Skip to Content

Actualidade

O NOSO XARDÍN DE JUANITA ESTÁ A PIQUES DE CUMPRIR TRES ANOS ...

... e imos celebralo cun grande evento ao que estades convidados/as. Dende este venres, 31 de maio, a Fundación Luís Seoane de A Coruña acolle a exposición “El jardín de Juanita”. Durante un mes poderedes coñecer, en formato póster, as experiencias desenvolvidas nos 7 países implicados en dar voz aos nenos e nenas para axardinar o noso planeta.

   O poder dispor dunha sala nun museo, é un grande recoñecemento ao proxecto e unha chiscadela aos artistas que colaboraron co noso xardín ao longo destes tres cursos: María Mariño, compositora; Javier Rouco, poeta e Rosario Belda, creadora téxtil; tamén Yago Concejo, publicista e pai dun neno do colexio. Todos elxs fixeron as súas aportacións tendo en conta o pensamento dxs nenxs. 

   Ademais a filósofa/pedagoga/escritora Angélica Sátiro, estará na súa inauguración o luns 10 de xuño. E, quen mellor que a creadora do proxecto para explicar o valor do que estivemos a facer ao longo de tres anos?

 

MAR Santiago Arca, maio 2019

SEGUNDA XORNADA DE PATIOS DINÁMICOS

Fixemos a segunda xornada de patios dinámicos da que se encargaron Gloria e Ana. Os xogos escollidos neste caso foron "As Froitas" e "Os Paquetes". Outra vez houbo moita demanda por parte do alumnado que participou activamente. Podedes velo na Galería.

PATIOS DINÁMICOS

Despois dun longo traballo de formación por fin este venres 10 de maio puxemos en práctica a primeira xornada de "Patios Dinámicos" no tempo de recreo. Nesta ocasión encargáronse dos xogos Aurora e Carlos e os xogos escollidos para a primeira xornada foron "Desplumar a galiña" e "Rato, rato, gato". Obxectivos acadados na primeira sesión con grande participación por parte do alumnado. VER GALERÍA.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Premer para ver o noso traballo 

O pasado xoves 16 de maio celebramos con todo o alumnado do centro o Día das Letras Galegas que este ano está dedicado a Antón Fraguas. Puidemos gozar cos bailes do alumnado de 4º e 6º e os poemas recitados, tamén foron entregados os agasallos aos premiados do certame de escritura rápida.

galería de fotos

vídeos

NOVOS CAMIÑOS AO XARDÍN DE JUANITA

“Participación en proxectos e investigación no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións”.

Currículo do segundo ciclo de Educación Infantil. Área: coñecemento do contorno. Bloque 2. Achegamento á natureza. Xunta de Galicia, 2009

   Cando Angélica Sátiro nos propuxo a Rosario Belda e a min crear unha obra colectiva cos nenos e nenas da miña titoría, comezamos axiña xa que tres cursos con criaturas de Educación Infantil non era tanto tempo.

   Queriamos un obxecto que representara a nosa participación no proxecto “El jardín de Juanita” y como a obra máis coñecida desta artista son os mapas téxtiles, pensamos que o producto final debería mostrar o camiño dende o aulario de infantil ata o xardín.

   Ao longo dos tres cursos, tinximos as teas que serviron como soporte á obra con diferentes técnicas (Hapa-Zome, co sol e coa calor), pero o gran reto da nosa colaboración era non perder as bases sobre as que se sustenta a Filosofía Lúdica: a mellora do pensamento.  Para desenvolver habilidades de pensamento nxs nenxs, axudeilles a enfocar a súa mirada en todo o proceso de creación a través do diálogo, facéndolles preguntas que lles orixinaran pensamentos sobre o que estaba a ocorrer e abrindo os ollos á diversidade.

   Ao tempo que Rosario ía cosendo a súa cartografía téxtil, na escola estábamos a crear os nosos propios mapas e a sinalar o camiño que percorremos un día á semana dende outubro de 2016.

 

   Por iso, cando tivemos a obra final na clase para xogar con ela, entendemos a súa visión diferente, mestura de realidade e imaxinación: El mapa de Charo no es normal y corriente, no se ve lo que es, parece que vamos por un camino nuevo. Los dos (mapas) eran difíciles, porque Charo tuvo que pensar para hacer el suyo, pero el nuestro era más fácil porque lo inventamos entre todos. Pensamos y hablamos entre nosotros, así pensamos todas las cabezas y podemos tener muchas ideas”.  

    

   Esta nova obra, que xa consta no curriculum de Rosario Belda …

“2019: El camino al Jardín de Juanita. En colaboración con los niños y niñas de 5 años del CEIP Pardo Bazán de A Coruña”

… poderedes vela, no contexto do proxecto do xardín de Juanita, no mes de Xuño. A Fundación Luís Seoane acollerá a exposición “El jardín de Juanita”, coas experiencias dos 8 países participantes: España, Portugal, Italia, Brasil, Colombia, México, Uruguai e Arxentina .

