NOVOS CAMIÑOS AO XARDÍN DE JUANITA

“Participación en proxectos e investigación no medio natural, expresando as actividades realizadas e os resultados obtidos mediante diferentes representacións”.

Currículo do segundo ciclo de Educación Infantil. Área: coñecemento do contorno. Bloque 2. Achegamento á natureza. Xunta de Galicia, 2009

   Cando Angélica Sátiro nos propuxo a Rosario Belda e a min crear unha obra colectiva cos nenos e nenas da miña titoría, comezamos axiña xa que tres cursos con criaturas de Educación Infantil non era tanto tempo.

   Queriamos un obxecto que representara a nosa participación no proxecto “El jardín de Juanita” y como a obra máis coñecida desta artista son os mapas téxtiles, pensamos que o producto final debería mostrar o camiño dende o aulario de infantil ata o xardín.

   Ao longo dos tres cursos, tinximos as teas que serviron como soporte á obra con diferentes técnicas (Hapa-Zome, co sol e coa calor), pero o gran reto da nosa colaboración era non perder as bases sobre as que se sustenta a Filosofía Lúdica: a mellora do pensamento.  Para desenvolver habilidades de pensamento nxs nenxs, axudeilles a enfocar a súa mirada en todo o proceso de creación a través do diálogo, facéndolles preguntas que lles orixinaran pensamentos sobre o que estaba a ocorrer e abrindo os ollos á diversidade.

   Ao tempo que Rosario ía cosendo a súa cartografía téxtil, na escola estábamos a crear os nosos propios mapas e a sinalar o camiño que percorremos un día á semana dende outubro de 2016.

 

   Por iso, cando tivemos a obra final na clase para xogar con ela, entendemos a súa visión diferente, mestura de realidade e imaxinación: El mapa de Charo no es normal y corriente, no se ve lo que es, parece que vamos por un camino nuevo. Los dos (mapas) eran difíciles, porque Charo tuvo que pensar para hacer el suyo, pero el nuestro era más fácil porque lo inventamos entre todos. Pensamos y hablamos entre nosotros, así pensamos todas las cabezas y podemos tener muchas ideas”.  

    

   Esta nova obra, que xa consta no curriculum de Rosario Belda …

“2019: El camino al Jardín de Juanita. En colaboración con los niños y niñas de 5 años del CEIP Pardo Bazán de A Coruña”

… poderedes vela, no contexto do proxecto do xardín de Juanita, no mes de Xuño. A Fundación Luís Seoane acollerá a exposición “El jardín de Juanita”, coas experiencias dos 8 países participantes: España, Portugal, Italia, Brasil, Colombia, México, Uruguai e Arxentina .

   A autora do proxecto estará presente na inauguración desta exposición; pero mentres podedes coñecela e ver as bases filosóficas do mapa no blogue de Rosario Belda.

                                                                                                                             MAR Santiago Arca, abril 2019