DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

Para conmemorar o Día Mundial do Medioambiente cada nivel realizou unha flor de papeis reciclados.

A súa folla era a bandeira que representaba as diferentes nacionalidades de alumnado e profesorado do colexio.

Deste xeito, celebramos a diversidade, a natureza, as marabillas do mundo e a importancia de coidar a nosa terra.

                            

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS NA BIBLIOTECA ROSALÍA DE CASTRO DE ARZÚA

O espectáculo que leva por nome "De Castro a Villalta", da compañía A Xanela do Maxín, pretende poñer en valor o legado de seis mulleres excepcionais homenaxeadas nas Letras Galegas, dende Rosalía de Castro a Luísa Villalta. Mulleres que deixaron unha pegada imborrable na literatura e no teatro galegos e que destacaron pola súa creatividade, compromiso e contribución á nosa rica cultura. 

Empezamos pois con Rosalía de Castro e seguimos con Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Victoria Moreno, Xela Arias, para rematar, como non podía ser doutro xeito, con Luísa Villalta. 

O espectáculo estivo xenial e a posta en escena foi moi orixinal, ao incluír hologramas. Pareceunos unha forma moi didáctica de mostrar a vida e obra das mulleres que foron homenaxeadas o Día das Letras Galegas. 

  

  

 

 

CURSO DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE A DIVERSIDADE SEXUAL

 

 

Durante a semana do 21 ao 24 de maio, o CEIP de Arzúa organizou un curso de sensibilización sobre a diversidade sexual, impartido polo Educador Social Ález Raposo González.

O obxectivo principal deste curso foi promover o respeto e a comprensión da diversidade sexual entre o alumnado, a través de actividades dinámicas e adaptadas a cada nivel educativo.

A semana culminou coa creación dun mural inclusivo de todo o centro, que reflicte o traballo conxunto realizado polo alumnado.

 

O curso contou con diversas charlas e talleres interactivos que explicaron conceptos clave sobre a diversidade sexual, dunha forma accesible e comprensible para os nenos e nenas. A través de recursos multimedia, xogos didácticos e dinámicas grupais, asegurouse que a aprendizaxe fora tanto participativa como significativa, incentivando a participación activa dos estudantes.

LETRAS GALEGAS_2024

Despois dunha semana, na que se realizaron moitas actividades no noso colexio para conmemorar as Letras Galegas, hoxe colocamos o mural colectivo, no que se reflicte o traballo feito nas distintas titorías do centro. 

Este ano, como non podía ser doutro xeito, o noso mural está dedicado a Luísa Villalta. Como na súa vida estivo moi presente a música, decidimos colocar a información relativa a súa biografía sobre uns pentagramas e rodeámolos das portadas dalgúns dos seus libros e despois puxemos uns debuxos que todas e todos relacionamos con esta escritora.

Na planta de arriba, fixemos un mural, no que aparece o debuxo realizado por un dos membros do colectivo "Polo Correo do Vento" e, ao lado, unhas caricaturas de Luísa Villata que preparou o alumnado de 4º, 5º e 6º E.Primaria que asistiu a esta actividade. 

 

As nenas e nenos de 4º E.Primaria fixeron un libro de lapelas sobre Luísa Villalta que recolle un pequeno resumo da súa biografía:

  

 

Este é o mural que realizou o alumnado de 2ºB:

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2024-2025

 BENEFICIARIOS

ALUMNADO QUE O VINDEIRO CURSO 2024-2025 CURSE DE1º A 6º DE PRIMARIA

 FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:

alumnado matriculado en 3º e 4º de Primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO:

alumnado matriculado en 1º e 2º de Primaria.

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR:

alumnado matriculado en educación Primaria.

O alumnado de 5º e 6º (E_Dixgal) está pendente da participación no fondo solidario de libros de texto pero PODERÁ SOLICITAR A AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR cando reúnan os requisitos establecidos na Orde.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Do 21 de Maio ao 21 de Xuño

ORDE do 07 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

ANEXO I (Solicitude)

ANEXO II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

Podes descargar os Anexos  aquí:

Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase xustificar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

- Certificado ou volante de convivencia.

- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por uórgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

IMPORTANTE:

TODAS AS SOLICITUDES DEBERÁN ESTAR DEBIDAMENTE ASINADAS PARA QUE TEÑAN VALIDEZ.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros a través da: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

RAQUEL QUEIZÁS "A ORIXE"

O pasado mércores, 15 de maio tivemos a sorte de asistir ao espectáculo “A Orixe” de Raquel Queizás.

