Skip to Content

DENEP (Día Escolar da Non violencia E a Paz)

O DENEP (Día Escolar da Non-violencia E a Paz) ​  é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino  Llorenç Vidal como punto de  partída e de apoio para unha educación non-violenta e  pacificadora de carácter permanente; practícase o 30 de xaneiro de cada ano, no aniversario da morte do  Mahatma  Gandhi. Nos países nos que o 30 de xaneiro coincide con período de vacacións pódese  practícar o 30 de marzo ou algún dos días próximos.
Cando en 1998 a ONU proclamou o Decenio Internacional para unha Cultura da Paz (2001-2010) o  DENEP levaba xa 36 anos practicándose en centros educativos dos distintos niveis de todo o mundo.

HIMNO DENEP :   Irmáns das estrelas, letra de  Llorenç Vidal e música de Andreu  Bennàssar. Existen, entre outros idiomas, unha versión catalá-balear do mesmo autor, unha en eúscaro realizada por Martín  Goenaga  Irastorza, unha en  interlingua feita por  Waldson Pinheiro e unha en galaico-portugués.

O "Día Escolar da Non-violencia e a Paz" , que é difundido internacionalmente, é unha actividade pedagóxica que pode ser aplicada por centros educativos dos distintos niveis, profesores e estudantes de todas as crenzas e ideoloxías que respecten os dereitos humanos.   En valenciano-catalán dise:  DENIP (Dia Escolar de la No-violència I la Pau). En castelán DENYP (Día Escolar de la No-violencia Y la Paz). En galego: DENEP.

- Proba a facer esta actividade para coñecer ben o DENEP  -   Artigo relacionado



page | by Dr. Radut