Skip to Content

Seis científicas referentes desvelan os ‘Desafíos do Océano’ nunha miniserie documental do Campus do Mar

  Seis investigadoras referentes en distintos ámbitos do medio mariño dan a coñecer as súas visións e traballos na miniserie documental Desafíos do Océano: científicas ao mando. Especies invasoras, plásticos mariños, erosión costeira, acidificación oceánica, eventos extremos e sostibilidade son os retos que abordan en cada un dos capítulos, de 15 minutos de duración, que xa están dispoñibles na rede.



page | by Dr. Radut