Levouse a cabo dentro da programación da Semana das Letras Galegas e tivo lugar no salón de actos con dous pases: o primeiro para o alumnado de 1º, 2º e 3º de EP e o segundo para o alumnado de Educación Infantil.

A ORIXE  é un espectáculo de narración oral, manipulación de obxectos e monicreques.

Unha exploradora chega ao colexio co afán de compartir as narracións escoitadas nas súas expedicións ao longo do mundo.

Este espectáculo é unha recolleita de lendas, mitos e contos de tradición oral de diferentes culturas do mundo.

 EDUCACIÓN PRIMARIA:

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

 

“Contade o que sabían os antigos para que non desapareza…”.

OBRADOIROS DE REGUEIFAS NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este xoves, 16 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de E.Primaria participou nun obradoiro de regueifas impartido polo grupo "Erre que Erre". 

Da man de dous monitores, Lorena e Antonio, as nenas e nenos destes cursos aprenderon  primeiro a música das regueifas, despois como comezar a improvisar as rimas; e, por último, aplicando a técnica do "leixaprén", como enlazar unhas regueifas con outras. 

Estes diálogos cantados e improvisados, nos que a ironía e o bo humor son os reis da rima, fixeron as delicias das alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de EP. Ao final do obradoiro, cada grupo, ao berro da palabra "bomba", facía calar ao resto para cantar en alto a regueifa que acababan de inventar. Pasaron un rato moi agradable e desfrutaron un montón con esta actividade á que temos que darlle continuidade pola boa acollida que tivo. 

Obradoiro con 4ºA e 4ºB:

   

Obradoiro en 5º A:

   

Obradoiro en 6ºA:

  

 

POLO CORREO DO VENTO VISITA O NOSO CENTRO PARA FACER UN PERCORRIDO POLA BIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA

Esta semana, no noso centro, celebramos as Letras Galegas e, para comezar, nada mellor que recibir ao colectivo "Polo Correo do Vento" que nos contou cousiñas da escritora homenaxeada este ano; Luísa Villalta.

Mentres Enrique nos relataba a biografía da escritora, Carlos Taboada debuxaba un mural no que ía aparecendo unha caricatura de Luísa Villalta acompañada daqueles elementos que o seu compañeiro relataba.

    

 

Polo medio, Robertiño púxolle música a algúns poemas; entre eles, un de Manuel María, no que todas e todos cantamos o retrouso. 

Para rematar, coa axuda das indicacións do ilustrador deste colectivo, todas as nenas e nenos fixeron a súa propia caricatura de Luísa Villalta acompañada dun pequeno caligrama. 

Grazas a esta xentiña por facernos pasar un momento tan agradable ao profesorado e ao alumnado!!

XOGARZÚA 2024

Atención familias de Arzúa! 

Xa coñecedes o Programa de Conciliación Xogarzúa 2024? Este ano, o noso programa ven cargado de novidades e actividades educativas que promoven o ecoloxismo, a igualdade e o anticapacitismo. Un espazo onde os vosos fillos e fillas poderán aprender e divertirse mentres garantimos a conciliación familiar.

Este programa non é só un espazo de coidado, é unha experiencia de aprendizaxe integral para as nosas nenas e nenos, deseñado para ser totalmente inclusivo e accesible para todos.

Prazas limitadas. Inscríbete antes do peche da convocatoria.
Máis información: CIM de Arzúa // 981 501 101

Podedes descargar os documentos de inscrición e consultar as bases na nosa web arzua.gal.

Xogarzúa 2024.jpeg

E elas... Onde están? - Visita ao Museo de Belas Artes

Este martes 7 de maio, dende a materia de Ed. Plástica e visual, o alumnado de 5º e 6º visitou o Museo de Belas Artes de Coruña para coñecer o programa do museo que leva por título " Y ellas... ¿dónde están?", unha exposición na que amosan aos nenos e nenas curiosidades e datos importantes sobre diferentes mulleres que protagonizan os cadros expostos no museo: a vida que levaban as raíñas, as galegas fortes de Sotomayor, o impactante contrato laboral que tiñan que firmar as mestras no século XIX...

E logo, para aproveitar o bo tempo, disfrutamos da comida na praia do Orzán. 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet