![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/AM-JKLUczSjJiz9GThGxOiMPmJrwSS9vMYlXSMHVDphwSmESKfmu6puYDwgZ9-8_nKIFFEND9x-NFAZfPKy5kmE1PkmrZ2mmvzYKCHyli34PgLLBNl7FxoHSH-pAs-DyWRTt95msX_D5-qXj2NGHCzJ45sdfuw=w1000-h332-no?authuser=0)
Ao longo da semana do 23 de marzo celebramos o Día de Rosalía no CEIPP Manuel Sueiro, conmemorando o seu aniversario coa realización de diversas actividades:
- O alumnado traballou a figura de Rosalía de Castro ao longo de toda a semana empregando, fundamentalmente, os recursos facilitados polo EDL do cole e o Seminario Galán. Rematamos a semana elaborando un gran mural alusivo á escritora con toda a información recadada.
- A maioría do alumnado, tamén participou nunha proposta expresiva que este ano consistiu na decoración dunha postal na que figuraba impresa a imaxe de Rosalía. Os nenos e nenas decoraron e escribiron unhas estrofas de Rosalía escollidas por eles mesmos na exposición de libros que o equipo de biblioteca elaborou.
![](https://lh3.googleusercontent.com/pw/AM-JKLXTF4iioxQZ8cY6HKgk3ySIRjIQ73YOhfpay0hV5-HPANmqaUu41wPby2gTHwXh2I-26lcw1QIatx87YumY4NxZsepFet_SLg7nz9FnxkjOd6J0CFfzoEVQeXYQ6osttXG2G6e4XbXwQ2ygtVDCM1zcbw=w1253-h939-no?authuser=0)