Gallego

Xornadas sobre propiedade intelectual para profesores de educación primaria

Summary: 

Estas xornadas pretenden trasladar ao profesorado de educación primaria unha visión rigorosa de todo o que envolve o feito creativo. Teóricos, académicos, profesionais e creadores cunha longa traxectoria presentarán as súas experiencias, coñecementos e reflexións compartíndoas co profesorado participante.
Gallego

A cultura e as artes supoñen un sector clave para o desenvolvemento das sociedades. Por unha banda, xeran identidade e catalizan conflitos presentes na sociedade, resolvéndoos dende a tolerancia, a pluralidade de discursos e facilitando a cohesión social. Por outra, a complexa dinámica deste sector -en parte orientado ao mercado e en parte sustentado polas políticas públicas- non é obstáculo para que se presente como un dos máis activos no que se refire á creación de riqueza e emprego en termos macroeconómicos. O desenvolvemento das tecnoloxías da información e a comunicación supuxo un cambio de paradigma ao que o sector debe adaptarse. É neste contexto no que os conceptos de cultura, propiedade intelectual e dereitos de autor resultan clave.
O obxectivo destas Xornadas é trasladar aos profesores de educación primaria unha visión rigorosa de todo o que envolve o feito creativo. Teóricos, académicos, profesionais e creadores cunha longa traxectoria presentarán as súas experiencias, coñecementos e reflexións compartíndoas cos profesores participantes.
Confiamos en que, froito dos debates que nestas Xornadas se establezan, os profesores e profesoras vexan enriquecidos os seus coñecementos e poidan así desenvolver unha serie de ferramentas pedagóxicas que tamén enriquecerán a formación que transmiten ao seu alumnado.

Código da actividade: X1402072

Lugar de celebración: Local da SGAE - r/ Galeras (Santiago de Compostela)

Ver programa da actividade

Sede SGAE
Sede SGAE

G1402016 Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía

Summary: 

O vindeiro sábado 30 de maio terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) a xornada de Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía
Gallego

O sábado 30 de maio na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) desenvolverase dentro do Plan de Formación do Profesorado 2014/2015, a xornada “Boas prácticas no ensino das ciencias, matemáticas e tecnoloxía” dirixida ao todo o profesorado de Educación Primaria e Educación Secundaria no ámbito das ciencias.

Referencia: G1402016

Temporalización: 30 de maio

Data límite de inscrición: 20 de maio  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

Lugar:  EGAP, (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela)

Prazas: 300    Duración: 8 horas

Obxectivos :

1.       Difundir os traballos, experiencias e boas prácticas desenvolvidas por grupos de profesores e profesoras.

2.       Proporcionar un punto de encontro e debate sobre o ensino das ciencias.

3.       Presentar materiais, aplicacións ou metodoloxías de interese para o ensino das ciencias.

Máis información na aula virtual do CAFI:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=591

 

xornada ciencias 2015

Páxina web do MECD para a avaliación de 6º de Primaria

Summary: 

Están accesibles na web http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_sexto_Primaria.html
Gallego

Páxina web do MECD para a avaliación de 6º de Primaria , prevista para implantarse a partir de maio do próximo curso  2015-2016, que pode considerarse a modo de referencia para o tipo de avaliación que realizará este alumnado a partir do próximo curso.
Están accesibles na web http://www.mecd.gob.es/inee/Evaluacion_sexto_Primaria.html , onde ademais de referencias ás probas de competencia de comunicación lingüística, matemática e ciencia e tecnoloxía, poderá atopar o marco teórico e outros materiais de interés.

MECD

III Encontros de Educación Infantil e educación primaria

Summary: 

9 de maio / Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela / Sábado: 9:30h - 20:00h
Gallego

Dada de celebración: 9 de maio

Lugar de celebración: Auditorio Novagalicia Banco / Santiago de Compostela

Horario: Sábado: 9:30h -  20:00h

Ligazón Aula Virtual:http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=583

 

A celebración dos III Encontros de Educación Infantil e educación primaria, xustifícase pola necesidade de crear un espazo onde compartir experiencias innovadoras e  facer visible boas prácticas de aula. Para  a elaboración do programa tivéronse en conta as orientacións da Unión Europea en materia educativa, e recollidas na LOMCE que apostan por metodoloxías activas e contextualizadas que se axusten ao nivel competencial do alumnado e que favorezan a motivación por aprender.

