Skip to Content

1997/98 - Se eu fose ...

         Eu quixera ser moitas cousas pero ...
         Se eu fose o vento:
         Levaría o trigo de onde teñen moita comida a onde non a teñen;
a choiva e as nubes ós sitios con seca.
         Ó pasar por unha guerra sopraría e sopraría  para que as balas non chegasen a ferir a ninguén.
         Ó chegar a un mar soplaría a modiño para que tódolos barcos chegasen ben ó seu destino.
         Despois de todo isto dedicaríarne a facer trasnadas.  Quitaríalle-las perrucas ós calvos, as parnelas ás donas que van ás vodas. Meteríame nas festas e levaría voando tódolos globos.
         Á fin, para descansar, deitaríame no papaventos dun neno e,
garnbearíame entre as nubes.
         Se eu fose o vento, sempre que soprase asubiaría unha canción.

Aida López, 5º

Revista Nº 16



page | by Dr. Radut