Lecturas recomendadas para o Nadal

Deixámosvos por aquí un tríptico de lecturas recomendadas para ler este Nadal. Non hai nada mellor que pasar o frío coa mantiña e cun libro cheo de aventuras!

PULSA AQUÍ PARA DESCARGAR O PDF

 

Pulcinella no Auditorio de Galicia

Este xoves os nenos e nenas de 1º de EP asistiron á obra musical de Pulcinella no Auditorio de Galicia. Que ben o pasamos! A obra falaba dun comediante que desexaba convertirse no novo Pulcinella para amosar o seu talento nas festas do entroido en Nápoles, e da súa amiga Colombina que desexaba liberarse das ataduras de vivir en palacio e traballar como sirivienta, xa que quería fundar, co seu talento para a danza,a comedia e os negocios, unha compañía de teatro de comedia. 

Unha máscara roubada, unha rapaza con grandes soños de liberdade, e a Real Filharmonía de Galicia poñendo a banda sonora de esta historia tan divertida.

 

 

E ata tivemos a sorte de saudar aos artistas!

Taller de pócemas para #bibliotecascreativas

A semana pasada rematamos os nosos talleres de pócemas decorativas, impartido pola responsable da biblioteca, cos nenos e nenas gañadores do reto dos enigmas do samaín, pero para aqueles e aquelas que tedes ilusión por aprender tamén como fabricar estas pócemas, deixámosvos un sinxelo tutorial do paso a paso no blogue: PULSA AQUÍ

 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

No que levamos de ano, xa van 51 mulleres asasinadas! Cómpre reflexionar e pensar que hai moitas cousas que deben cambiar na nosa sociedade. No noso centro fixéronse actividades moi variadas, adaptadas a cada nivel e entre elas destacamos a visualización de vídeos, lectura de contos, traballo con cancións... Todas as clases colaboraron na decoración dos corredores e portas das aulas, sendo partícipes da importancia de reivindicar este día.

Ademais, as titorías de 4º, 5º e 6º de E.Primaria sumáronse á campaña posta en marcha polo Concello de Arzúa polo 25 de novembro. Baixo o lema xenérico “Acabouse!”, a campaña ten como fío condutor diferentes citas que podemos achar en famosas series, películas e contos, convidando a reflexionar sobre as violencias machistas que representan e que habitualmente normalizamos.

Esta é unha mostra do traballo que se está facendo nas distintas titorías do centro.

Traballos das nenas e nenos da aula de 3 anos-A:

  

Traballos do alumnado de 3ºB:

Cartel das nenas e nenos de 2ºB:

 

Mural do alumnado de 4º A:

Mural do alumnado de 4ºB:

 

  

Mural do alumnado de 5ºA:

DÍA DA INFANCIA

 

Cada 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia, unha data para reivindicar a importancia de protexer os dereitos de todos os nenos e as nenas e unha ocasión para impulsar accións que permitan seguir construindo un futuro mellor.

Este día recorda que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación ou á protección, independentemente do lugar do mundo no que naceron.

Para traballar e reflexionar sobre a importancia desta data traballamos co libro “YO SERÉ TRES MIL MILLONES DE NIÑOS” deAllain Serres – Judith Gueyfier onde, con diferentes contos, se mostra a realidade de moitos nenos e nenas, que carecen destes dereitos.

Cada nivel traballou un conto, reflexionou sobre as carencias que aínda hoxe en día sofren moitos nenos e nenas de todo o mundo, e plasmouno nun debuxo nunha cometa.

Ademais, o Departamento de Cultura do Concello de Arzúa convidounos, un ano máis, a gozar duns espectáculos para celebrar esta data con todos os nenos e nenas do colexio.

O luns, 13 de novembro os cativos e cativas de Educación Infantil desfrutaron do espectáculo “Soñando Inventei” de maría Faltri e Jorge Juncal.

 

 

 

 

O martes, 14 de novembro os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de EP desfrutaron do concerto “Bravas. O rexurdir da luz” de A Gramola Gominola.

