ENKI

 

E XA ESTÁ CHEGANDO O DÍA!!!

"Os piratas do Emilia" xa estamos preparados para a nosa prticipación en ENKI carreira pola integración, o vindeiro sábado 19 de outubro, e seremos máis de 220.

Quedaramos na Praza de Azcárraga ás 16:00 para ir todos xuntos e tentaremos "ensaiar" algúns gritos de guerra para animar a carreira, tamén facer algunha fotografía.

A vestimenta de Piratas é libre pero, para "uniformarnos" levaremos todos un pano laranxa na cabeza.

Avisade a todos os que saibades qeu se inscribiron neste equipo do colexio. Neste link está toda a información: http://www.enkiproyecto.com/eventos/galicia-2019.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN