Gallego

Experiencias educativas con TIC. Participa!

Summary: 

Traballas con tecnoloxía na aula? Cóntanos o que facedes ti e o teu alumnado!
Gallego


Traballas con tecnoloxía na aula? Cóntanos o que facedes ti e o teu alumnado! Poderás compartir a túa experiencia co resto do profesorado e participar no próximo “EscolaTIC 2015". O único que tes que facer é cubrir o seguinte formulario para facernos chegar a túa proposta:

https://docs.google.com/forms/d/1xvNP3EOPw9iQwu1DXotgwLUU7QFEFDg1yRQ0e8u...

Anímate ou anima a outros/as compañeiros/as do teu centro!

Achega de experiencias TIC

Foro Internacional dos Contidos Dixitais

Summary: 

Acada a súa sexta edición co obxectivo de responder ás inquedanzas do sector dos contidos dixitais en España
Gallego

Desde Red.es estase organizando a sexta edición do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), que terá lugar do 2 ao 4 de decembro no Palacio de Congresos de Madrid. Reunirá baixo un mesmo teito aos principais actores das diferentes áreas que o compoñen: audiovisual, música, videoxogo, publicidade e márketing dixital, comercio electrónico, aplicacións, redes sociais, e-learning, publicacións e servizos e produtos tecnolóxicos para contidos dixitais. Neste sentido, resulta especialmente interesante para os alumnos de Educación Primaria e Educación Secundaria o Eixo Talento. Podedes consultar o programa interactivo nesta ligazón: PROGRAMA.  O evento poderase seguir por streaming na páxina web oficial.

ficod
ficod

F1402004 - Xornadas de robótica para secundaria

Summary: 

Os días 28 e 29 de novembro vanse desenvolver as I Xornadas de robótica para secundaria no CFR de Ferrol. O IES As Telleiras de Narón acollerá estas xornadas nas que a robótica con LEGO e ARDUINO terán o papel principal.
Gallego

Data de comezo: 28 de novembro de 2014

Data de finalización: 29 de novembro de 2014

Lugar de celebración: Salón de actos do IES As Telleiras de Narón

Número de horas totais: 12 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61242

Enlace Aula Virtual: www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/category.php?id=308

Xornadas de robótica
Robótica para secundaria

Preto de 100 docentes participan nas xornadas de formación do profesorado organizadas por Cultura e Educación en Lobios e dirixidas a facilitar a implantación da LOMCE

O director xeral de Educación participou esta mañá no encontro, que afondou en temáticas como a do ensino competencial

Gallego
O director xeral de Educación participou esta mañá no encontro
O director xeral de Educación participou esta mañá no encontro

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, Manuel Corredoira López, participou esta mañá nas xornadas de formación do profesorado organizadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lobios, un encontro enmarcado no Plan de Formación do Profesorado do curso 2014/2015 que contou coa participación de preto de 100 docentes.

Un dos obxectivos desta actividade é o de facilitar a implantación dos novos currículos de educación Primaria e de FP Básica adaptados á Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), a través dun diferentes relatorios nos que se afondou no cambio que se está a producir cara a un modelo formativo baseado nas competencias clave. Para iso, participaron no encontro asesores técnicos docentes de Valencia e Castela e León, así como persoal do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) e do Centro de Formación e Recursos de Ferrol. Así mesmo, presentáronse algunhas experiencias de centro, en concreto do CEIP O Carballal e o CPI de Atios.

Nestas xornadas proporcionouse ademais formación aos asesores de FP arredor de temáticas tan relevantes como a formación para desempregados e a acreditación das competencias obtidas pola experiencia laboral, as novas ensinanzas de FP Básica, o deseño de plans desde unha perspectiva de competencias profesionais, así como se ofreceu un afondamento na FP a distancia e FP Dual.

Plan base e actividades engadidas

As xornadas enmárcanse no Plan de Formación Continúa do Profesorado, unha estratexia que está a medrar de xeito cualitativo e cuantitativo. De feito, o plan base - que se vai engrosando ao longo de todo o curso- para o 14/15 incrementou nun 12,3% o número de prazas respecto das curso anterior. Así, a estrutura básica do Plan do presente curso está conformada por 19.275 prazas, 359 actividades e 11.500 horas de formación.

Ademais, a Consellería deseñou actividades específicas un plan específico de formación do profesorado para a implantación do currículo de educación primaria adaptado á LOMCE co fin n as accións deste plan específico as accións formativas xa programas dentro do Plan Anual de Formación, en concreto 13 cursos e xornadas para preto de 1.000 docentes. Estes cursos sumáronse ás accións realizadas nos últimos meses arredor da nova Lei,  tales como a presentación do proxecto de currículo ante máis de 600 docentes o 24 de maio de nos II Encontros de Educación Infantil e Primaria, nunha mesa redonda aberta a debate na que participaron as persoas redactoras; ou as 10 xornadas formativas desenvolvidas en xuño, noutras tantas localidades, dirixidas a todos os centros de educación primaria nas que se convocaron as persoas directoras, as xefas e xefes de estudo e as persoas orientadoras.

Tema: 

Colectivo: 

Sección: 

Invitación á Semana da Ciencia 2014

Summary: 

A ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato
Gallego

Co obxectivo de involucrar ao alumnado preuniversitario coa Ciencia e a Tecnoloxía a través de actividades de divulgación e difusión, a Escola de Enxeñaría da Universidade de Vigo organiza unha nova edición da Semana da Ciencia.

Ao igual que nos anos últimos sete anos a ETS de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo do 17 ao 21 de novembro do 2014 fará visitas guiadas gratuítas de dúas horas dirixidas a alumnado de 4º da ESO e bacharelato. Deste  xeito a escola converterase nun espazo interactivo podendo: visitar os laboratorios de investigación, manipular por exemplo módulos demostrativos de explosivos; participar en traballos de campo, como o levantamento tridimensional dunha parte dun edificio mediante escaneos cun láser 3D; coñecer as posibilidades das enerxías alternativas ou as propiedades dos novos materiais e colaborar na toma de imaxes cunha cámara termográfica.

Ao remate da actividade os/as participantes recibirán agasallos-recordos da mesma e terán unha visión máis realista das actividades profesionais que emanan no Espazo Bolonia do novo Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e do novo Grao en Enxeñaría da Enerxía recentemente implantados na ETS de Enxeñaría de Minas. Con posteridade aos centros interesados enviaráselles un DVD cunha reportaxe fotográfica que inclúe os termogramas e scaneados láser tridimensionais realizados na súa visita.

Para máis información visitar a web da escola:  http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=81,0,0,1,0,0

Para reservar quenda poñerse en contacto co director da escola nos teléfonos ou correo máis abaixo indicados

José Benito Vázquez Dorrío (Director)
Universidade de Vigo E.T.S.E. de Minas
Campus Universitario
E36310 Vigo (SPAIN)
Tf: +34 986 813 490 +34 6473 43275
E-mail: directorminas@uvigo.es
http://webs.uvigo.es/etseminas/
http://www.laser.uvigo.es/
http://www.clickonphysics.es/cms/
 

 

 

semanaciencia2014

Nivel avanzado en tecnoloxías da información e da comunicación

Summary: 

Quinto e último nivel do itinerario de competencia dixital do profesorado
Gallego

Referencia: G1401047
Temporalización:  2º trimestre, Curso académico 2014/2015
Data límite de inscrición: 12/12/2014
Lugar: En rede
Prazas:  50
Duración: 100 horas
Terán prioridade os que teñan superado o nivel anterior (nivel medio) ou realizado o cuestionario de autoavaliación de competencia en TIC

Obxectivos:

1.Adquirir unha competencia de nivel avanzado no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na aprendizaxe colaborativa.

2.Xestionar a nivel avanzado os contornos e espazos de aprendizaxe implementando experiencias e creando ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas tecnoloxías da información e da comunicación, avaliando o seu impacto e propoñendo novas modal

3.Aplicar a nivel avanzado as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes e para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Contidos:

1.Coñecemento e utilización dos elementos dunha aula equipada con tecnoloxías da información e da comunicación. Xestión e administración avanzada da rede e do sistema operativo. Realización de tarefas de mantemento básico.

2.Desenvolvemento de aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor. Interacción con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.

3.Produción de mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.

4.Coñecemento e utilización de diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das tecnoloxías da información e da comunicación no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos.

