NADAL 17

Xa chegou o gran día, o 21 de Decembro!!!

Todo listo para empezar grazas a labor de moitas persoas da Comunidade Educativa, que puexron moito interese nel.

Pola mañá a primeira hora, recibimos a visita de duas personaxes moi tradicionais nestas datas, o Apalpador e Papa Noel

En Infantil... 

 

 

En Primaria...

 

 

 Xa avanzada a mañá toca subir ao salón de actos para levar a cabo todas as actuacións programadas para este día tan especial, dende os máis pequeniños /as  ata os non tan pequeniños/as...

 

 

 

 

Para rematar tivemos a visita dos  Reis Magos de Oriente...

 

 

 

Pero sen esquecer que dentro du  rato temos un xantar especial no comedor ao que todos e todas estamos invitados!!!! 

ODAIKO PERCUSIÓN

O dia 20 de decembro 4º , 5º e 6º de EP asistimos aun concerto do grupo ODAIKO na casa da cultura, organizado polo Concello para o día da infancia..

NADAL SOLIDARIO 17

SORTEO CESTA NAVIDEÑA_ EXCURSIÓN SEXTO DE PRIMARIA A LONDRES

Realizado o sorteo na Biblioteca do centro na presenza de varios asistentes, mestres/as, pais/nais, nenos e nenas , correspóndelle a cesta ao poseedor da rifa co número 1029

TALLER DE ORATORIA

Os nenos e nenas de sexto B, unha vez rematados as probas de avaliación, comenzamos a traballar no TALLER DE ORATORIA para mellorar a calidade das presentacións diante dun auditorio, un público...

Preme na imaxe para ver o noso blogue

 

 

ACTIVIDADES DE RECICLAXE

A Asociación Tapóns para Püssa é unha organización sen ánimo de lucro creada co obxectivo de contribuír á reciclaxe de tapas e tapas de plástico, a sensibilización sobre a importancia da reciclaxe e o apoio, axudando aos máis pequenos e colaborando con outras asociacións ou persoas. recollendo e entregando tapóns. A Asociación Tapóns de Püssa nace coa finalidade de contribuír e apoiar a nenos que se atopan en situación de sufrimento e exclusión social en Galicia.

 

25 ANIVERSARIO DO COLEXIO

Mañá dia 3 de decembro o noso colexio esta de aniversario, 25 anos nada menos!!!

Por iso o luns estaremos de celebracións dende as 11 da mañá ata as 5 da tarde, pasando por grupos en distintos talleres organizados para esta festa: colchonetas, maquillaxe, chapas...

Soplaremos a tarta despois de dgustar un menú sorpresa ao que todos e todas, nenos e nenas, mestres e mestras,  están invitados.

Pola tarde teremos unha actuación musical organizada polo Concello para este evento.

O noso cole cambiou moito dende aquela, un antes e un despois dese 3 de decembro de 1992, cando Manuel Fraga Iribarne pasou polo centro para ignauguralo.

 

 

UN DÍA AGOTADOR PERO VALEU A PENA!!!! 

 

DOODLE ART

 
 
25 NOVEMBRO- DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 6º A e B, na clase de Arts & Crafts (Plástica en Inglés) realizou o mural coa técnica Doodle Art en contra da violencia de xénero STOP VIOLENCE AGAINST WOMEN.
 



 
Detalles do traballo


 

 

DÍA DO NENO/A 2017

DÍA DO NENO/A

 

O 20 de novembro é un día moi importante para a infancia, conmemórase o Día Mundial do Neno/a.

 

Os alumnos/as de 6º A traballaron moito elaborando este mural que nos recorda os dereitos de todos os nenos e nenas do mundo. Noraboa!

 

 Ademais, para celebrar este día tan especial para nós, todo o alumnado realizou unha actividade común que podedes ver nestoutro mural.

 

O noso pallaso amósanos xogando coas súas caixas moitos dos nosos dereitos: educación, igualdade, atención, protección, nacionalidade, amizade, alimentación, vivenda, amor, familia, comprensión, mome ou tempo de recreo.

 

Feliz Día da Infancia!

MAGOSTO

MAGOSTO

 

                                          

 

O venres, 3 de novembro celebramos no colexio unha das nosas festas favoritas, o MAGOSTO.

 

O día comezou cun montón de xogos tradicionais moi divertidos! Xogamos ás carreiras de sacos, á mariola, ás chapas... que diversión!

       

 

 

     

Pero esta festa non podía rematar sen a tradicional degustación das castañas asadas...que boas estaban!

 

     

 

Powered by Drupal - Design by artinet