Skip to Content

2010/11 Cros de Vilaverde-Mourente

Algúns dos participantes do CEIP Campolongo no XVII CROSS ESCOLAR organizado polo CEIP Vilaverde-Mourente
A carreira organizouse o sábado día 18 de xuño do 2011 , na contorna do colexio organizador. Comezou a xeira ás 10 da mañá.
Houbo probas para os nenos e nenas de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos) e tamén para as categorías pre-benxamín (1º e 2º), benxamín (3º e 4º) e alevín ( 5º e 6º). Na categoría benxamín gañou o alumno,do noso cole, de 4ºA Luís Guillermo Bouzas Azcueta. No posto 5º e 7º quedaron Santiago Brea González e Alexandre Aboal Sancristán. O trofeo da foto é o agasallo que nos deron por participar na carreira. Noraboa a todos os participantes e especial o noso gran campión. Xa é o segundo ano que gaña esta carreira. Na foto xunto co mestre de E. Física Nito, tamén aparece Sabela, irmá de Xandre e Sergio Méndez.



page | by Dr. Radut