Cartel das escolas municipais de deportes e cultura do Concello de Arzúa para o curso 2024-2025
Cartel das escolas municipais de deportes e cultura do Concello de Arzúa para o curso 2024-2025
O pasado venres, 21 de xuño celebramos o ansiado Festival de Fin de Curso e Acto de despedida ao alumnado de 6º EP.
Foi unha xornada de moitos nervios,alegría e sobre todo emoción...
Pasámolo xenial!
Desfrutade moito do verán, e sempre acompañados e acompañadas dunha boa lectura!
Moitas grazas por axudar tanto na biblioteca escolar este curso 2023/24. Sorte na vosa nova etapa e que teñades un maravilloso verán!
EMPRÉGASE A RENDA DO 2023, do seguinte xeito:
casiña 435+casiña 460-casiña 595=X
Descargar o ANEXO II no ADXUNTO
A autodeclaración recollerase no seguinte período: do 3 ao 12 de xullo
Este curso 2023-2024 está chegando ao seu fin.
Un ano máis, a ANPA XERMOLOS convidounos a pasar unha xornada con inchables e moita diversión!
Durante toda a mañá, por turnos, todos os nenos e nenas do colexio desfrutaron desta actividade e pasárono xenial!
Xa non queda nada para rematar este curso escolar, e non hai nada mellor que rematar estas semanas cun pequeno taller de iniciación ao debuxo dixital.
Para iso, agora que xa temos actualizada a nosa tablet da biblioteca cun lápiz dixital, o alumnado de 5º de Primaria comezou o deseño dun mazo de cartas para xogar ao Dixit, un dos xogos populares da biblioteca.
Primeiro crearon o seu propio deseño en papel, para despois importalo no programa de debuxo dixital e traballar co perfilador, as texturas, as cores... É un traballo que leva o seu tempo! E por iso agora o importante é inicialos neste tipo de aplicacións de deseño, para traballair máis a fondo o próximo curso e que o mesmo alumnado que aprendeu neste taller poida ensinar aos seus compañeiros e compañeiras doutros ciclos.
E así de preciosas e orixinais están a quedar as primeiras cartas creadas dixitalmente:
Prezadas familias:
Este curso 2023 - 2024 está a piques de rematar.
Querémosvos convidar ao noso FESTIVAL DE FIN DE CURSO e ACTO DE DESPEDIDA AO ALUMNANDO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA que terá lugar o venres, 21 de xuño ás 12:00 horas.
Agardámosvos!
Este curso escolar, utilizando como inspiración o eixe de "Unha ventá aberta ao mundo", na aula de Música e facendo uso da Biblioteca escolar, os alumnos e alumnas de 4º e 5º EP traballamos ao longo do curso co lema "We are the others" ( Todos somos "os outros") para concienciar aos nenos e nenas do importante que é coñecer e apreciar a diversidade cultural do mundo. As manifestacións artísticas, como a música e o baile, amosan o carácter e esencia dun pobo, contan a través de movementos, cancións e instrumentos a súa historia, costumes e cultura.
Tamén colaboramos cunha ONG para compartir un vídeo falando da nosa tradición oral cunha escola en Tumaco, Colombia, e que os nenos comprendan o diferente que pode ser a ensinanza noutros países.
Podedes ver a publicación completa no blogue de Unha ventá aberta ao mundo:
https://unhaventaabertaaomundo.blogspot.com/2024/06/we-are-others-as-culturas-do-mundo.html
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |