUPOS INTERACTIVOS NA ERA COVID
Os Vagalumes, como en anos anteriores continúan cos seus grupos interactivos na Biblioteca Carlos Labraña,
pero este ano adaptándose ás restriccións que marcou a pandemia.
Non puideron asistir as familias e isto é algo que se botou moito de menos, pois son pezas importantes para a motivación.
Aínda así, realizaron semanalmente os seus interactivos con actividades nas que se aproveitaron todos os recursos e espazos disponibles na biblio:
ipads, ordenadores táctiles, disfraces, libros, pantallas táctiles, música, balanzas e diverso material manipulativo...
Cousa que acorreu gran traballo e concienciación no alumnado para respectar as medidas Covid.
Pero o máis importante é que fomentaron o traballo cooperativo, saltando barreiras, concienciando dos perigos,
pero atentos e conscientes de que a vida é en grupo, a comunidade axúdase.
Todos podemos aprender e chegar máis lonxe pensando xuntos.
PATIOS VIVOS - BIBLIOTECA CREATIVA
Nos Patios Vivos lévanse a cabo diferentes obradoiros e tamén moito xogo libre.
Nestas últimas semanas, dous obradoiros tiveron unha repercusión maior.
Un deles o realizaron na zona de cociña e auga, onde pelaron e picaron cenouras.
Logo inventaron as receitas máis fantásticas con anaquiños e algunhas herbas da horta.
O que para o alumnado era un xogo tiña un obxectivo moi claro, mellorar a motricidade fina de cara á escritura no alumnado de 1º de primaria.
Outro dos obradoiros foi o de construcción, con pezas de madeira con forma de triángulos,
rectángulos e cadrados que poden dar lugar a diversas edificacións, mundos imaxinarios.
A rapazada non defraudo, crearon e difrutaron e xurdiron as coleccións por arte de maxia.
Usaron a lóxica, traballaron conceptos espaciais, leis de física e melloraron as súas habilidades motrices.
Para eles foi xogar, para nós preparalos para a vida.
PODCAST XELA ARIAS - LETRAS GALEGAS - FAMILIAS NA ESCOLA
Este podcast xorde da investigación da biografía de Xela Arias, pescuda no seu compromiso coa lingua galega e na loita dos seus dereitos.
O alumnado afonda nun período histórico recente e o relaciona coa historia da nosa vila, nese momento.
Todo isto da man das familias, coa guía da mestra e da documentación escrita que alberga a biblioteca.
Unha rapazada moi pequena, os Vagalumes, coñecen a Xela, unha muller que desmontou barreiras con verbas.
Mergullándonos no museo
A relación có entorno que rodea ao centro de escolar é algo de suma importancia e, as veces, xorden oportunidades marabillosas nas que un espazo da vila abre as súas portas para ofrecernos participar nunhas das súas actividades! Neste caso, dende o Museo Mares de Cedeira argallaron unha xornada para traballar con nós mariñeiros, que disfrutará todo o alumnado do cole (repartidos nos seus respectivos grupos para seguir así a normativa COVID).
Esta actividade complementa a outras que forman parte da nosa biblioteca creativa (coma cociña, costura...) e que axudan a desenvolver aprendizaxes útiles e funcionais mediante a manipulación e experimentación! E ademáis, logo puideron observar e investigar libremente polo museo descubrindo verdadeiros tesouros! Hoxe foi o turno das aulas de 4 anos que o pasaron en grande demostrando que se manexaban moi ben entre cabos e algúns hasta tiveron tempo de sacar fotos moi mariñeiras!!
Promocionando Cedeira!!!
A rapazada de 4º de EP elaborou un video de Cedeira como reclamo turístico en inglés...
DÍA DO LIBRO - XEOGRAFÍAS LECTORAS - CREACIÓN DUN CÓMIC
O alumnado de 1º crea un cómic coa aplicación Canva.
Tras unha conversa grupal do que desexan contar, escollen as fotografías que fan referencia á xeografía da nosa vila.
Posteriormente, en pequenos grupos van avanzando na aventura.
Durante a semana anterior á escrita fanse dúas pequenas reunións con toda a rapazada para escoitar as súas opinións e telas en conta.
O alumnado avanza na escrita ao seu ritmo, uns con escritura libre total e outros con apoios.
Afondan no mundo do cómic: onomatopeyas, diálogos, bocadillos...
Aquí a súa creación!
Orange and Green Dogs 2 Panel Comic Strip by M
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CÓMIC.pdf | 12.18 MB |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- …
- seguinte ›
- última »