 

 

 

O mércores, 15 de novembro os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º de EP desfrutaron do concerot de Femininoplural.

 Traballos realizados polas distintas titorías:

VISITA AO MUNCYT (ALUMNADO DE 3° A e 3° B)

O pasado martes, 21 de novembro o alumnado de 3° A e 3° B visitou o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía situado na cidade da Coruña.

O MUNCYT é un museo que conta cun programa de actividades deseñadas para achegar aos escolares algúns aspectos das diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas a través da colección do museo.

Ao chegar, realizamos un taller de electricidade onde construimos circuitos eléctricos.

Logo, realizamos unha visita guiada polo museo onde puidemos ver expostos diversos obxectos e instrumentos que nos permitiron descubrir e comprender o progreso científico e tecnolóxico ao longo destes anos.

ESTREA DO DOCUMENTAL "ELÍAS VALIÑO. O INVENTOR DAS FRECHAS AMARELAS".

O pasado venres, 10 de novembro o Concello de Arzúa invitou ao alumnado de 6º de EP á estrea do documental titulado "Elías Valiña. O inventor das frechas amarelas".

E alí estivemos encantados e encantadas de compartir a experiencia con outros centros.

Despois de ver o documental participamos nun concurso de preguntas sobre el e gañamos un paquete de postais con fotografías auténticas do propio Elías Valiño.

 

 

CESTO SOLIDARIO

 

O CEIP de Arzúa está a colaborar nunha iniciativa solidaria.

Como parte do noso compromiso coa comunidade e a educación en valores, estamos organizando unha recollida solidaria de alimentos que beneficiará ás familias necesitadas da contorna. Cremos que esta actividade non só brindará unha valiosa lección de empatía aos nosos estudantes, senón que tamén terá un impacto positivo nas vidas de quen máis o necesitan.

A recollida é os días luns 13 e martes 14 no centro. Invitamos a todas as familias a colaborar nesta causa, traendo alimentos non perecedoiros, como arroz, pasta, conservas, legumes, leite en po e produtos de hixiene persoal (desodorizante, xabóns, xeis...).

 

Moitas grazas pola vosa atención e compromiso. 

ERICA GONZÁLEZ VISITA O NOSO CENTRO

Unha das actividades organizadas con motivo do Día das bibliotecas é esta sesión de animación á lectura, que hoxe desfrutaron todos os nenos e nenas do noso colexio.

Erica González, a contacontos e actriz que nos visitou, preparounos un espectáculo que leva por nome "A volta ao día en 80 mundos". Inspirándose na famosa obra de Julio Verne, Erica achegounos aos distintos continentes e falounos de moitos países, das súas culturas, curiosidades... e, polo medio, contounos algún conto destes lugares. Así, por exemplo, con "Pepita Sarmiento" aprendemos que cando queres a alguén hai que darlle ás para voar, razóns para entender e motivos para quedarse; con "Moussa soña" caímos na conta de que para soñar é moi importante xogar, pero hai nenos e nenas no mundo que deixaron de facelo porque só traballan e xa non soñan con nada fai tempo.

Estas fotos forman parte dalgúns dos catro pases que se fixeron para que todo o alumnado do centro puidera participar nesta actividade. 

  

  

  

  

Grazas Erica por deixarnos "viaxar" hoxe contigo e recordarnos que o idioma universal é o sorriso. 

 

MAGOSTO

“Por San Martiño faise o Magosto, con castañas asadas e viño ou mosto”.

 

O MAGOSTO é unha festa tradicional na que os veciños e veciñas preparaban unha fogueira para asar castañas, compartilas e festexar esa noite.

Nós tamén celebramos o noso Magosto con castañas asadas e chocolatada.

Aínda que o tempo non permitiu desfrutar dos xogos tradicionais, degustamos as castañas e o chocolate ben quente cos nosos compañeiros e compañeiras.

Powered by Drupal - Design by artinet