DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 24 de febreiro Rosalía de Castro está de aniversario, por iso é unha data para festexar.  Destacamos a figura desta escritora galega como gran defensora do papel da muller na sociedade.

O alumnado de 4º B foi o encargado de elaborar o panel da entrada. Noraboa rapaces e rapazas!

                                          

 

Para festexar este día, no centro realizáronse diversas actividades baixo o lema ABRIDE A FIESTRA!

“Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento. Ante as fiestras pechadas contra a vida, contra as voces das mulleres, das desprazadas e das nosas outras cómprenos unha palabra firme e abranguente que nos guíe... Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro”. María Reimóndez.

 

Cada clase preparou e leu un poema desta escritora galega. Poemas onde a protagonista é sempre, dunha ou doutra maneira, a muller: Cando penso que te fuches, Daquelas que cantan, Marcháchete un día, Tecín soia a miña tea, San Antonio Bendito...

    

   

        

    

 

Para finalizar esta pequena homenaxe a Rosalía, cantamos un dos seus poema musicados "Negra Sombra".

  

 

CENSO ELECTORAL

O censo electoral de pais/nais, titores/titoras legais está exposto no taboleiro de anuncios do centro dende o venres 16 de febreiro.

ENTROIDO 2018

ENTROIDO 2018

 Chegou o Entroido!

Os nenos e nenas de 4º A fixeron este mural adiacado ao noso Entroido, que leva por título: Entroido Máxico Galego! Noraboa!

 

 

Este ano chegou o CIRCO ao CEIP de Arzúa! Un circo cheo de personaxes, maxia, diversión e unhas fantásticas actuacións! Adiante co espectáculo!

 

Os nenos e nenas de Educación Infantil aínda que son os máis pequenos e pequenas son os máis fortes! Xeniais estes forzudos e forzudas!

  

 

 

Todo circo está cheo de momentos graciosos que nos fan pasar os pallasos e pallasas. Aquí vos presentamos aos nosos: os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria.

  

 

Cando estamos a ver un espectáculo tan xenial coma este circo tamén nos gusta entreternos saboreando unhas deliciosas Palomitas. Iso é o que pretenderon os rapaces e rapazas de 3º de Primaria.

 

Tamén nos gusta gozar dos animais, recordando que sempre se deben tratar con cariño e moito coidado. Para iso, presentámosvos aos nosos leóns e leoas representados polos nenos e nenas de 4º A e 4º B.

 

   

Que sería dun circo sen maxia? Aquí están os magos e magas de 5º A .

 

Os arlequíns sempre nos reciben e entreteñen en todo espectáculo. Iso conseguiron os nenos e nenas de 5º B.

 

 

Os nenos e nenas de 6º A e 6º B fixéronnos gozar co seu espectáculo chamado "O Circo en Igualdade".

 

Noraboa a todos e todas!!

 

DIVULGACIÓN DONAS DE SÍ

XORNADA DE PORTAS ABERTAS NO CEIP

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

O 30 de xaneiro celébrase o Día Mundial da Paz e da Non Violencia (por ser o día do falecemento de Mahatma Gandhi, importante pacifista).

Os alumnos de 5º A elaboraron este mural en conmemoración desta data tan sinalada. Noraboa!

 

 

Cada nivel traballou a temática na súa aula, pero todos fixemos un montón de grúas, un dos símbolos da Paz.

Con isto, traballamos a Lenda das 1000 grúas de papel de Sadako Sasaki:

 

Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima. Dez anos máis tarde, como consecuencia da irradiación diagnosticóuselle leucemia. Cando estaba no hospital, unha amiga faloulle da historia das 1000 grúas de papel: se desexas algo con moita forza e constrúes 1000 grúas de papel, os deuses concedernache un desexo. Iso intentou Sadako, pero faleceu antes de conseguilo. Simbolicamente, os seus amigos e amigas continuaron a súa misión coa esperanza de que se evitaran as guerras e se conseguise a paz no mundo.

 

Ademais, no salón de actos realizamos diversas actividades:

  • Visionado dunha curtometraxe explicando a historia de Sadako Sasaki e a Lenda das 1000 grúas de papel.

  • Lectura do noso Manifesto pola Paz tomando como referencia a Igualdade. Cada nivel leu o seu ademais e aportar as súas grúas de papel.

  • Cantamos todos xuntos a canción "Eu teño a alguén".

  

 

 

MANIFESTO POLA PAZ:

 

  • Paz e igualdade para un mundo de felicidade.

  • A paz é portarse ben e ser todos amigos e amigas.

  • Paz é pedir perdón cando lastimamos a alguén.

  • A educación é a base para a paz e a igualdade.

  • Loitemos para que a igualdade legal se aplique á vida real.

  • As mulleres non son diferentes aos homes por natureza, senón pola educación recibida. Mary Shelly.

  • A sociedade machista non cambia se non cambiamos as persoas primeiro.

  • Non temas á igualdade.

  • Por un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres.

  • Este ano 2018 queremos un mundo cheo de paz e de igualdade. Pedimos un salario digno para todos e todas as traballadoras e equitativo entre homes e mulleres. Todo traballo debe ser remunerado igualmente sen diferenzas de sexo.

  • O xénero está entre as orellas e non entre as pernas. Igualdade de dereitos para todos e todas, privilexios especiais para ninguén.

  • Preocupadas e preocupados pola violencia en distintas partes do mundo, pola lacra da violencia de xénero na nosa sociedade, o acoso escolar, a intolerancia cara as persoas doutras culturas, e existencia do terrorismo e a guerra, invitámosvos a implicarvos no traballo pola paz, que implica:

    *O respecto á vida, o fin da violencia e a práctica da non violencia por medio do diálogo e a cooperación.

    *O respecto á igualdade de dereitos e oportunidades de mulleres e homes e o fin da máxima expresión desta desigualdade, a violencia machista.

    *O dereito de todas as persoas á liberdade de expresión e de opinión.

 

3º, 4º e 6º A VISITAN O MUNCYT

AGASALLA CON IGUALDADE

 
 
A CONTINUACIÓN EXPOÑEMOS UN DECÁLOGO DE SUXERENCIAS DE COMO AGASALLAR NESTAS DATAS, POÑENDO DE MANIFESTO UN CONCEPTO TAN IMPORTANTE COMO A IGUALDADE 
 
 
 
 

 

PREMIOS AECA

Os gañadores do premio convocado por AECA xa foron a recoller os seus agasallos na Festa de Papá Noel no Multiusos.

Noraboa rapaz e rapazas!!!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet