Skip to Content

Actualidade

ENKI

 

E XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA!!!

"Os piratas do Emilia" xa estamos preparados para a nosa prticipación en ENKI carreira pola integración, o vindeiro sábado 19 de outubro, e seremos máis de 220.

Quedaramos na Praza de Azcárraga ás 16:00 para ir todos xuntos e tentaremos "ensaiar" algúns gritos de guerra para animar a carreira, tamén facer algunha fotografía.

A vestimenta de Piratas é libre pero, para "uniformarnos" levaremos todos un pano laranxa na cabeza.

Avisade a todos os que saibades qeu se inscribiron neste equipo do colexio. Neste link está toda a información: http://www.enkiproyecto.com/eventos/galicia-2019.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN

 

 

ENKI

Este ano a comunidade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán, contará cunha ampla representación nesta carreira solidaria que ten moito que ver co noso espírito cooperativo, solidario e comprometido na integración da diversidade.

 

Seremos “Os Piratas do Emilia”, aínda estás a tempo de acompañarnos, só tedes que botar unha ollada aquí 

 

UNHA NOVA PROMOCIÓN NO XARDÍN DE JUANITA

   A primeira promoción de Educación Infantil vinculada ao proxecto “El jardín de Juanita”, xa está en E. Primaria.

   O pasado 10 de xuño contábanlle á creadora do proxecto, Angélica Sátiro, como foran quen de crear accións medio ambientais neste espazo do colexio: “La primera vez que lo vimos estaba todo lleno de tierra; no había flores, parecía un poco de desierto con cosas tiradas. Lo teníamos que plantar nosotros, y … cuanto más crecían las flores, más crecíamos nosotros. No al mismo tiempo, pero un poquito todos”.

   Falaban tamén do seu desexo de seguir colaborando no proxecto polo que tentaremos de que, dalgún xeito, as súas suxestións podan ser unha realidade durante o tempo do recreo.

   Na páxina do xardín (https://www.facebook.com/eljardindejuanita/) narraremos o desenvolvemento dos pensamentos da nova promoción. Pero para entender que non se trata de facer xardinería senón de darlle ás infancias a oportunidade de crear as súas propias accións, nada mellor que un resumo do que fixeron na promoción anterior e que foi explicado na inauguración da exposición “El jardín de Juanita” e na presentación do libro “Ciudadanía creativa” na Fundación Luís Seoane a finais do curso pasado.

   El jardín de Juanita na Fundación  Luis Seoane:

http://www.crtvg.es/rg/destacados/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-10-06-2019-4135942?t=1&fbclid=IwAR16HPmzcX_o9tNEqVVb6UIleNeW_p1kWlBOGJ6W9B_ZuVdQ8OYJQ25ox18

 

MAR Santiago Arca, setembro 2019

 

FIN

AMIGOS PARA SEMPRE

Despois de dous anos xuntos toca a despedida, os nosos amigos maiores marchan para o instituto e nos quedamos, un pouco máis soiños sen eles.

Foron dous anos nos que o pasamos moi ben traballando xuntos, aprendemos moitas cousas deles e sempre nos recordaremos de “o noso amigo maior”.

Como as despedidas son tristes e nos non queríamos que fose así, preparemos obra de teatro na que se facía referencia a como traballábamos no proxecto e tamén, servía de agradecemento e despedida aos maiores do centro.

Así, como dicía o título, sentímonos e seremos: AMIGOS PARA SEMPRE.

anterior

todas as fotos

Compartimos os traballos!

O alumnado de 5º e 6º de E.P. compartiu os traballos que elaborou durante o curso con diferentes clases de Educación Infantil e Primaria. Deseñaron os seus xogos e actividades pensando nas idades dos nenos/as con obxectivos diferentes como o repaso de contidos de matemáticas, lingua, ciencias sociais ou para divertirse.

Nestas sesións tamén puideron ensinar algúns dos obxectos que imprimiron tras facer o deseño en 3D.

Deste xeito o venres 14 de xuño acudiu á biblioLab un grupo de 6º de E.I. na que alumnos/as de 5ºC e 5ºA presentaron os proxectos:

  • Animais á meta
  • Miniciudad Playmobil
  • Consulta con el robot
  • Musicalización
  • El zoo
  • Robot sumo
  • Figuras
  • Musicaly

O luns 17 de xuño os outros grupos de 6º de E.I. divertíronse cos traballos que presentou o alumnado de 5ºC, 6ºB e 6ºC:

  • Aprendiendo con GIKA
  • Aprendiendo jugando
  • Abecedario creapalabras mBot
  • Mano robótica
  • Abecedario
  • Reciclaje

A biblioLab volveu a acoller o martes 18 de xuño aos grupos de 5ºB, 6ºB e 6ºC que presentaron os seus traballos a dous grupos de 3º E.P.

  • Campo matemático
  • Carrera matemática
  • Tablero interactivo
  • Parchís

A semana de robótica finalizou o mércores 19 de xuño na que os grupos de 5ºA, 5ºC, 6ºB e 6ºC compartiron cun grupo de 2º e outro de 5º de E.P. os traballos que elaboraron:

  • Ciudad piniplay
  • La aventura de la serpiente
  • Niño inteligente
  • Reciclador
  • Xogo de preguntas
  • Preguntados
  • CVMI

No seguinte vídeo están algúns dos momentos destas xornadas, agradecemos a todos os alumnos/as que participaron nestas actividades.

Traballos de 6º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 6º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

6ºA

 


 

6ºB

 


 

6ºC

 

Parabéns!

Traballos de 5º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 5º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

5ºA

 


 

5ºB


 

5ºC

Parabéns!

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 6º

O alumnado de sexto disfruta duns días de actividades no albergue de ecoturismo de Alvarella no concello de Vilarmaior podedes seguir o día a día na seguinte galería

No primeiro día xa foron a visitar as Fragas do Eume e o mosteiro de Caaveiro.

Xa están as fotos do segundo día na galería. As actividades do día foron visita á granxa, obradoiro de pan, pintado de camisetas, piscina,  e  velada.

Novas imáxenes na galería do último día coa visita ao Castelo de Andrade.

O CREBANOCES

Primeiras fotos da espectácular adaptación de teatro, música e danza da obra de tchaikovsky "O Crebanoces". Recibiron unha enchenta de felicitacións todas as persoas participantes. Noraboa polo traballo. Na galería tedes unha mostra.

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

XOVES DÍA 6 DE XUÑO: SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel

LARANXA por refachos de vento superiores a 100km/h, que comezará mañá, xoves día 06.06.2019 ás

12.00 horas e prolongarase ata as 20:00 horas. Este adverso afectará ás zonas de predición

meteorolóxica da totalidade da provincia da Coruña, e da totalidade da provincia de Pontevedra.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas

de predición meteorolóxica afectadas.

2. A autoridade educativa comunicará esta incidencia ás direccións dos centros escolares afectados,

solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimento dos partes meteorolóxicos durante

a xornada na que se desenvolverá este adverso.

3. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro, supuxesen un

risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar

as decisións oportunas respecto da suspensión das actividades extraescolares.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web

da AEMET (http://www.aemet.es/es/eltiempo/prediccion/avisos?w=mna&k=gal )

 

POR ESTES MOTIVOS QUEDA SUSPENDIDA A VIAXE PREVISTA PARA MAÑÁ XOVES PARA O

ALUMNADO DE 2ºA/2ºB DE EDUCACIÓN PRIMARIA AO VENTOSO.

 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut