Skip to main content

INICIACIÓN AO BIMBIO #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Da man da Asociación Lugares Comúns, este venres 24 de febreiro,

gozaremos dun obradoiro de Iniciación ao bimbio coa experta Geraldine Jones.

O alumnado realizará unha peza de artesanía con este material.

Dende a biblioteca escolar queremos promover e recuperar oficios tradicionais.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Recordamos que este sábado 25 realizarase o intercambio de sementes

e a actuación teatral, por parte de dita asociación.

 

 

 

 

 

 

 

SLIME - OBRADOIROS DO ALUMNADO @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Carmen elaborou un obradoiro de Slime,

informouse ben nos libros para saber os pasos correctos,

cubriu o formulario, fixo o cartaz e deu as indicacións para

que todas e todos os apuntados fixeran o seu Slime.

Logo puideron levalo para seguir experimentando cos sentidos.

Un obradoiro pegañento, pero moi motivador. Gracias Carmen!

 

 

 

ESCRITURA MÁXICA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O obradoiro introdúcese cunha pequena historia de Enola Holmes,

gran detective, contándolles como con pequenos experimentos (que parecen máxicos) resolve crimes.

 

A rapazada xa está enganchada aos cómics de Enola de Serena Blasco

(podedes collelos na biblioteca) e xa teñen tamén versión cinematográfica.

 

Xa dentro da historia, só queda participar, escriben algo nun papel con auga e

bicarbonato, o deixan secar e cun pouquiño de zume de uva,

chachán vemos a mensaxe secreta.

 

 

 

 

FLOTACIÓN @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Experimentan coa flotación.

Primeiro deducen que pasará, logo comproban na práctica e cubren os resultados.

Rematan a sesión reflexionando a modo de tertulia.

 

 

 

 

 

A MULLER E A NENA NA CIENCIA @11defebreroES #11F #Ciencia #Igualdade #Axenda2030 #ODS5 #Bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Sabemos da importancia que ten sinalar unha data para as mulleres e as nenas na ciencia.

O noso alumnado ten o dereito de educarse neste campo e polo tanto é algo que está presente

durante todo o curso. Temos un club de ciencias, ofértanse obradoiros sobre ese campo,

o mesmo alumnado propón os seus... non pensamos en datas senón en intereses, motivacións...

Visibilizamos a data e conversamos sobre a necesidade de perseguir, cada un, a súa paixón.

E a importancia de que os que nos rodean apoien as nosas decisións.

 

 

 

 

FÓSILES DE DINOSAURIOS #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As familias realizan un obradoiro de fósiles de dinosaurios co alumnado de 4 anos.

Esta actividade está enmarcada no proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

Para quen lle apeteza profundizar temos, entre outros, un libro de realidade

aumentada na biblioteca "Carlos Labraña", IDINOSAURIO.

Ven buscalo!

 

 

 

 

RECEITAS E COCIÑA DE ENTROIDO #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Un grupo de familias toma a iniciativa e realiza unha gran proposta.

Obradoiros de cociña para o entroido. Unha xornada a mar de doce e divertida.

Cantidades, produtos, pasos, perigos no cociñado, colaboración... unha gran

mestura de saberes e novas aprendizaxes para conseguir

unha merendola fantástica e emotiva.

Gracias familias!!

 

 

 

 

OBRADOIRO DE MÁSCARAS #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dúas alumnas de 3º, Vega e Martina, deleitaron a un gran público

co seu obradoiro de máscaras de entroido.

Purpurina, risas e ganas de festa ao redor dun gran taller creativo.

O alumnado empoderado! Parabéns rapazas!

 

 

 

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA PASEO POLO CONDOMIÑAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

O alumnado de primeiro realizou unha saída didáctica pola contorna para observar

e coller datos para o seu caderno de campo. Un dos obxectivos máis importantes

era mellorar a súa actitude cara a observación, amosando interese na escoita

dos cantos dos paxariños cunha actitude silenciosas, sen molestar a ningún ser vivo.

Esta actividade forma parte do proxecto "Aprendendo, naturalmente!"

 

 

 

 

VOLUNTARIADO CON INICIATIVA #voluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

As funcións do voluntariado son extensas, ter un grupo de alumnado

con grandes dotes para a organización e colaboración fan que as tarefas

parezan máis sinxelas (non que o sexan).

Elas e eles encargáronse de colocar os expositores con novos fondos para

o proxecto de flora e fauna "Aprendendo, naturalmente!", a exposición de

poesía para o Día de Rosalía, estiveron atentos aos obradoiros que se celebraron

durante os recreos, colocaron na CDU, fixeron empréstito e devolución no Meiga,

recolleron as enquisas sobre étimos, estiveron pendentes do alumnado que necesitou

do seu asesoramento, do espazo argalleiro...

Sempre coa supervisión das mestras guías, que saben que estamos sempre para axudalos

e acompañalos, pero tamén deixándoos facer.

Agradecer o traballo desta mocidade que adica o seu tempo a compartilo cos demáis.

Gracias rapazada!