   A autora do proxecto estará presente na inauguración desta exposición; pero mentres podedes coñecela e ver as bases filosóficas do mapa no blogue de Rosario Belda.

                                                                                                                             MAR Santiago Arca, abril 2019

 

 

Entroido 2019

O Entroido no presente curso foi coa temática de cadros e pintores famosos aproveitando que o Museo do Prado celebra o bicentenario da súa fundación.

Na galería podedes ver o noso traballo. 

 

 

POEMAS PARA ROSALÍA DE CASTRO

“... la poesía es arte, es pintura hecha de palabras, es escultura tallada en frases, es ritmo y música en la conexión de sus ideas. La poesía es teatro, representación de la existencia humana en el escenario de la vida. Y la poesía vence sin humillar porque sólo puede ser lo que es, sin más...”.

Sátiro, A. PASIÓN POR CREAR, PLACER DE ADMIRAR, NECESIDAD DE TRANSFORMAR. Iniciación al arte como herramienta de juego, conocimiento y transformación. MACUF Museo Arte Contemporáneo Unión Fenosa.

En Educación Infantil todos os cursos recitamos poemas de Rosalía de Castro; tamén os ilustramos, creamos obras artísticas baseadas neles, dramatizámolos … Por iso, a piques de finalizar o ciclo precisábamos dar un paso máis. O coñecemento de que Manuel Curros Enríquez escribira un poema para a poeta galega foi o desencadeante: Poderíamos nós?

Fixemos unha lista de palabras que comezaran por cada unha das letras do nome da poeta, pequenas palabras importantes para elxs e para Rosalía segundo deducían da lectura dalgúns dos seus versos: o seu nome é o dunha flor, o sapo e as algas viven nos ríos e nas fontes, os poemas musicados por Amancio Prada semellan óperas, a súa foi unha familia numerosa polo que habería moita roupa que remendar, nos nosos tempos desprazaríase en avión nalgún dos seus cambios de residencia … e sempre recitamos co texto presente.

O resto foi un proceso lento e longo xa que, seguindo a estrutura dos primeiros versos, lemos e relemos o texto ata melloralo.

 

Tamén Dores Tembrás dialogou coa poeta nunha das súas obras e “estaba muy triste porque Rosalía se murió”. Cremos que lle axudaría saber que dela quedan os seus poemas e tentamos dicirlle o moito que nos gustan dándolle forma aos nosos pensamentos:

Non fai falta dicir que, dende que o curso pasado soubemos que Mª Victoria Moreno traballaba de tradutora, témolos aprendidos en lingua galega. E agora, co desexo de “editar” ese libriño do que lle falamos a Rosalía de Castro, ocupamos todos os días un tempo a crear os nosos poemas.

MAR Santiago Arca, marzo 2019


 

DÍA DE ROSALÍA 2019

O pasado luns día 25 de febreiro celebramos o "DÍA DE ROSALÍA" no  noso centro coa presenza de todo o alumnado na sala de usos múltiples do edificio de infantíl.

Houbo lectura de poemas e contamos coa actuación estelar de ROSA CEDRÓN. Foi un acto moi bonito e emocionante, na galería e nos vídeos tedes unha mostra. NEGRA SOMBRA: https://vimeo.com/321062786

 

Retos resoltos

Durante estes meses os nenos/as de 5º e 6º estiveron resolvendo varios retos que implicaron a utilización de distintos sensores e actuadores.

No mes de decembro utilizaron o sensor de temperatura que xa coñecían e aprenderon a programar e utilizar o motor servo. O reto que se lles expuso foi elaborar u termómetro que servise para detectar a temperatura (sendor de temperatura) e que, ademais de apreceer na pantalla do ordenador, tamén se puidese consultar nunha representación física (cartolina e motor servo). Neste vídeo nenos/as de 5º de E.P. explican o seu traballo.

 No mes de xaneiro estivemos lembrando algún dos actuadores que posúe o mBot e o sensor sigueliñas. Propúxose un reto con dúas partes que tiña que resolverse en equipo. Tiña que desprazarse unha distancia cara adiante de 20cm. reproducir unha nota musical, acender os leds, para logo retroceder 0,25m., reproducir outra nota e acender e apagar de novo os leds. Primeiro tiñan que resolver o problema sen utilizar o sensor sigueliñas e logo utilizando o sensor. Neste vídeo está  segunda parte resolta por parte dun grupo de 6º de E.P.

 Bo traballo!

O EMILIA CONSTRUINDO CIENCIA

Distribuir contido


by Dr. Radut