Skip to Content

Actualidade

SOLIDARIDADE VECIÑAL

Queremos facernos eco dunha carta aos veciños atopada no noso barrio. Apareceu unha nota como a que se ve na foto e parécenos unha boa iniciativa solidaria para os tempos que vivimos e por iso a damos a coñecer na nosa web, para darlle difusión. Noraboa á xente que o organizou, o feito de compartir con quen ten dificultades fai da nosa unha sociedade mellor.

INICIATIVAS DE AYUDA EN ACCIÓN ABERTAS A TODOS

Desde Ayuda en Acción fannos chegar duas iniciativas moi interesantes:

A primeira ven desde a Plataforma de Organización da Infancia e consiste en que queren recoller as inquietudes dos nenos, nenas e adolescentes sobre o COVID-19 e o confinamento na casa, para facerllas chegar ás autoridades. Coa información obtida, realizarase un documento coas preguntas e respostas achegadas e trasladaráselle aos participantes. Precisa un correo electrónico de resposta que terá que ser dos vosos maiores.

podedes acceder na imaxe.

 

A segunda iniciativa ven dende a Campaña Mundial pola Educación, lanzan a campaña #LaMejorLeccion, na que te invitamos a facer esta reflexión: Cal é #LaMejorLeccion que estás aprendendo nesta crise? Para iso, fan a seguinte proposta para profesores, estudantes e calquera que queira contribuír coas súas leccións. 

  • REFLEXIONAR: reflicte o que estás aprendendo nestes días limitados sobre educación; Como te sentes e como pensas que a educación pode axudarnos a saír desta crise máis forte? 
  • ESCRIBIR: escribe a túa lección no formato que desexes (páxina en branco, ou imitando este modelo no que podes inspirarte).
  • COMPARTIR: compartir a túa lección a través de RRSS, ben cunha foto de ti mesmo coa túa lección escrita, ou a través dunha foto, vídeo ou mensaxe. Non esquezas usar o hashtag #LaMejorLeccion. Aquí podes atopar algúns exemplos de inspiración.

AULAS GALEGAS NOVO RECURSO EDUCATIVO

Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores sen ánimo de lucro que pensan que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 deben ofrecerlle unha axuda educativa á sociedade. Nace para axudar ó alumnado, ás familias e ó resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. Preme na imaxe para visitala.


EDUCACIÓN INFANTIL NA CASA


 

Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020

Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.

NOVAS INSTRUCCIÓNS

 

Suspensión matrícula oposicións e procesos de admisión

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

 

  • O acceso ao colexio neste período estará restrinxido. 

  • TAREFAS. O profesorado publicará na web do colexio as tarefas e recomendacións para o alumnado. 

  • E-DIXGAL. O alumnado de 5º e 6º de primaria seguirá recibindo tarefas e actividades a través da axenda e-dixgal.

  • Calquera novedade será publicada nesta web ou comunicada co servizo de abalar móbil aos que rogamos que prestedes atención.

Información sobre o coronavirus

Información remitida pola consellería de educación:

 

INFORMACIÓN DO SERGAS

RECOMENDACIÓNS DA CONSELLERÍA DE SANIDADE

PORTAL DAS FAMILIAS

DÍA DA MULLER TRABALLADORA 2020

Precioso vídeo que ten como protagonista ao alumnado de educación infantil para celebrar o "Día da Muller Traballadora"

Día da paz 2020

Para conmemorar o día da Paz, este ano sumámonos á convocatoria do CEIP Raquel Camacho e fixemos unha cadea humana no Paseo Marítimo baixo o lema "Xuntos pola paz e a diversidade"

No noso centro baixamos ata o Millenium acompañados do "noso amigo maior".

Máis tarde, cando regresamos ao Centro, fixemos unha figura que representa a paz, sempre acompañados dos maiores e cantamos : "Vivan as mans de cores" do grupo Happening e unha adaptación ao galego de "Imagine" de John Lenon

Distribuir contido


by Dr. Radut