Skip to Content

Muíño de Cabanas

O noso centro colaborou e colabora  con Vaipolorío  na divulgación do patrimonio e do respecto do río Gafos. Unha das actividades foi a de participar nun documental que fixo esta Asociación de Pontevedra.  Imos ir poñendo fotos na Galería desta Web das diferentes saídas e xuntamos aquí o documental sobre o único muíño que está preparado para funcionar e poder ensinar ao público. O alumnado de Campolongo aparece dende o minuto 07:45 até o minuto 10:00  máis ou menos.

  Comentar que grazas ao río creouse un blog específico chamado "Entre Herbas do Ghafos" para recoller toda a información e mostrárllela ao público en xeral e ao noso alumnado en particular. Nela temos o PDF do Sendeiro do Río Gafos, un  díptico para o alumnado, planos e nomes do rio, traballos sobre o río que se levaron a algún congreso ... Unha das actividades máis curiosas é a do xogo Avifauna do río Gafos, que foi solicitado para incluir no repertorio de recursos de Política Lingüística. Tamén hai unha Unidade didáctica que se fixo durante o 30 Aniversario do colexio.

AnexoTamaño
Díptico-Gafos-Sexto-4.pdf1.13 MB
Muinho-Cabanas.pdf5.14 MB
Planos-e-nomes-do-rio.pdf1.68 MB
Sendeiro Gafos.pdf2.21 MB


page | by Dr. Radut