5.Aplicación de procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das tecnoloxías da información e da comunicación nos procesos de ensino-aprendizaxe.

6.Mellora da xestión escolar utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación. Emprego a nivel avanzado de programas e plataformas de xestión.

7.Dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.

Asesor de contacto: Xosé Antón Vicente Rodríguez  (antonvicente@edu.xunta.es)

Nivel avanzado en competencia TIC
Nivel avanzado en competencia TIC

Cinedfest 2014

Summary: 

Festival formativo, que combina a formación audiovisual cun certame de curtametraxes.
Gallego

Cinedfest é un festival formativo, que combina a formación audiovisual cun certame de curtametraxes. Para obter máis información e facer a inscrición preme na imaxe:

cinedfest

Novo MOOC do Intef

Summary: 

As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula
Gallego

O INTEF ofrece un novo MOOC, "As preguntas de PISA e TIMSS: unha práctica para a aula". Para acceder a toda a información e facer a inscrición preme na imaxe:

 

 

Novo MOOC do INTEF

Impacto Erasmus. Estudo da UE

Summary: 

Impacto Erasmus. Estudo da UE
Gallego
A Comisión Europea encargou un estudo do impacto que o programa de intercambio de estudantes máis famoso da UE, Erasmus, tivo nos xoves europeos. O resultado confirma que mellora a capacidade de inserción e a mobilidade dos profesionais.
Xúntase arquivo cun resumo dos resultados
 
impacto Erasmus

Conferencia final do Proxecto “ICT Go-Girls" 15 de outubro de 2014

Summary: 

Conferencia final do Proxecto “ICT Go-Girls" 15 de outubro de 2014
Gallego
O proxecto ICT-Go-Girls! "Promoción do emprendemento das rapazas de secundaria a través das TIC" (www.ictgogirls.eu) celebra o próximo mércores día 15 de outubro a súa conferencia final en Amberes, na que será posible participar en directo a través de web. A lingua da conferencia será en inglés para facilitar a súa difusión por toda Europa.
 
Nesta conferencia participarán destacadas mulleres do ámbito do emprendemento e as TIC a nivel europeo, presentaranse tamén os resultados e experiencia do proxecto europeo, no que participan o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Universidade de Santiago de Compostela, así como a Consellería de Cultura, Educación e O.U e diversos centros educativos de Galicia como CPI O Cruce de Cerceda e o IES Rosalía de Castro de Santiago, entre outros. Presentarase tamén o manual práctico para centros educativos, dispoñible en 5 idiomas, entre outros en español.
 
O evento terá dúas partes: na primeira, dende ás 9:00 ata ás 11:35, será posible participar de forma interactiva dende calquera PC con conexión a Internet mínima de 1Mb, e un navegador actualizado. Poderanse enviar preguntas e comentarios en directo aos/ás relatores/as mediante a web da Conferencia final.
Os participantes no evento recibirán o manual práctico para os centros educativos en formato papel + recursos en CD. Pódense inscribir nesta web para participar en todo ou parte do evento, a título individual ou como centro: http://ictgogirls.eu/?q=es/node/124
 
A axenda da parte retransmitida do evento será a seguinte:
 
Mércores 15 de outubro:
• 9.00 - Welcome and opening of the conference. (General Director of CVO Antwerpen)
• 09.15 –9:45 Girls, Entrepreneurship and ICT. Personal perspective (Saskia Van Uffelen, CEO of Bull Belox and ICT Woman of the Year in Belgium 2011).
• 09.45 –10:15 Woman 4 Woman initiative. Girls, leadership and ICT (Lindsey Nefesh Clarke, founder and Manager of Woman 4 Woman initiative).
• 10.15 -10:40 ICT-Go-Girls project and its products (Maria R Malmierca, CESGA, ICT-Go-Girls! Project coordinator)
• 10.40 -11:00 Why do women not opt for being leaders in ICT? (Lil Reif, Researcher. Danube University, Austria)
• Break
• 11.15 – 11:35 ICT-Go-Girls experience taken to schools. Aheadteacher's view. (Milagros Trigo, K-12 school headteacher, CPI O Cruce, Spain).
 
 
Calquera dúbida ou consulta sobre este evento, escríbanos ao cesga: Cecilia (e-learning@cesga.es)
GOICTGIRLS