Obxectivos:

-Analizar a situación do ensino en educación infantil e educación primaria na actualidade

-Coñecer materiais, recursos e estratexias metodolóxicas

-Propiciar o intercambio de experiencias de boas prácticas entre o profesorado

 

encontros_infantil
programa para la web

G1402008 V Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamentos de Orientación

Summary: 

O vindeiro 14 de maio celebraranse as V Xornadas de formación dos xefes e xefas dos Departamento de Orientación, no Auditorio Abanca en Santiago de Compostela.
Gallego

 V XORNADAS DE FORMACIÓN DOS XEFES E XEFAS DOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN

Referencia: G1402008
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  14 de maio
Data límite de inscrición: 29/04/2015  https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Lugar: Santiago de Compostela. Auditorio ABanca ; r/ Preguntoiro, 23  Santiago de Compostela
Prazas:  360   Duración: 8 h presenciais

Criterios de selección: Será criterio preferente exercer a xefatura do departamento de orientación. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos:

Afondar na interpretación e unificación de criterios de actuación derivados das funcións xerais establecidas para os departamentos de orientación.

Definir accións concretas e estratexias de intervención do departamento de orientación para as funcións encomendadas.

Favorecer a actualización, o intercambio de experiencias e a formación de grupos de traballo.

Aula virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cafi/aulavirtual/course/view.php?id=576

orientacion

Novo MOOC do INTEF sobre competencia dixital

Summary: 

Ensinar e avaliar a competencia dixital
Gallego

O INTEF anuncia a convocatoria dun novo curso masivo aberto en Rede (MOOC) sobre como "Ensinar e avaliar a competencia dixital", destinado a docentes de niveis non universitarios. Este curso ofrece unha oportunidade de reflexión colectiva e formación sobre como integrar o ensino da competencia dixital na aula. Para máis información consultade a seguinte páxina: ENSINAR E AVALIAR A COMPETENCIA DIXITAL

MOOC competencia dixital

F1401015 Desenvolvemento da competencia dixital a través da resolución de tarefas

Summary: 

Dende o día 22 de Abril vaise desenvolver no CFR de Ferrol o curso sobre a competencia dixital a través da resolución de tarefas, un enfoque de como mediante as competencias clave podemos achegar aos docentes e ao alumnado a competencia dixital.
Gallego

Resolución de tarefas mediante a competencia dixital.

Dende o 22 de abril ao 27 de maio no CFR de Ferrol.

Os relatores, expertos docentes que abordan o traballo por competencias nos seus centros para os estudantes de primaria e secundaria, amosarán como utilizando as TIC, podemos chegar a resolver tarefas mediante a competencia dixital.

 

Tarefas por competencia dixital
Resolución de tarefas mediante a competencia dixital

F1401015 Desenvolvemento da competencia dixital a través da resolución de tarefas

Gallego

Data de comenzo: 22 de abril de 2015

Data de finalización: 27 de maio de 2015

Lugar de celebración: CFR de Ferrol

Número de horas totais: 21 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=61237

Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=554

Data: 

22/04/2015 - 27/05/2015

Sección: 

Xornadas escolaTic 2015

Summary: 

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
Gallego

Os vindeiros días 17 e 18 de abril terá lugar no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de escolaTIC: conferencias, experiencias, obradoiros... dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade.
Contaremos con figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, así como experiencias de integración da tecnoloxía en centros da nosa comunidade.


Ampliado prazo de inscrición ata o 9 de abril. 

Inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe .

Código da actividade: G1402009.

Podedes facer clic aquí para ampliar a información sobre o evento.
Ademais, se levades a cabo na aula algunha experiencia educativa innovadora que implique o uso das TIC ou un enfoque metodolóxico distinto e queredes compartilo con todos/as os/as participantes das xornadas, podedes cubrir a ficha modelo que atoparás na sección "Novas" da páxina web do evento. Levádea ás Xornadas e poderedes colgala e compartila no espazo que habilitaremos a tal efecto. Animádevos!

escolaTic 2015