OBRADOIROS DO ALUMNADO - MANUALIDADES #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Casan os paxariños e as manualidades xiran ao redor das mellores verbas e sentimentos.
Antía, Martina, Claudia e Iriana sacaron adiante un obradoiro de debuxo
amosando unha coordinación e preparación do taller excelente.
Bravas! Moitos parabéns!
MATEMÁTICAS NA BIBLIO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A biblioteca non só oferta recursos para a lectura, somos unha biblioteca LÍA,
o que a configura como un espazo de aprendizaxe dotado de recursos que favorecen
as metodoloxías activas e colaborativas, brindando experiencias de aprendizaxe inclusivas e equitativas.
Esta é unha mostra traballando no espazo web Penyagolosa Educa. Unha boa ferramenta para traballar o cálculo.
OBRADOIRO DE BAILE DIRIXIDO POLO ALUMNADO #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Este un de febreiro catro alumnas de 4º impartiron unha sesión de baile.
Primeiro apuntáronse na folla de adscripción e cubriron tódolos seus apartadas,
corrixindo e pasando a limpo. Posteriormente deseñaron o seu cartaz en Canva e
dada a data polo equipo de biblioteca, pasamos un tempo agradable bailando.
Ata que... a luz xogounos unha mala pasada e apagouse todo.
Quedou o obradoiro a medias, pero en breves recuperamos a sesión de baile.
LEGO BRICQ #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Aprendizaxe compartida, cousas lindas que ocorren na
biblioteca cando un sabe de algo e quere compartir.
Mecanismos!
RICITOS DE ORO E OS TRES OSOS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Ricitos de Oro e os tres osos é o conto escollido para as vindeiras
tertulias dialóxicas, dentro do Club de Lecturas, o alumnado realiza actividades
relacionadas co entroido e a teatrealización da historia que complementan a lectura.
I RUTA INTERXENERACIONAL "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Este 4 de febreiro, convocada a comunidade educativa e a veciñanza,
tivemos o pracer de aprender paseando e escoitando nun entorno fermoso,
o da praia da Madalena e cun día que nos ofreceu a súa mellor luz.
Rafael López Loureiro e Álvaro Pérez Pérez amosáronnos moito máis do que contábamos ver.
Non era que esas plantas, aves, cunchas ou pisadas non estivesen antes,
é que moitas veces a nosa actitude non nos permite ollar como
se merece o mundo natural que nos arrodea.
Durante o percorrido, Álvaro e Calel foron sementando a ansia por facer medrar
o noso espírito naturalista e medio ambiental. Unha abundante rapazada cos seus
cadernos de campo (ferramenta básica) recolleu nomes científicos
e datos que ilustrou con debuxiños. Un orgullo de pequenas e pequenos naturalistas!
Observamos e fotografamos plantas invasoras, falamos do vendabal e do noroeste, da paisaxe dunar,
dos loureiros, ollamos as dúas primeiras flores do inverno, saudounos unha garza, un bilurico bailón
aledounos co seu incesante movemento e vimos o susto dunha águia peixeira
ás gaivotas que descansaban na ría. Puidemos admirar o eider común que dende
hai cinco anos vén pasar o inverno a Cedeira, unha das marabillas da ría e ollamos
felgos que levan sobrevivindo 33 millóns de anos…falamos da Macaronesia.
De certo aprendemos!
Pero os nosos expertos incidiron en que o máis importante é o respecto e o coidado.
Nun espazo no que convivimos todos habemos permitir que cada un teña o seu lugar
e o seu dereito a vivir, ollando e respectando sempre, sen coller as floriñas que teñen o seu
dereito a vivir ou sen espantar aos animais que descansan na nosa ría durante as súas longas viaxes.
Rafael Lòpez Loureiro, dende o seu blogue “Ao noroeste do noroeste” ten aberta a proposta de adicar
o día 9 de marzo (data do natalicio do Padre Martín Sarmiento) ao naturalismo galego,
proposta á que nos adherimos nós tamén e que habemos celebrar como se merece:
APRENDENDO, NATURALMENTE!
E TI COMO LLE CHAMAS? PROXECTO "Aprendendo, naturalmente!" #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Buscamos das vosas aportacións! Avoas, avós, tíos, madriñas,
tías, padriños, veciña, veciño, papá, mamá, curmá...
Se sabes outro nome polo que corran estas aves e paxaros,
algún dito sobre elas, algún refrán... colle un papel, apunta e
traeno á BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA",
no CEIP NICOLÁS DEL RÍO. Se non podes vir nas redes tamén
podes escribir, contesta no Facebook ou no Twitter da
biblioteca e recolleremos a túa aportación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CUESTIONARIO AVES E DITOS CEDEIRA.pdf | 5.07 MB |
EXPOSICIÓN DÍA DA PAZ #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
CHARLA, SEMENTEIROS E INXERTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Chema do Couzadoiro e Karen Leimdorfer,
da Asociación Lugares Comúns, ensínannos a importancia
de gardar as sementes das nosas hortas, a realizar uninxerto e
convídannos ao próximo intercambio de sementes na nosa vila!
Canto aprendemos!
PATIOS VIVOS #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Unha pequena mostra dos Patios Vivos,
coincidindo coa visita dos nosos socios Erasmus Doris.
O vídeo corresponde a unha semana de temporal na que se fixo case imposible
realizalos fóra, pero a rapazada sempre axuda a resolver este tipo de impedimentos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- …
- seguinte ›
- última »