Skip to Content

Historia do Campo de fútbol de Campolongo

- O campo non chegou a un ano de vida porque o solar vendeuse ao Concello para instalar o cuartel de Artillería.

- Segismundo Blanco Cuesta, pai do afamado periodista Manuel Blanco Tobío, contou con autoridade que o primeiro campo de fútbol merecedor de tal nome foi o de Campolongo. Logo chegaron o do Progreso (o do Eiriña) e despois o de Pasarón. Despois da Guerra Civil naceu outro campo en Campolongo coa OJE, localizado nun lugar distinto da finca dos marqueses de Leis. Comentaba Sagismundo  que,  aínda que foi en  `La Junquera´  onde comezou a xogarse este deporte, non podia considerarse un campo decente, pois semellaba un `patatal´ sen valos  e pouco máis.

A inuguración do primero campo que houbo en Campolongo foi o 3 de febreiro de 1918. Nesta data o Real Vigo Sporting, campión galego aquela temporada, accedeu a xogar en Campolongo contra o Pontevedra Sporting Club. O Real Vigo Sporting goleo ao Pontevedra 0-6. Os vigueses aloxáronse no Hotel Mendez Núñez, na Praza de San Xosé. As entradas despacháronse no café Royalti, decorado por Castelao e inagurado un ano antes.

A duración deste campo foi efímera, menos dun ano. Cruzouse polo medio a necesidade de intalar un cuartel para o 15º Reximento de Artillería.  Despois de asinarse o acordo entre O Concello, o marqués de Leis, como propietario, e o Pontevedra Sporting Club, para tal fin, chegou un mes e medio máis tarde o acordo de utilizar arrendado o novo campo de fútbol situado entre o Burgo e Lérez, propiedade do segundo equipo da cidade, o Deportivo Fútbol Club. A venta deste terreno ao Concello, chegaría case medio século máis tarde, estando como alcalde Filgueira Valverde. O primeio nome deste lugar foi o de La Granja del Burgo, máis tarde chamaríase el campo de Lérez ou o campo do Deportivo.

A información foi sacada do libro `Aromas de Pontevedra´, de Rafael L. Torre.

Máis curiosidades de Campolongo na Eiqueta Historia



page | by Dr. Radut