Skip to Content

O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause

Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro (DOG do 27 de xaneiro de 2015)

Artigo 35.1

O alumnado está obrigado a reparar os danos que cause, individual ou colectivamente, de forma intencionada ou por neglixencia, ás instalacións e materiais dos centros, incluídos os equipamentos informáticos e o software, e aos bens doutros membros da comunidade educativa, ou a facerse cargo do custo económico da súa reparación. Así mesmo, está obrigado a restituír o subtraído ou, se non fose posible, a indemnizar o seu valor. As nais e pais ou as titoras ou titores legais serán responsables civís nos termos previstos pola lexislación vixente

 Artigo Relacionado:      Instrucións para a utilización dos Ordenadores Edixgal - Manual de cobertura (seguro)

 



page | by Dr. Radut