Skip to main content

Outubro 2020

Indo para o Samaín

Chegamos ao día grande do Samaín no cole e dentro da programación de actividades de hoxe (que a verdade foi un día moi completiño! Guiño), non podía faltar algo relacionado directamente coa biblioteca, os contos e as boas historias! E... qué mellor que un contacontos de Carlos Labraña? Veu contarnos o seu conto Indo para o Samaín editado por Everest Galicia, que fala das celebracions típicas desta data tan especial e de Cedeira!

O alumnado de 2º disfrutou desta obra nas gradas da biblio e, os pequenos e as pequenas de 4 anos aproveitaron o bo tempo para ver a obra no patio!

 

 

  

Contos para pasalo de medo

Por aquí xa andamos en temática de Samaín...  e, neste caso, foi o alumnado de terceiro o que tivo a sorte de asistir a un contacontos financiado a través da biblioteca municipal: Contos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech!

 

 

POESÍA VISUAL - DÍA DAS BIBLIOTECAS

O alumnado de 1º C retrata á nosa mascota e todo o que ela alberga, oferta e comparte na nosa biblioteca.

 

Percebiño agarímanos con moitos recursos que axudan na nosa adocumentación, creatividade e imaxinación.

PREME PARA VER O PROCESO

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Celebramos o día das bibliotecas escolares (24 de outubro) coa creación do novo espazo de cociña na nosa biblioteca creativa que nos permita unha aprendizaxe competencial moi significativa. Realizamos un obradoiro de galletas e decoración inspirado nos cómics. Completamos o traballo coa elaboración das receitas e cómics, abarcando así unha serie de aspectos curriculares importantes de varias áreas: matemáticas, linguas, ciencias... A nosa biblioteca segue crecendo!!!

 

ROTEIRO: MURALLAS DE CEDEIRA - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas

O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) comezan os seus roteiros pola vila,

dentro do seu proxecto polo patrimonio. Cun obxectivo moi importante: ver, coñecer e valorar a nosa vila.

Este primeiro roteiro foi adicado ás murallas de Cedeira.

 

Deixan constancia da súa saída cun pequeno libro de comprobación.

DOCUMENTACIÓN:

Saída, documentación de Rafael Usero e colocación de placas nas portas das murallas (hoxe alumnado que cursa 6º de Educ. Primaria).

 

 

Representando obras

Seguimos traballando con grandes textos de escritoras galegas... neste caso, a aula de 4ºC acudiu á biblioteca na hora de ler para representar "A casa de había unha vez" escrito por Ana María Fernández.

 

 

 

 

DÍA DAS ESCRITORAS

O luns 19 de outubro celebramos o Día das Escritoras na nosa Biblioteca escolar 

 

FUSA GUILLÉN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #DíaDasEscritoras

Os Vagalumes de 1º C subiron ben alto a unha escritora da nosa vila, Fusa Guillén (escritora, dramaturga e unha incansable promotora de cultura).

Tendo como base a exploración do nome e apelido da escritora, o descompuxeron e descobreron e compuxeron outras palabras, que xuntas fixeron poesía.

Tal vez, unha poesía menos rimada ou un tanto absurda. Pero poesía, poesía das verbas, das súas verbas.

Quique Vázquez, puxo a súa voz para narrar palabras de Fusa. un anaco dun conto que leva por nome "A caixa crebacabezas xaponesa".

Quixeron conmemorar este día non só tendo na memoria a Fusa Guillén, senón tamén, facendo arte, escrito e natural. Servíronse dunha laranxeira con máis de 100 anos de historia que está ao pe do Concello de Cedeira.

No alto instalaron as súas poesías, para que voen, para quen desexe lelas, velas ou collelas.

 

Aprendemos cós Bolechas sobre o 112

Hoxe a clase de 2ºA traballou sobre o 112 cós Bolechas nunha das salas da nosa biblio, aproveitando as novas gradas!

 

 

 

E ao rematar... un agasallo xenial: dous libriños para seguir coñecendo sobre o servicio tan importante que da o 112 e cómo empregalo!